Skip to Content

Histórico

BENVIDOS AO CURSO 21/22

 

O equipo de deporte escolar quere dar a benvida a tod@s ao curso deportivo 21/22. Esperamos que sexa un curso cheo de actividade física saudable, alimentación sa e mente feliz, con moitas sorpresas...

Por outra banda, queremos enviarlle un biquiño de despedida ás profes Raquel e Noelia, ás que imos botar moito de menos no noso equipo, pero sabemos que van seguir traballando moito en outros equipos do colexio. Os profes Xosé, a profe Puri, a profe R.Bea, a profe Lore, a profe Patri e a Profe Bea esperamos que sexa un curso de moitas actividades deportivas.

Desexamos que este curso siga a ser para toda a nosa Comunidade Educativa un ano cheo de " Promocións de hábitos de vida saudables, felices e sostibles".

 

Curso de Monitor de Fútbol Base en Tui

Curso de Monitor de Fútbol Base en Tui


Tui acollerá a partir do día 3 de Mayo, ata finais de Xuño, un Curso de Monitor de Fútbol Base, organizado pola Federación Galega de Fútbol, en colaboración co Concello de Tui. Levarase a cabo con profesorado especializado, os Martes e Xueves, de 19.30 a 23 horas, ainda que o horario podería variar en función das preferencias do grupo. Poden participar persoas interesadas a partir dos 16 anos de idade.


Inscripción: na páxina da Federación Galega, no apartado de Adestradores, na sección Escola.


O precio do curso: son 150 euros.

 

Curso de Monitor de Fútbol Base en Tui

Curso de Monitor de Fútbol Base en Tui


Tui acollerá a partir do día 3 de Mayo, ata finais de Xuño, un Curso de Monitor de Fútbol Base, organizado pola Federación Galega de Fútbol, en colaboración co Concello de Tui. Levarase a cabo con profesorado especializado, os Martes e Xueves, de 19.30 a 23 horas, ainda que o horario podería variar en función das preferencias do grupo. Poden participar persoas interesadas a partir dos 16 anos de idade.


Inscripción: na páxina da Federación Galega, no apartado de Adestradores, na sección Escola.


O precio do curso: son 150 euros.

 

ATLETISMO

Se queres practicar atletismo en Tui, podes facelo no Club Atletismo Tui-Thermalia.


Aquí máis información


Formulario de Inscripción

A VOLTA 2014

A Volta Ciclista a España 2014 en Tui

O pasado Venres día 12 de Setembro, os/as nenos/as do Ceip Nº2 de Tui disfrutamos da antepenúltima etapa da Edición 2014 da Volta a Ciclista a España. Preparámos pancartas para animar aos nosos ciclistas favoritos e disfrutamos moito ao velos pasar a carón do colexio. Case todos animamos a Alberto Contador, que finalmente se convertiría no gañador de esta edición na Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela o pasado Domingo 14 de Setembro.

Se queredes saber máis sobre a volta: www.lavuelta.com

 

   
       
       
       

Andaina por Malvas. Deporte en familia.

 

Dende o Departamento de Educación Física animámosvos a anotarvos nesta actividade na que podedes facer deporte en familia e  na que ides descubrir un lugar moi bonito.

Para os nenos/as de Primaria é gratis!!!

REMO

Campeonato de España de Remo Olímpico

Lago Banyoles Girona

20-21-22 de Xuño de 2014

     Este fin de semana celebrouse no Lago de Banyoles (Girona) o Campeonato de España de Remo Olímpico, onde o Club Remo Tui, formado por varios antigos alumnos do colexio, acadou uns satisfactorios resultados.

     Un ano máis as nosas chicas do catro scull senior femenino proclamáronse campeonas de España, tripulación formada por Nuria Dominguez, Esmeralda Santos, Mª Cristina Gonzalez e Feli Rodriguez.Pouco despois Esmeralda e Nuria subían o podio quedando subcampeonas de España no doble scull senior femenino.

