Skip to Content

Histórico

XV ABN AMRO MARATHON ROTERDAM

XV ABN AMRO MARATHON ROTERDAM

Holanda

 

O pai da alumna de 3ºC Carla Peixoto, Justi Peixoto, participou no Matathon de Rotterdam o pasado 13 de Abril, representando ao Club Atletismo Tui Thermalia. Unha proba de 42 Km 195 metros, na que Justi se convertiu no primeiro galego da sua categoria en cruzar a meta. Os nosos parabens para este gran campeon.

Aqui vos deixamos a noticia que preparou con moito agarimo para os nenos de este cole, e a foto da sua participacion, para que sepamos como e participar nunha proba tan dificil e dura, pero que el fixo con moita ilusion.

 

 

XV ABN AMRO MARATHON ROTERDAM

   O 13 De Abril celebrábase en Rotterdam (Holanda) a XV ABN AMRO MARATHON ROTERDAM. 13500 Atletas de 76 países dábanse cita nunha liña de saída ateigada de público, como o estaría durante os 42 kms 195 metros da proba. A mañá perfecta , nubes e claros, cunha temperatura de 15 grados, inda que despois o vento perxudicaría os corredores nalgúha parte do percorrido. Un trazado totalmente chá , co que se agardaba facer uns bos rexistros.

   Como era de esperar os africanos dominaron a proba, sobre todo os kenianos que ocuparon as tres primeiras prazas. Victoria para Eliud Kipchoge cun tempo 02:05:00, seguido do seus compatriotas Bernard Koech e Bernard Kipyego que paraban o crono en 02:06:08 e 02:07:58,respectivamente. O primeiro europeo, sería o nacionalizado noruegués, Weldu Negash, 5º con  02:09:14, rematando 7º o primeiro holandés, de orixe marroquí, Khalid Choukoud  que facía a mellor marca dos Paises Baixos nesta carreira 02:10:52.

   Moitos españois participaron na carreira, cun destacado , Miguel Beltrán , de San Juan Del Puerto, 24º na xeral e 1ª na categoría de máster 35 (02:21:11). Destacar a presenza de dous atletas do Club Atletismo Tui – Thermalia, Justi Peixoto, 393, con 02:56:39, 1º galego na súa primeira participación nunha maratón, sendo 60º na súa categoría, e Rubén Castro, 607, con 03:03:53, 111º na súa categoría, logrando mellor marca persoal.

   No apartado feminino a etíope Abebech Afework obtería una cómoda victoria 02:27:50, escoltada pola súa compatriota Guteni Shone 02:30:23; completaría o podio, moi cerca a Namibia,  Beata Naigambo 02:31:00. A Española Maria Azucena Díaz, era nin máis nin menos que 5ª cun imprsionante rexistro de 02:32:22, conseguindo a mínima para o Campionato do Mundo.

   Un bo exemplo da dureza dunha maratón e que dos 13.500 que tomaban a saída, chegaron a liña de meta só 10.679, sendo este posto, o derradeiro, ocupado polo holandés Joop Ketman, maoir de 65 anos cun tempo de 5 horas, 42 minutos e 32 segundos. Queda demostrado que o máis importante dunha maratón non é o tempo final, senón a satisfacción de poder rematar eses 42 kilómetro 195 metros.

FÚTBOL

O equipo Alevín do Club Tyde de Fútbol participa no  Torneo Arousa Futbol Club AF2014

Clasificándose 2º de Grupo

 

O equipo Alevín do Club Tyde de Fútbol ven de participar no torneo de Fútbol Arousa Fútbol Club, que tivo lugar, en Vilagarcía de Arousa do 17 ao 20 de Abril.

Os integrantes do equipo, moitos deles do noso colexio: Jon Allegue, Alejandro Areal,Itzam, Catalin… conseguiron xunto ao resto do equipo clasificarse 2º de grupo e Subcampeóns. Durante varios días xogaron moitos partidos contra difíciles rivais, para acadar este gran resultado.

Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades o ben que o pasaron e canto disfrutaron. Parabéns a todo o equipo.

 

 

 

XII MARCHA BTT MONTE ALOIA

XII Marcha BTT Monte Aloia
IV Andaina
III Marcha Popular
Domingo 11 de Maio 2014  9:30h
Complexo Deportivo “ A Macoca”.



O vindeiro domingo 11 de Maio, vai ter  lugar no Complexo deportivo de A macoca de Tui, a XII Marcha Btt Monte Aloia, que organiza o Club Mountainbike Aloia e a Asociación Veciños da Lavandeira. Ademáis de esta Marcha BTT vai ter lugar tamén, unha Andaina e unha Marcha Popular.
Animámosvos a participar e podedes atopar máis información na web: http://mtbaloia.blogspot.com.es/



DUATLÓN

1º Duatlón Tomiño
Sábado 3 de Maio 2014 16:00h
Tomiño

O vindeiro sábado 3 de maio, terá lugar no Concello de Tomiño, o 1º Duatlón Concello de Tomiño. Nesta proba poden participar as categorías Benxamín, Alevín, Cadete-Infantil, Adultos. Será a partires das 16:00h
Atoparedes máis información en www.adeto.org


CARREIRA DE SAN TELMO

Carreira Popular de San Telmo

Domingo 27 de Abril 2014 10:00h

Paseo da Corredoira Tui

 

O pasado domingo 27 de Abril, tivo lugar na Corredoira de Tui, a Carreira Popular de San Telmo 2014. Do noso centro inscribimos 170 participantes nas distintas categorías.

