Skip to Content

Histórico

XOGUETES TRADICIONAIS

Noa de 4ºC Fabrica Un Xoguete Tradicional

 

     A alumna Noa de 4ºC compartiu na última sesión de Educación Física un dos seus xoguetes preferidos, cos seus compañeiros de clase. Xunto ao seu pai e ao seu irmá Yeray fabricou un arco, as súas frechas e o bolso para gardalas. Aquí vos deixamos as fotos de este xoguete como idea para fabricar o voso.

   

DINAMIZACIÓN INTERCENTROS

Dinamización Intercentros

Ceip Plurilingüe y Abalar Nº2 de Tui- Ceip Rebordáns de Tui.

 

     O pasado venres, día 21 de Febreiro, durante a xornada escolar, tivo lugar a Competición Intercentros entre o noso centro e o Ceip de Rebordáns. Participaron nesta xornada a clase de 4ºB e a clase de 5ºB. Xogamos a Balonmán, Volei, Bádminton, Xadrez, Baloncesto e Fútbol-sala. Como podedes ver nas fotos e no video que vos deixamos a continuación, pasamolo xenial.

PATINAXE

     As alumnas de 5º do Ceip Nº2 de Tui, Alba, Sofia e María, e membros do Club Ribex de Tui de Patinaxe, móstrannos as súas medallas conseguidas no Torneo de Nadal 2013 de Patinaxe, celebrado en Tui, este Nadal.

    Noraboa patinadoras!!.

NATACIÓN

As Alumnas do Ceip Nº2 de Tui, Alba, María, Paula e Esther enseñanos un dos seus deportes favoritos, e que practican a menudo: A natación.

 

CONTACONTOS MÁIS RETRANCA

Máis Retranca TVG
A alumna do Ceip Nº2 de Tui Carla Martínez de 4ºB, ven de participar na grabación do programa da TVG “ Máis Retranca”, presentado e dirixido por Toñito de Poi.
Dita grabación tivo lugar en Tui o pasado domingo día 9 de febreiro.
Carla participou con outros monologuistas, contando contos, sendo a única nena dos concursantes. Así mesmo, obtivo un galardón participativo como podedes ver nas seguintes fotos. Dita grabación será emitida pola TVG a finais de febreiro. Toda unha experiencia para esta alumna, que disfruta moito contando chistes e contos. Aquí podedes ver as fotos da grabación e do momento no que compartiu o seu premio cos seus compañeiros de clase.

   

REMO

  A Federacion Española de Remo acaba de facer entrega a pasada semana, ao Club Kayak Tudense do“ Diploma a la Orden Olímpica” a Enrique Míguez, piragüista do Club Kayak Tudense, e antiguo alumno  do noso colexio.

  Parabéns Quique!

PATINAXE

O Club de patinaxe Ribex de Tui, proclamouse a pasada fin de semana do día 2 de febreiro Subcampión galego, no Campionato galego de patinaxe, que se levou a cabo, no estadio Fontes do Sar de Santiago de Compostela.
Este club formado por antigas alumnas do Ceip Nº2 de Tui, presentou neste certame, o Show Xogamos co que conseguiu ser segundo. Esta clasificación permitelle ao equipo da nosa cidade estar presente no vindeiro Campionato de España que terá lugar o fin de semana do 2 de Marzo, novamente en Santiago. Parabéns para o equipo, e sorte no vindeiro Campionato.

BALLET

As Alumnas María e Paula, disfrutan facendo Ballet, unha das actividades que máis lles gusta e da que máis disfrutan.

 

LETICIA FERNÁNDEZ

A Atleta tudense Leticia Fdez, ven de proclamarse subcampeona de España, na localidade de Antequera, na proba de atletismo de 1500 m na categoría promesa feminina.
A atleta tudense do Club Ría de Ferrol participou a pasada fin de semana do 1 e 2 de febreiro no campeonato galego de pista cuberta na modalidade de 800m na que se proclamou campeona galega.
Esta fin de semana 8 e 9 de Febreiro desprazouse ata Antequera onde disputaría o campeonato de España, pero esta vez na modalidade de 1500m, proclamandose Subcampiona nacional. Noraboa Leticia!

http://www.goear.com/listen/70b3c1b/programa-34-leticia-fernandez-escoita-deporte-rmt

UXÍA PÉREZ

A Tudense e antiga alumna do Ceip Nº2 de Tui Uxía Pérez Subcampiona no Campeonato Galego de pista Cuberta.

A Atleta tudense e antiga alumna do Ceip Nº2 de Tui Uxía Pérez proclamouse este fin de semana subcampeona Galega na categoría absoluta feminina, do Campeonato galego de pista Cuberta.
A consecución desta medalla de prata, para unha atleta xuvenil, que competía na máxima categoría, supón un novo éxito para esta gran deportista que a base, de esforzó e sacrificio segue acadando grandes éxitos, para o club Atletismo Tui-Thermalia.
Noraboa!!
Podedes escoitar a súa entrevista no seguinte enlace:
http://www.goear.com/listen/45f52a3/programa-32-uxia-perez-bugarin-escoita-deporte-rmt

LETICIA FERNÁNDEZ

A Tudense Leticia Fernández Campiona no Campeonato Galego de pista Cuberta.

A Atleta tudense Leticia Fernández proclamouse este fin de semana Campeona Galega na categoría absoluta feminina, do Campeonato galego de pista Cuberta, na modalidade de 800 metros.
A consecución desta medalla de ouro, para unha das mellores atletas tudenses da máxima categoría absoluta, supón un novo éxito para esta gran deportista que a base, de esforzó e sacrificio segue mellorando as súas marcas persoais.
Podedes escoitar a súa entrevista no seguinte enlace:
http://www.goear.com/listen/88b7a4e/programa-32-leticia-fernadez-escoita-deporte-rmt
Noraboa!!.

CAMPIONATO GALEGO DE ATLETISMO

A Tudense Eva Cid 6º por equipos no 51 Copa de Europa de Campo a Través por Clubes.


A Tudense Eva Cid Guede clasificouse esta fin de semana na 6ª posición Europea na 51 ediciónda Copa de Europa de Campo a Través por Clubes, na categoría junior feminina, disputado o domingo 2 de Febreiro na localidade portuguesa de Albufeira.
A atleta tudense que pertence ao Club Sociedad Atlética Val Miñor  forma parte do equipo formado polas seguintes atletas: Eva Cid (18),Laura Méndez (30), Laura Soto (31) y Carla Caride (40) que de xeito extraordinario obtiveron na final un merecido 6º postos por equipos.
A nosa máis sincera noraboa a atleta tudense e ao seu clube.

CLUB BALONMÁN TUI

     O equipo alevín do Club balonmán Tui, no que xogan varios nenos/as do Ceip nº2 de Tui: Adrián, Saúl, Iago, Xabi, Diego.l. remata a primeira fase da liga galega nos primeiros postos da táboa e clasificase para xogar a seguinte fase.


     Aquí podedes ver algunhas das súas fotos dos mellores partidos. Noraboa!

 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut