Skip to Content

Histórico

COMETAS

Pequenas Cometas no noso Cole

     O alumno de 3ºB Mateo Moroño, trúxonos ao cole un material de Educación Física moi innovador. As Pequenas Cometas, un agasallo do seu irmá maior, que lle entusiasmou e que quería ensinar aos seus compañeiros. Con él podemos facer figuras acrobáticas de circo, nos dixo. A todos os seus compañeiros gurtaronlles moito.

Aquí vos deixamos a foto para que poidades ver vós tamén.

FÚTBOL

O Club Tyde de Fútbol, a paixón dos nosos alumnos

O alumno  Nico Alvarez de 4ºA, compartiu a semana pasada cos nenos/as da súa clase, as súas medallas e fotos do seu equipo. O equipo de Fútbol Benxamín do Tyde F. C.  Para Nico ao igual que outros nenos do noso colexio a súa gran paixón é o fútbol, del disfruta cada anaquiño de tempo, prácticao con ilusión para algún día ser un gran campeón.

Sorte Nico!!! 

 

 

CLUB DE PATINAXE

     O club de Patinaxe Ribex de Tui,

clasificado para o campionato de Europa

 

         O Club de patinaxe Ribex de Tui, que ven de participar o pasado fin de semana 1 e 2 de Marzo no Campionato de España, acadou a Clasificación para participar no vindeiro Campionato de Europa, que terá lugar en Italia o vindeiro 26 e 27 de Xuño.

    Un gran éxito das patinadoras tudenses que ven acadado o seu soño de participar nuns campionatos europeos. Os nosos parabéns ao equipo e especialmente a aquelas que foron alumnas do noso centro.

     Deixámosvos o enlace ao programa de Escoita Deporte, onde Justi Peixoto entrevista a súa adestradora Carolina Figueroa.

 

Programa 40.- Entrevista a Carolina Figueroa, adestradora do Club Patinaxe Ribex de Tui que veñen de logar a clasificación para o Campionato de Europa.

 

http://www.goear.com/listen/5c07da4/programa-40-carolina-figueroa-escoita-deporte-rmt

 

 

 

 

 

 

 

 

COMPARSAS DO ENTROIDO

Nenas e nenos de Pexegueiro do CEIP Plurilingüe e Abalar Nº 2 de Tui participan nas comparsas de Entroido

 

Os nenos e nenas de Pexegueiro do Ceip Nº2 de Tui, participan nas comparsas de entroido coa súa asociación. Aarón de 3ºA envianos estas fotos do que disfrutaron facendo a súa carroza, preparando os seus bailes, e desfilando nos distintos concursos que se celebraron durante o entroido.

LAURA SORIA, REPORTEIRA DUN PARTIDO DE FÚTBOL

Laura Soria, a nosa reporteira no partido de fútbol

R. C. Celta de Vigo - Atlético de Madrid

 

 

A alumna de 6ºB Laura Soria, disfrutou o pasado sábado dun dos deportes que máis lle gusta, o fútbol. Acudiu ao estadio de Balaidos a presenciar o partido do fútbol da 1ª División correspondente a liga entre o equipo local R.C. Celta de Vigo e o equipo visitante o Atlético de Madrid.

 

Laura foi a nosa reporteira no campo, como podedes ver nas seguintes fotos, donde nos conta cada momento vivido durante o partido. A súa mágoa foi a derrota do equipo local.

 

Gracias Laura!!!!

 

 


R.C. .Celta dVigo-Atl Madrid

 

NATACIÓN CON ALETAS

As nenas e nenos do CEIP Plurilingüe e Abalar Nº 2 de Tui

practican natación con aletas

 

     Os/as alumnos/as Raúl de 5ºB, Debora e Sonia de 3ºA do noso colexio, practican deporte con moita ilusión. Deixámosvos aquí unhas fotos na piscina de Valença coas súas aletas, coas que practican natación cada semana.

     Gracias por compartilas con nós.

 

ATLETISMO

     A tudense e antiga alumna do CEIP Nº 2 de Tui, Uxía Pérez, campiona de España na distancia de 3000 m.

     Parabéns!!!

     Coñece aquí a noticia.

DEPORTE EN FAMILIA

Proposta para a 2ª Avaliación

Ruta dos Muiños do Tripes

     Temos una proposta de Deporte en Familia para esta 2ª Avaliación, ademais están a punto de chegar as vacacións de Semana Santa, e por fin temos sol!.

      Animámosvos a camiñar pola ruta dos Muiños do Río Tripes en Pazos de Reis, Julia e Alba de 4º C, que xa a fixeron, dicen que esta xenial.

     Aquí nos truxeron unhas fotos para que poidades facervos unha idea.

 

FACER A SENDA DE CALDELAS EN BICICLETA

David Alonso preséntanos a Senda de Caldelas

     Como podedes ver, nas fotos que adxuntamos, David Alonso alumno de 3ºA invítanos a que realicemos a senda de Caldelas en Bicicleta. Unha ruta dende Tui a Caldelas na que podedes disfrutar de fermosos paisaxes á beira do Río Miño.

      Gracias David polas túas fotos!

PATINAXE E NATACIÓN

Patinaxe e Natación

     Os/as  alumnos/as do Ceip Plurilingüe e Abalar Nº2 de Tui, seguen a practicar deporte, nesta ocasión é a alumna Débora de 3ºA a que nos anima a practicar patinaxe e natación, son os seus deportes favoritos e os sigue practicando cada día con moita ilusión.

     Nos deixou unhas fotos como podedes ver, para que vós tamén vos animedes a practicas estes deportes tan saudables e divertidos.

 

DEPORTES DE NEVE

Deportes de Neve

    A pasada fin de semana varios alumnos do cole: Lucas, Santiago, Roque, Pablo, Teo e Paula… xunto ás súas familias disfrutaron da neve, na estación invernal de Leitariegos, na Provincial de León. Tiveron a oportunidade de practicar o Sky, un deporte de neve.


    Aquí vos deixamos unhas fotos de dita xornada e uns pequenos consellos que nos deron estes expertos esquiadores, para cando vos animedes a practicalo:
1.    Deberemos levar os skys sempre paralelos.
2.    Para parar intentar sempre facer a cuña cos skys.
3.    Estar moi atentos ás instruccións dos adestradores.
4.    Especial atención no uso dos telesillas e material.


    Estes intrépidos esquiadores animan aos seus compañeiros de clase e de cole, a disfrutar de este deporte se teñen posibilidade.

X REGATA MIÑO INTERNACIONAL DE REMO

X Regata Miño Internacional de Remo

Domingo 2 de Marzo 2014 12:00h

 

Centro Interfederado Tui

 

  O vindeiro domingo día 2 de Marzo terá lugar a Regata Miño Internarional de Remo, que se organiza en Tui, e que fora aprazada do mes de Xaneiro por mal tempo.

 

  Preme aquí para saber máis.

 

CAMPIONATO PROVINCIAL CAMPO A TRAVÉS

Campionato Provincial de Campo a Través

          Le o que nos conta Lúa

     O pasado sábado 22 de Febreiro de 2014 tivo lugar no Camping de A Guardia, o Campionato Provincial de Campo a Través.
    Foi unha xornada na que do Ceip Plurilingüe e Abalar Nº2 de Tui, participaban varios alumnos:

 

  • Nuria Romero de 6ºB participou na Categoría Infantil Feminina acadando un explendido posto número 22.

 

  • Martín Sestelo Solla de 3ºC, participou na  Categoría Benxamín Masculina acadando un meritorio octavo posto.

 

  • Polo Club Atletismo Tui-Thermalia, participaban os irmáns Lucía Portela de 5ºB e Telmo Portela de 2ºB.  Lucía proclamouse Campeona Provincial con clara vantaxe sobre a segunda clasificada, isto permite que Lucia estea presente no vindeiro Campionato Galego.

 

  • Polo Club Atletismo Porriño, participaba o alumno de 4ºB Diego Rodríguez, que fixo unha gran carreira. 

A nosa noraboa a todos os atletas participantes

 

     

XORNADA DE BÁDMINTON

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 13-14

 

O vindeiro martes 25 de Febreiro terá  lugar a 2ª Xornada escolar de Badminton, para a categoría alevín ( 5º e 6º) no Pavillón do Ceip Randufe.

( Esta xornada fora aprazada por mor do temporal).

O autobús sairá ás 16:30h do colexio.

A volta será aproximadamente ás 20:30h..

Teredes que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiverades e chandal do mesmo.

Os nenos que vaiades a Randufe directamente tedes que estar alí ás 16:45h.

Se tedes algunha dúbida podedes chamar ao teléfono: 650602161.

Distribuir contido


by Dr. Radut