Skip to Content

Histórico

DEPORTE EN FAMILIA

Martín e Nicolás Prieto Mato, practican

 Deporte en Familia

Os alumnos Martín Prieto de 6ºB e Nicolás Prieto de 4ºC, practican deporte en Familia.

Como podedes ver nas fotos que nos deixaron: Durante a Semana Santa  visitaron Cabeza de Manzaneda ( vemolos sobre a pasarela do río).

No verán pasado fixeron sendeirismo coa súa familia en Lleida e no Monte Pindo.

Tamén os podemos ver patinadon sobre a Vía Verde, entre Valença e Monçao.

Felicitar a estes deportistas que coas súas fotos nos deixan paraxes naturais con moito encanto.

 

 

 

CAMPIONATO GALEGO DE DUATLÓN

Diego Rodríguez  de 4ºC Campeón Galego de Duatlón

O pasado fin de semana 10-11 de Maio, tivo lugar o Campionato Galego de Duatlón, na modalidade de Darling. O alumno de 4º C, Diego Rodríguez, participou co seu equipo do Club Atletismo Porriño, na proba do Campionato Galego, na Categoría Benxamín Masculino.

Como podemos ver na foto o equipo subiu ao máis alto do pódium proclamándose Campións Galegos.

Noraboa! A este gran atleta e deportista, a todo o equipo  e por suposto ao seu clube polo gran traballo.

MEDALLAS EN REMO

 O Club Remo Tui consegue 4 Medallas de ouro e 1 de Prata

na Regata Internacional de Coimbra

 

 

 

VII CARREIRA AS AGÜIÑAS

 

VII Carreira  As Agüiñas.

Polígono Industrial de A Granxa ( Porriño).

18/05/2014

                                                                                                                       

                O vindeiro domingo 18 de Maio de 2014 levarase a cabo a VII Carreira Escolar As Agüiñas que organiza o Clube Atletismo Porriño, no Polígono Industrial da Granxa en Porriño.

                Horario da Proba:

10:00h Cadete Masculina   1999-2000

10:15h Cadete Feminina   1999-2000

10:25h Infantil Masculina 2001-2002

10:35h Infantil Feminina 2001-2002

10:45h Alevín Masculina   2003-2004

11:55h Alevín Feminina   2003-2004

11:05h Benxamin Femenina  2005-2006.

11:15h Benxamin Masculina  2005-2006.

11:30h Absoluta ( Pais e nais)

12:15h Pre-Benxamin Femenina  2007-2008          

12:20h Pre-Benxamin Masculina  2007-2008

12:25h  Pitufos Feminina 2009-2010-2011

12:30h  Pitufos Masculina 2009-2010-2011

 

                Todos os nenos/as tedes que estar un cuarto de hora antes da proba para recoller o dorsal na Secretaría da proba,  non estaremos as profes para as primeiras probas por ter que asistir a outra. Agradecemos aos papas/mamas que estean pendente das saídas. Tódolos nenos/as teñen que traer chándal( o do cole se o tiveran), camiseta branca,  a equipación do colexio ( camiseta e pantalón), e tenis. En caso de choiva que leven roupa seca para cambiarse.

                ¡¡¡IMPORTANTE!!! Podedes atopar máis información da proba na páxina web do colexio ou na web www.atletismopor.com. Para calquera dúbida chamar o tlfno 650602161.

 

 

 

PATINAXE

Campionato Provincial Xogade de Patinaxe Artistico

Grupos Show

Este domingo 18 de Maio ás 18:30h, o Club Ribex de Tui, organiza no Pavillón Novo de Tui o Campionato Provincial Xogade de Patinaxe Artístico, na modalidade de Grupos Show.

Non podes faltar, anímate e disfruta do espectáculo.

XIMNASIA RÍTMICA

María Rosada unha gran ximnasta de Ximnasia Rítmica

 

     A  alumna María Rosada de 5ºB, ven de participar estes fins de semana en varios torneos de Ximnasia Rítmica. Deporte no que disfruta, e gaña moitos campionatos co Club Ximnasia Porriño.

   O 17-18-19 de  Abril de 2014 participou co seu  clube no III Torneo Internacional Vila de Ribadavia, onde se proclamaron 2º  Clasificado por conxuntos en Escolas de Infantil.

    O Fin de semana pasado participaron no II Torneo Maniotas do Concello de Vigo, onde  se proclamaron 1º clasificado Infantil escolar.

As nosas felicitacións a todo o equipo.

 

 

 

 

JUDO

 

Clara Martínez, Marta González e Cristina Amorín Pérez de 4ºC Campeonas no Campionato Galego de Judo

 

As alumnas Clara Martínez, Marta González e Cristina Amorín, do equipo Ceip Nº2 de Tui de Judo, veñen de participar no Campionato Galego de Judo, a súa participación por equipos fixo que se clasificaran campionas da súa categoría.

Os nosos parabéns ao seu equipo, adestradores… Noraboa!

 

 


FÚTBOL SALA

DEPORTE ESCOLAR

Futbol-sala Curso 13-14

Mañá Martes 13 de Maio terá lugar a 2ª Xornada da competición escolar de fútbol-sala, será no Pavillón Ies Penas Rubias de Parderrubias en Salceda de Caselas. E.D.M. Salceda- Ceip.

O horario dos partidos será o seguinte: 16:30h Infantil ( alumnos de 6º). 17:15h Alevín ( alumnos de 5º e 6º) e 18:00h Benxamín ( alumnos de 3º e 4º). O autobús sairá do colexio ás 16.00h e a volta será a carón das 19:00h. Teredes que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se a tiverades e chándal do mesmo.

Se tiverades calquera dúbida podedes chamar ao Tlfno:650602161

EQUITACIÓN

Marta Rodríguez e Celia Pérez de 4ºC práctican Equitación

 

As alumnas Marta Rodríguez e Celia Pérez de 4º C, práctican equitación, no Pony Club.

        Estas dúas alumnas son unhas apaixoadas dos animais e da natureza. Gústalles moito compartir o seu tempo de ocio cos seus cabalos, dando paseos polo medio natural, coa axuda dos seus monitores.

       Aquí nos deixan unhas fotos de eses momentos, para que vos animedes a practicar este deporte.

 

 

 

 

CROSS ESCOLAR

Cross Escolar As Agüiñas- Porriño

Polígono Industrial de A granxa. Porriño 18  de Maio de 2014

    

            O Vindeiro domingo 18 de Maio de 2014 vai ter lugar o Cross escolar das Agüíñas  no Polígono Industrial de A Granxa en Porriño.

        Dita xornada está destinada os/as nenos/as de tódalas idades ( olimpicos, pre-benxamin, benxamín, alevíns, infantil e cadete) e tamén aos adultos e veteráns.

        Nesta xornada non haberá autobús polo que os nenos/as terán que asistir a proba coas súas familias. O prazo de inscripción remata o vindeiro martes día 13 de Maio de 2014.

        URXE QUE A ENVIEDES CANTO ANTES. GRACIAS.

        Podedes atopar máis información sobre a proba na web do cole en Deporte Escolar, novas o una web www.atletismopor.com

C.B. TUI

Jorge Prieto, Lois Alonso e Cristiano Artur no

14º Torneo Minibásquet 2014

C.B. Seis Do Nadal Coia Vigo

    Os alumnos Jorge Prieto de 6ºB, Lois Alonso de 6ºA e Cristiano Artur de 4ºB, veñen de participar a pasada fin de semana do 3 e 4 de maio, no 14º Torneo Minibásquet 2014 que  organiza o Club Baloncesto Seis do Nadal de Coia en Vigo.

   O equipo alevín do Club Baloncesto Tui, ao que pertencen, tivo que disputar varios partidos para situarse ao final do torneo na metade da táboa clasificatoria.

   Jorge compartiu cos seus compañeiros de clase a súa medalla e triunfo, como podedes ver nas fotos.

Os nosos parabéns para o Club Baloncesto Tui e para estes grandes xogadores.

TEMPOS LIBRES

Diego Carballo de 4º A en Disneyland París

     Diego Carballo de 4ºA, aproveitou as vacacións de Semana Santa, para disfrutar do Ocio e o tempo libre, xunto a súa familia, visitando o Parque de Atraccións de Disneyland París.

       Como podemos ver nas súas fotos pasouno xenial. Aquí podedes ver algún momentos de esa viaxe, para que vos animedes vos a facela tamén.

CROSS ESCOLAR

Cross Escolar As Agüiñas- Porriño

Polígono Industrial de A granxa. Porriño 18  de Maio de 2014

        

            O Vindeiro domingo 8 de Maio de 2011 vai ter lugar o Cross escolar das Agúíñas  no Polígono Industrial de A Granxa en Porriño.

        Dita xornada está destinada os/as nenos/as de tódalas idades ( olimpicos, pre-benxamin, benxamín, alevíns, infantil e cadete) e tamén aos adultos e veteráns.

        Nesta xornada non haberá autobús polo que os nenos/as terán que asistir a proba coas súas familias. O prazo de inscripción remata o vindeiro martes día 13 de Maio de 2014. URXE QUE A ENVIEDES CANTO ANTES. GRACIAS.

         Podedes atopar máis información sobre a proba na web do cole en Deporte Escolar, novas o una web www.atletispor.com

Cómo chegar?

ITINERARIOS

DENDE VIGO-PONTEVEDRA: Saída 21 da Autovía Vigo-Tui. Este é o itinerario

DENDE TUI-PORTUGAL: Saída 21 da Autovía Vigo-Tui. Este é o itinerario

UBICACIÓN DA CARREIRA

nas instalacións do Club Atletismo Porriño:

Google Maps

Club Atletismo Porriño
Polígono de la Granxa parcela 248 A
36475 Porriño

Coñece o regulamento da carreira aquí.

FÚTBOL

O equipo Alevín do Club Tyde de Fútbol participa no  Torneo Danone Cup 2014

2-3 Maio 2014 Vigo

Clasificándose Subcampeón

 

 

O equipo Alevín do Club Tyde de Fútbol ven de participar esta fin de semana 2-3 de Maio de 2014, no Torneo Danone Cup, que se celebro una A Madroa en Vigo.

Os integrantes do equipo, moitos deles do noso colexio: Jon Allegue, Alejandro Areal,Itzam, Catalin… conseguiron xunto ao resto do equipo clasificarse Subcampeóns do campeonato, de 32 equipos que participaron nesta edición. Durante toda a fin de semana xogaron moitos partidos contra difíciles rivais, para acadar este gran resultado.

Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades o ben que o pasaron e canto disfrutaron. Parabéns a todo o equipo.

 

 

 

Todas las fotos de la Danone Cup en:

http://www.danonenationscup.es/galeria/fotos/

 

Entrevista ao seu adestrador Tony Bugarín en:

https://www.facebook.com/EscoitaDeporteRmt

http://www.goear.com/listen/97f594b/programa-56-toni-bugarin-escoita-deporte-rmt

TORNEO DE SAN TELMO DE TENIS

Torneo de San Telmo de Tenis

Sábado 26 de Abril de 2014

17:00h Paseo da Corredoira Tui

O pasado sábado 26 de Abril, pola tarde o Club Tenis de Tui, organizou unha xornada de Tenis na Rúa, no paseo da Corredoira de Tui.

Moitos alumnos do noso centro, participaron en dito torneo, disfrutando dunha tarde divertida de tenis, na que houbo trofeos, medallas e agasallos.

As nosas felicitacións a estes campeóns.

Máis Información en https://www.facebook.com/tenistui.asociacion

 

Torneo de San Telmo de Tenis

O alumno Gonzalo Alonso de 4º C , proclamouse subcampeón do torneo na súa categoría, aquí vos deixamos algunhas fotos de este gran deportista e campeón.

   

Distribuir contido


by Dr. Radut