Esta é a carreira que temos en Tui, polo que nos animamos a participar tanto nenos/as como país e nais. Tamén fomos solidarios e cambiamos o noso dorsal por un kilo de alimentos non perecedeiros que a organización entregou a SOS Tomiño.

Como podedes ver nas fotos que vos adxuntamos, disfrutamos moitísimo da proba, felicitar a organización da mesma e agradecer aos papas e mamas o esforzo. E contarvos que o afortunado e gañador da Bicicleta foi o alumno de 1º Mario Rodríguez Rodríguez.

A alumna Iria Pato de 2ºC comparte cos seus amigos de clase a medalla que gañou na carreira de San Telmo 2014.

Noraboa!.

FÚTBOL-SALA

O vindero sábado 3 de maio terá lugar no Pavillón  Novo de Tui o partido de Fútbol Sala ás 16:30h.

A QUINTA DE TUI - MARÍN 7A9CAFyD

 

O Equipo tudense é un equipo recén ascendido á Categoría Autonómica e esta loitando para evitar o descenso, con unha vitoria este sábado estaría matematicamente salvados, por iso a túa presenza para animar a este equipo é importantísima!!!

 

Ademáis, o equipo A Quinta de Tui está buscando nenas e nenos de 4 anos en diante, aos que lles guste o fútbol sala, co obxecto de formar máis equipos base. Os Interesados podedes chamar ao 627050920.

 

PATINAXE

O Club Ribex Tui 3º Clasificado na Copa Galega de Patinaxe

 

      O Club Ribex de Tui, no que participan varias antigas alumnas do Ceip Nº2 de Tui, Antía Rosada, Marta Pérez, Raquel Muñiz… participou o pasado sábado 12 de Abril, na Copa Galega de Patinaxe. Dito Campeonato tivo lugar no Pav. do Berbés en Vigo.

      O equipo tudense conseguiu acadar un merecido 3º posto como podemos ver nas fotos que se adxuntan.

        Os nosos parabéns a este equipo que está a realizar unha formidable tempada.

 

 

FÚTBOL-SALA

1ª Xornada de Fútbol-sala

Colexio Sta María Maristas-Ceip Nº2 de Tui

 

         O martes 15 de Abril tivo lugar no Pavillón Novo de Tui, a 1ª Xornada de Fútbol-sala da presente Campaña Escolar, entre o Colexio Sta María Maristas de Tui e o Ceip Nº2 de Tui. Os partidos que se xogaron foron ás 16:30h Categoría Infantil, ás 17:15h Categoría Alevín, ás 18:00h Categoría Benxamín.

Os resultaros foron a favor de ambos centros en función da categoría:

Cole Maristas- Ceip Nº2 de Tui

 

1º T

2º T

Final

Fútbol-sala Benxamín Mixto  

0-4

2-0

2-4

Fútbol-sala Alevín Masculino

4-4

5-1

9-5

Fútbol-sala Infantil Masculin

6-0

6-0

12-0

 

O importante dos partidos, para nós os nenos/as non é o resultado, senon o ben que o pasamos. Aquí vos deixamos unhas fotos onde podedes ver, canto disfrutamos.

     

 

           

CARREIRA POPULAR SAN TELMO 2014

CARREIRA POPULAR DE SAN TELMO 14

Domingo 27 de abril


     O Vindeiro domingo de San Telmo, día 27 de Abril pola mañá, vai ter lugar a Carreira de San Telmo 2014, na Corredera de Tui. Dita xornada está destinada os/as nenos/as inscritos. Recordade que estamos de vacacións.


    Categorías:

  • Xuveníl ( 7000m  nacidos 97/98 ás 10:30h),
  • Senior ( 7000m nacidos 78/96 ás 10:30h), Veteráns A e B ( 7000 m nacidos antes do ano 1977),
  • Cadetes e Infantil ( 2500 m nacidos 1999/00/01/02 ás 12:00h),
  • Alevíns ( 900 m nacidos 2003/2004 ás 12:15h),
  • Benxamíns ( 600 m nacidos nos anos 2005/2006 ás 12:30h),
  • Prebenxamín (  400 m nacidos 2007/2008 ás 12:45h),
  • Pitufos ( 200m nacidos nos anos 2009/10/11 ás 13:00h).

