Skip to Content

Histórico

II CARREIRA 10K SALCEDA

 

 

TERÁ LUGAR O 4 DE MAIO DE 2014

  • Categoría absoluta   10:30h.
  • Resto de categorías  12:00h.

 

Carreira puntuable (ruta) para o Circuito Galego de Carreiras Populares.

Coñece o regulamento aquí.

 

BALLET

Ballet

As alumnas de 4ºC Aroa, Sofía R Sofía P, Carlota e Clara disfrutando da actividade deportiva que máis lles gusta, o Ballet. Elas disfrutan en cada adestramento bailando, facendo puntas, etc..

Aquí vos deixan estas fotos para que vos animedes a provalo se vos gusta a vós tamén.

 

TROFEO DE XADREZ

III TORNEO DE XADREZ FESTAS DE SAN TELMO 2014

Coñece a información do mesmo premendo aquí

CARREIRA POPULAR DE SAN TELMO

Carreira Popular de San Telmo 14

Dom 27 de Abril 2014 ( Tui )

 

           O Vindeiro domingo de San Telmo, día 27 de Abril de 2014 apartires das 10:30h, vai ter lugar a Carreira Popular de San Telmo 2014. Dita xornada está destinada os/as nenos/as  e adultos e adultas que queiran participar.

       Este ano organiza a proba o Club Atletismo Tui-Thermalia e gustaríamos contar con un gran número de participantes, xa que é aquí en Tui. Os/as nenos/as que queiran participar en dita xornada deberán traer esta notiña asinada antes do vindeiro venres día 11 de Abril. Xa que a vindeira semana enviarémosvos as notas co horario e as equipacións, despois ímonos de vacacións e quedaremos para o día da proba.

Categorías: Xuveníl ( 7000m nacidos 97/98 ás 10:30h), Senior ( 7000m nacidos 78/96 ás 10:30h), Veteráns A e B ( 7000 m nacidos antes do ano 1977), Cadetes e Infantil ( 2500 m nacidos 1999/00/01/02 ás 12:00h), Alevíns ( 900 m nacidos 2003/2004 ás 12:15h), Benxamíns ( 600 m nacidos nos anos 2005/2006 ás 12:30h), Prebenxamín (  400 m nacidos 2007/2008 ás 12:45h), Pitufos ( 200m nacidos nos anos 2009/10/11 ás 13:00h).

 

D./Dna...............................................................conD.N.I.........................Autorizo .........................o meu/miña fillo/a........................................................................................ con Data de Nac.................................. a participar na xornada proposta anteriormente.

   Asinado o Pai,nai ou titor. 

 

 

Preme aquí para coñecer a normativa da carreira.

 

SURF

O Surf un deporte intrépido que practican

Diego Rodríguez e Borja Salvado de 4º C

 

     Os alumnos Diego Rodríguez e Borja Salvado de 4º C práctican cada fin de semana, un deporte intrépido “ o Surf”. Una paixón que fai que xunto as súas familias se acheguen ata a praia, para desafiar as olas sobre a táboa de surf.

     Aquí vos deixamos unhas fotos fantásticas que vos poden animar a probar este deporte de aventura.

DINAMIZACIÓN ITERCENTROS

Xornada de Dinamización Intercentros en Horario Lectivo

Ceip Nº2 de Tui- Ceip Nº1 de Tui

28/03/14

 

O pasado  Venres 28 de Marzo de 2014, celebramos a 3ª Xornada de Dinamización intercentros C.E.I.P Nº2 de Tui- C.E.I.P Nº1 de Tui. Os cursos participantes foron a clase de 6ºB e a clase de 3ºA.

Nesta xornada participamos todos/as nenos/as en todos/as deportes: xogamos a balonmán, volei, bádminton, baloncesto, xadrez e fútbol-sala, fixémolo o mellor que pudemos, pasámolo moi ben.

Aquí podedes ver as nosas fotos e os resultados da xornada.

     

DEPORTE EN FAMILIA

Diego Rodríguez de 4º C práctica deporte en Familia

 

O alumno Diego Rodríguez de 4º C disfruta facendo o que máis lle gusta: “deporte”. Este gran atleta ao que lle gusta o balonmán o atletismo e o surf, tamén lle gusta disfrutar coa súa familia de outros deportes.

Como veredes nas fotos a Diego gústalle o Escalada, o Ciclismo, o Piragüismo, o Sendeirismo, o Patinaxe sobre Xeo… Este é o segredo para ser un gran deportista.

Gracias a súa aficción ao deporte e ao apoio da súa familia, Diego móstranos varios deportes, para que vos animedes a practicalos coas vosas familias tamén.

 

TENIS DE MESA

Tenis de Mesa 13-14.

Ceip Sobrada Tomiño. 2 de Abril de 2014

O vindeiro  mércores día 2 de Abril vai ter lugar a 2 º Xornada da competición  escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:30h, da presente campaña Deportiva en Sobrada.

O autobús sairá do Ceip Nº2 de Tui ás 15:55h e a volta será a carón das 20:00h. Teredes que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiverades e chandal do mesmo. Os nenos que vaiades a Sobrada directamente tedes que estar alí ás 16:15h.

Se tedes algunha dúbida podedes chamar ao teléfono: 650602161.