     En senior masculino, Jesús Gonzalez e Sergio Perez acadaban a segunda posición no dous sin cun tempo de 6:30, sendo superados por menos de 2 segundos por Rem Tortosa, tripulación que quedou en 4º lugar no Campeonato do Mundo en peso absoluto.

     Tamén moi bos resultados fóra do podium, 5º posición para o doble scull senior masculino, tamén 5º posición en skiff xuvenil masculino, e por primeira vez representación dun clube galego no oito con timonel senior femenino, acadando a 4ª posición, resultado moi satisfactorio para toda a tripulación a pesar dos problemas durante a temporada para poder realizalo. En veteranos bronce en catro con Timonel e en oito  e 5ª posición en catro scull veterano masculino.

 

FÚTBOL TYDE

O equipo alevín do Tyde disputou a pasada fin de semana O Torneo de Fútbol de Versmold xunto a equipos alemáns, polacos e serbios

 

O equipo alevín do Tyde F.C. do que forman parte varios alumnos do Ceip Nº2 de Tui, Alejandro Areal, Itzan Nuñez, Nico Alvarez, Gonzalo Alonso e Borja Salvado, viaxaron o pasado xoves á localidade de Versmold, en Alemaña, onde de venres a domingo disputaron o Torneo U11 Champions Cup xunto a equipos alemáns, polacos e serbios. A participación do equipo tudense nesta competición xurdiu  do irmanamento entre Tui e Versmold.

Despois de varios e intensos partidos durante todo o fin de semana, o equipo tudense conseguía un destacado 6º posto. Isto supuxo toda unha experiencia para toda expedición tudense.

Noraboa a toda a expedición e ao clube polo seu bo facer.

http://www.goear.com/listen/778e7d5/programa-70-tyde-escoita-deporte-rmt

 

 

 

MÁIS ACROSSPORT

     

BALONMÁN

Marta Ripplinger de 2ºC

Campeona do Torneo de Verán do Club Balonmán Tui

A alumna Marta Ripplinger de 2º C comparte cos seus compañeiros de clase a súa medalla gañada no Torneo de Verán do Club Balonmán Tui.

Felicidades a todo o equipo!

XIMNASIA

María Rosada de 5ºB

Campiona Galega de Ximnasia

A alumna María Rosada de 5ºB, proclámase Campiona Galega de Ximnasia, co seu equipo de Ximnasia de Porriño. Xunto a ela outra antiga alumna do colexio María Pita, conseguiron xunto a todo o equipo subir ao máis alto do podium.

A pasada fin de semana 31 de Maio e 1 de Xuño, tivo lugar en Ribadeo ( Lugo) o Campionato Galego de Ximnasia, durante duras xornadas de competición, o equipo porriñés conseguiu poñerse por diante e gañar con rotundidade, grazas ao seu bo facer e ao seu gran traballo.

Felicidades a todo o equipo! Noraboa Campionas!.

BALONCESTO

Diego Carballo de 4ºA

Participa nun Torneo Internacional de Baloncesto en Portugal

O alumno Diego Carballo de 4ºA comparte con todos o seus compañeiros de clase a medalla conseguida o fin de semana pasado en Portugal co seu equipo de Baloncesto do Club Baloncesto Tui.

Felicidades a todo o equipo!

 

PIRAGÜÍSMO

Carlos Mansinho de 6ºB

Participa no Campionato de España de Piragüismo

O alumno Carlos Mansinho de 6º B ven de participar o pasado fin de semana 31 de maio e 1 de Xuño, no Campionato de España de Piragüismo que tivo lugar en Gijón, Asturias.

Este alumno, membro do Club Kayak Tudense e membro da Categoría Infantil Masculino, acadou un gran resultando xa que era a primeira vez que participaba nunha proba desta índole.

As nosas felicitacións para Carlos e para toda a expedición.

TUI EN RUTA 14

 

 

 

 

PODEDES DESCARGAR A FICHA DE INSCRICIÓN PREMENDO AQUÍ

Distribuir contido


by Dr. Radut