    Todos os participantes terán que estar alí 15 minutos antes da súa proba para que lle deamos o dorsal.  Despois da entrega de trofeos sortearase unha bicicleta entre os participantes das categorías inferiores.

   Tódolos nenos/as teñen que traer chándal( o do cole se o tiveran), a equipación do colexio ( camiseta e pantalón se  a  tiveran senón traerán camiseta branca), e tenis. En caso de choiva que leven roupa seca para cambiarse.

  
   O Club Atletismo realizará a tradicional OPERACIÓN KILO na que os participantes intercambiarán un kilo de un alimento non perecedeiro polo seu dorsal. Ditos alimentos serán entregados a unha ONG.


    ¡¡¡IMPORTANTE!!!

   Podedes atopar máis información da proba na páx web www. agrudebam.es., www. Atletismotui.com. na web do cole: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero2tui/taxonomy/term/73

DEPORTE EN FAMILIA

Laura Castiñeira de 4º A 

    A alumna Laura Castiñeira de 4º A práctica deporte en familia, no Monte Aloia.

    Aproveitando o bo tempo do que estamos a disfrutar, Laura xunto a súa familia, disfrutou de este espectacular lugar que é o Monte Aloia: as súas vistas, as súas paisaxes… e aproveitou para xogar, disfrutar e pasalo ben.

    Aquí vos deixamos unas fotos para que vos animedes a facelo vos tamén coas vosas familias.

 

Xoán Coya de 4º A 

     O alumno Xoán Coya de 4º A tamén práctica deporte en familia, como podedes ver, practica moito deporte coa súa familia.

     Senderismo, Sky e Ciclismo cos seus país. O certo é que disfruta moito facendo deporte coa súa familia.

     Aquí vos deixamos as súas fotos para que vos tamén vos animedes.

 

   

 

 

1ª XORNADA DE FÚTBOL-SALA

DEPORTE ESCOLAR

Futbol-sala Curso 13-14

Mañá Martes 15 de Abril dará comenzo a competición escolar de fútbol-sala, a 1ª xornada terá lugar mañá, no Pavillón Municipal Novo de Tui. Ceip Nº2- Colexio Maristas.

O horario dos partidos será o seguinte: 16:30h Infantil ( alumnos de 6º). 17:15h Alevín ( alumnos de 5º e 6º) e 18:00h Benxamín ( alumnos de 3º e 4º).

Todos os nenos/as terán que estar no pavillón 15 min antes do seu partido. Teredes que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se a tiverades e chandal do mesmo.

Se tiverades calquera dúbida podedes chamar ao Tlfno:650602161

 

BÁDMINTON

PONTEAREAS ACOGE EL CAMPEONATO DE ESPAÑA SUB-19 DE BADMINTON 

 

            Del 18 al 20 de Abril de 2014 en el Pabellón Municipal Álvaro Pino será sede del Campeonato de España Sub-19 organizado por el Club Bádminton As Neves, Federación Española de Bádminton, Concello de Ponteareas y el Consejo Superior de Deportes y cuenta con la colaboración de Federación Gallega de Bádminton, Deporte Galego, Galicia Saudable, Mujer y Deporte, Galicia, Yonex, Suflenorsa, Deputación de Pontevedra, Halcón Viajes, Forjados Hnos, Durán, Concello de As Neves, Bodegas Coto Redondo y Maquinaria Lano SL.

 

Con más de 120 jugadores llegados de los  clubes de todos los puntos de panorama nacional, se vivirán grandes momentos deportivos a los largo de las tres jornadas de competición, ya que solo las mejores raquetas nacionales de esta categoría se dan cita en el Campeonato de España donde todos ellos quiere alzarse con lo más alto de podium y proclamarse así campeones de España 2013/2014.

 

La competición da comienzo el viernes 18 a partir de las 15:00h, a 20:00h, el sábado de 10:00h a 20:00h en horario ininterrumpido y domingo 20 a partir de las 10:00h tendrán lugar las finales con la posterior ceremonia de clausura y entrega de premios que será en torno a las 12:30h.  

 

            Para el Club Bádminton As Neves, club organizador, es un gran evento, tanto en organización como lo deportivo, como club anfitrión  es un gran reto para que tanto jugadores, técnicos y familias vivan a lo largo de este intenso fin de semana una agradable jornada en la Comarca, se cuenta con un aforo de más de 400 personas que además de disfrutar de la competición realizarán actividades paralelas para que así puedan conocer nuestra tierra, gastronomía, cultura y patrimonio. A nivel deportivo el club espera que su jugadores puedan realizar un gran papel y meterse en alguna final, para ello cuenta con nuestro Sub-19 Brais Alves, y seguido de cerca por nuestros Sub-17 María Alonso, Carla Mouriño,  Laura Valverde, Lucia Coello, Ainoa Rial. Alejandro Rivadulla y Brais Vidal que preparan a reo dicho evento en casa.

Coñece o cartel do campionato.

Distribuir contido


by Dr. Radut