CLUB REMO TUI

Os remeiros do Club Remo Tui, acadan grandes resultados no Trial de Primavera de Banyoles a pasada fin de semana

Nuria Domínguez Campeona

     A expedición do Club Remo Tui trasladouse esta fin de semana, ata o Lago de Banyoles en Girona, para continuar cos seus éxitos no Trial de Primavera, regata en botes curtos onde só participan remeiros con opcións a entrar na selección Española, polo que é unha regata extremadamente competitiva.

     O domingo pola mañá celebráronse as finais, onde participaron Alfonso Riveiro e Diego das Dores na final C do dous sen timonel, entrando en cuarto lugar, posto 16 da xeral. Nesta final competían sobre todo remeiros con opcións a entrar na selección sub-23, que é o caso de Diego Das Dores.

     Na final A da mesma categoría, participaron Jesús González e Sergio Pérez, que foron os únicos en peso lixeiro desta gran final, rematando en sexto lugar e competindo contra remeiros en peso absoluto que quedaron cuartos no mundial do ano pasado, polo que é un gran resultado, tendo en conta que os mellores remeiros do estado presentáronse nesta categoría.

     E por último, as nosas chicas, coma sempre, deixándonos co mellor sabor de boca, participaron na final A do skiff absoluto feminino. Esmeralda Santos, que entraba en cuarto lugar, e Nuria Domínguez, que gañaba esta gran final, confirmando unha vez máis o seu alto nivel. Todos estes remeiros están facendo unha gran temporada, a pesar da falta de medios, como a necesidade urxente dun catro scull para poder competir no Campionato de España que se celebrará a finais de Xuño.

 

 

 

 

 

TENIS DE MESA

1ª Xornada de Tenis de Mesa

Mércores 25 de Marzo

Pav. Ceip Sobrada Tomiño

  No día de onte tivo lugar a 1ª Xornada da Competición escolar de Tenis de Mesa. Dita xornada foi clasificatoria e participaron na mesma 25 alumnos/as do noso centro. Foi unha xornada divertida onde todos os participaron deste deporte.

 

   Aquí vos deixamos algunhas fotos dos mellores momentos da xornada.

XOGAJUDO

Estela Fernández alumna de 3ºB do Ceip Nº2 de Tui participa no Campeonato XogaJudo Galicia 2014 

     A alumna Estela Fernández compartiu esta semana a súa medalla e alegría cos seus compañeiros de clase, pois viña de de participar, xunto a outros nenos/as do cole como ( Lara Gayoso, Antón, Marta González, Clara Pereira) no Campeonato XogaJudo Galicia 2014.

     Estes grandes campións acadaron todos unha medalla pola súa participación co equipo do Ceip Nº2 de Tui que participaba nesta edición.

     Noraboa e as nosas felicitacións a todo o equipo do Ceip Nº2 de Tui e aos mestres responsables de esta ctividade.

   

ATLETISMO

Eva Cid Medalla de Bronce en 1.500m no Campionato de España

Junior de Atletismo en Pista Cuberta en San Sebastián

 

A tudense Eva Cid, foi medalla de bronce en 1.500 m no Campionato de España Junior de Pista Cuberta celebrado en San Sebastián, esta fin de semana. A tudense afincada en Pontevedra polos seus estudos universitarios, entrena diariamente moi duro para poder estar na élite do deporte. Esta fin de semana no campIonato de España lograba a medalla de bronce.

As nosas felicitacións dende o Ceip Nº2 de Tui para ela e para o seu clube o Val Miñor.

Neste enlace podedes escoitar a súa entrevista no programa de Radio Tui “ Escoita Deporte” que se emitiu o pasado luns.

 

http://www.goear.com/listen/94daa6a/programa-46-eva-cid-escoita-deporte-rmt

 

 

PIRAGÜISMO

Liga Galega de Promoción de Piragüismo

do Club Kayak Tudense

 

     Nenos/as do noso colexio participaron a pasada fin de semana na liga Galega de Promoción de Piragüismo, na que participa o Club Kayak Tudense.

      Nesta xornada  Nuria Romero  de 6ºB  foi campeona na súa categoría, e Maever Rodríguez de 6ºB acabo una decimoséptima posición. Na categoría masculina Carlos Mansinho de 6º B remataba na sexta posición e Naím Rodríguez remataba na posición decimonovena.

      Noraboa para todos estes grandes e futuros piragüistas.

 

 

BALONCESTO

Liga de Baloncesto do Club Baloncesto Tui

 

     Os alumnos Jorge Prieto de 6ºB, Lois Alonso de 6ºA e Jorge Carballo de 5ºA, disfrutan no Club Baloncesto Tui, do seu deporte favorito o baloncesto. Neste Club están a xogar a liga federada na categoría Alevín. Moitos partidos que durante a liga lles permiten viaxar e disfrutar do baloncesto.

Noraboa e que acadedes o mellor resultado na liga.

 

 

 

PIRAGÜISMO

O Club Kayak Tudense, Campeón de España

   Sevilla 15-16 de Marzo 2014

 

O Club Kayak Tudense, proclamouse Campeón de España en Sevilla a pasada fin de Semana.  Gran noticia para o piragüismo galego e tudense, que ademáis, temos que engadir, que dito título viaxa a nosa cidade por noveno ano consecutivo.

 

Un merecido triunfo ao esforzo e sacrificio de todos os piragüistas e técnicos do clube, que permite que se perfile como candidato a ser o Mellor Clube Español de Piragüismo do ano 2014.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut