Skip to Content

Histórico

XOGOS OLÍMPICOS

Xogos Olímpicos de Inverno 2014
Sochi Rusia
do 7 ao 23 de Febreiro de 2014

Do 7 ao 23 de Febreiro estanse a levar a cabo os Xogos Olímpicos de Inverno, na cidade Rusa de Sochi. España conta con 20 participantes nestes xogos olímpicos, en deportes tan arriscados como: o Hockey sobre Xeo, Patinaxe, Esqui Alpino, Curling, Bobsleigh….
Podedes seguilo por teledeporte todos os días da semana o una web.

www.sochi2014.com



REMOERGÓMETRO

Lara e Iria Alvarez antigas alumnas do Ceip Nº2 de Tui

Campionas Galegas de Remoergómetro.

Ferrol 26 de Xaneiro 2014

As antigas alumnas do Ceip Nº2 de Tui Iria e Lara Alvarez, veñen de proclamarse Campionas Galegas de Remoergómetro, a pasada fin de semana en Ferrol.

Esta proba considerada de grande relevancia na modalidade de Remo Olímpico, supón a recompensa a toda unha temporada de duro esforzo e traballo deportivo.

Na proba de equipos participaron tamén as campionas Lucía González e Nuria Piña, que xunto a Lara e Iria fixeron a combinación perfecta para convertirse en campionas galega. Noraboa!!

 

 

V Campionato de España de Fondo- Trial de Inverno 2014

V Campionato de España de Fondo- Trial de Inverno 2014

Jesús González Campeón de España de Remo

  (Antigo alumno do Ceip Nº2 de Tui)

 

O pasado Domingo 2 de Febreiro, nas instalacións da Cecar da Catuxa de Sevilla, celebrouse o V Campionato de España de Fondo por clubes, na distancia de 6.000m-Trial de Inverno.

Jesús González, antigo alumno do Ceip Nº2 de Tui, proclamouse Campión de España na Categoría Absoluta Masculina de Remo 2 sen Timonel, xunto ao seu amigo e compañeiro de equipo Sergio Pérez. Estes dous remeiros pertencentes ao Club Remo Tui, acadaron a medalla de Ouro.

Así mesmo, Alfonso Riveiro pai do alumno Jesús Riveiro do Ceip Nº2, que tamén participaba en dita proba xunto ao seu compañeiro de equipo Diego das Dores e ambos, pertencentes tamén ao Club Remo Tui, remataron en décima posición.

Canda eles, o triunfo na categoría de Skiff Absoluto Feminina sería para a tamén deportista do Club Remo Tui, Nuria Domínguez, que se alzou coa medalla de Ouro.

Escoita a súa entrevista en escoita deporte:

http://www.goear.com/listen/45cdfed/programa-32-jesus-gonzalez-escoita-deporte-rmt

Noraboa por estes grandes éxitos, para estes grandes deportistas!

 

CAMPO A TRAVÉS

Carreira pola Integración.
Camping Santa Tecla.
9 Febreiro 2014

O vindeiro día 9 de Febreiro terá lugar o II Campo a Través pola Integración, organiza o Club Santa Tegra. Aquí vos deixamos información sobre as inscripcións e participación para todas as familias que vos animedes a participar cos vosos fillos.

 


II  CAMPO A TRAVÉS POLA INTEGRACIÓN
 Regulamento:
 1º - O Club Polideportivo  S.  Xerome, e S.A.Trega coa colaboura  da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia,  Concello da  Guarda, Concello  do  Rosal,   a Deputación Provincial  de Pontevedra e a FEGADDI,  organizan no Cámping Santa Tecla en A Guarda o  II  Campo A Través Pola Integración S.  Xerome, o próximo día 9 de febreiro de  2014.
2º - O horario de saída das carreiras ( e  distancias  aproximadas) será á seguinte:
10:00 – Prebenxamíns mulleres e homes (Nados anos: 2.008 y 2.007) 500 m
10:10 – Benxamíns  mulleres e homes (Nados anos: 2.006 y 2.005) 500 m
10:20 – Alevíns mulleres e homes (Nados anos: 2.004 e 2.003) 1.000 m.
10:30 – Infantiles mulleres e homes (Nados anos: 2.002 e 2.001) 2.000 m.
10:40 – Cadetes mulleres e homes (Nados anos: 2.000e 1.999) 2.500 m.
10:55 - Xuvenil/Júnior mulleres e homes, (Nados anos: 1.998/97 e 1.996/95) 4.000 m.
11:45 - Sénior feminina, (Nados anos: 1.994/93/92/91 ou antes) 6.000 m.
12:15 –  Sénior homes, (Nados anos:1.994/93/92/91 ou antes) 10.000 m.
3º - O campo a través será popular e federado. Os atletas con discapacidade mulleres correrán na categoría cadete, e os homes na categoría Xuvenil/Júnior.
4º - O prazo de inscricións péchase o día antes da celebración da proba.
 5º- O control e dirección das carreiras estará a cargo dos voluntarios do S.  Xerome e S.A.Trega.
 6º - As inscricións, serán ilimitadas e deberán efectuarse por correo electrónico correo@sanxerome.com, ou  no  teléfono 692 100 182 a partir das 16 horas.  Enviarase : Nome, Apelidos, DNI,nº Ficha   para os Federados, Club, Data nacemento, teléfono ou e-mail de contacto.
 7º - En todas as carreiras haberá unha clasificación por categorías de ambolos dous sexos.Enviaranse por correo electrónico ou no día da proba se aportan un pendrive. Os premios serán trofeos  os tres primeiros clasificados de cada categoría.
 8º - Serán gañadores do  II Campo a Través Pola Integración a primeira atleta clasificada da carreira  sénior feminina e o primeiro atleta clasificado da carreira  sénior masculina
 9º - Os participantes correrán cos gastos de desprazamento.
10º - Todos os dorsais dos atletas serán entregados polo club organizador no momento da confirmación, que se realizará como mínimo media hora antes do comezo de cada carreira, debendo os atletas respectar, de habela, a publicidade impresa.
11º - Os participantes nas carreiras deberán pasar por cámara de chamadas ata 15 minutos antes da hora de comezo das súas carreiras.
 12º - Dado o carácter popular non se admiten reclamacións. Admitiranse propostas e criticas, agradecendo que sexan por escrito.
 13º - O Club deportivo S.  Xerome e S.A.Trega e os seus colaboradores non se fan responsables sobre os posibles danos que co motivo da competición poidan sufrir os participantes ou ocasionar a outros, sen prexuízo dos dereitos que lle puidesen corresponder ante a compañía aseguradora correspondente.
 14º - O feito de inscribirse neste campo a través, implica a total aceptación do preceptuado no presente regulamento.


                        A Guarda, Decembro 2013

1ª Xornada de Bádminton

1ª Xornada de Bádminton

Categoría Alevín

Pavillón de Randufe

Martes 21/01/14 

     Este martes día 21 de Xaneiro de 2014, tivemos a 1ª Xornada de Bádminton, para a categoría alevín, Pav. do Ceip Randufe. Nesta xornada participaban tamén os Ceip de Randufe, o Ceip Nº1 de Tui, o Colexio Sta María Maristas e o Ceip de Sobrada. Nesta ocasión levamos a cabo os partidos correspondentes a liga de cruces. Xa que na seguinte xornada que xogaremos o vindeiro martes, día 4 de Febreiro. Nesta xornada decidirase a clasificación para xogar as finais coa zona de Tomiño. Aquí vos deixamos unhas fotos, do ben que xogamos os participantes do Ceip Nº2 de Tui.

 

 
     

Xornada de Dinamización Intercentros

Xornada de Dinamización Intercentros en Horario Lectivo

Ceip Nº2 de Tui- Cep Altamira de Salceda

22/01/14 

Hoxe mércores 22 de Xaneiro de 2014, celebramos a 1ª Xornada de Dinamización intercentros C.E.I.P Nº2 de Tui- C.E.P. Altamira de Salceda. Os cursos participantes foron a clase de 4ºC e a clase de 5ºA. Nesta xornada participamos todos/as nenos/as en todos/as deportes: xogamos a balonmán, volei, bádminton, baloncesto, xadrez e fútbol-sala, fixémolo o mellor que pudemos, pasámolo moi ben. Aquí podedes ver as nosas fotos e os resultados da xornada.

TÁBOA DE CLASIFICACIÓN

Campeonato de España júnior de Ciclocross 2014

Raúl Fernández demuestra su valía

 El rosaleiro se proclama campeón - Galicia sumó cuatro medallas
redacción | vigo 14.01.2014 | 01:06
Raúl Fernández muestra una bandera de su concello en el podio.
El ciclista de O Rosal, Raúl Fernández se proclamó Campéon de España de Ciclocross en la categoría júnior en la prueba que se desarrolló el domingo, en la localidad castellonense de Segorbe. Fernández partia como uno de los favoritos al triunfo, ya que estuvo siempre en las primeras posiciones del ranking nacional a lo largo de la temporada.
La carrera comenzó con Diego Sevilla tomando la iniciativa mientras que el gallego seguía su rueda. Los marcajes permitieron hacer un grupo de seis unidades conjuntamente con dos vascos y dos valencianos que poco a poco se fueron escapando.
En la penúiltima vuelta, Sevilla y Fernández pusieron distancia con Aldanondo y Martín para jugarse el título entre ellos, con permiso de los valencianos Linares y Martínez.
Después del último paso por meta, Sevilla fue víctima de un pinchazo y Raúl se quedó sólo con la oposición de los valencianos. Su ataque final le valió la victoria.
El rosaleiro sumó la cuarta medalla para el ciclocross gallego en estos campeonatos de España, conseguidas por jóvenes valores (Desirée Duarte, Irene Trabazo y el equipo de relevos).

Remo

X Regata Miño Internacional de Remo
Domingo 19 de Xaneiro 2014 12:00h
Centro Interfederado Tui

 


O vindeiro domingo día 19 de Xaneiro terá lugar a Regata Miño Internarional de Remo, que se organiza en Tui.

Nesta xornada participaran os remeiros tudenses, moitos deles antigos alumnos do colexio, tamén estarán presentes importantes remeiros/as nacionais e internacionais.

Percorrido de 6.000m.
Saída: Ás 12:00h San Pedro da Torre, enfrente Aromrín e río a  riba rematará diante das instalacións do Centro Interfederado de Remo.

Meta: Ás 12:15h comezarán a chegar as primeiras embarcacións ás Instalacións do Centro Interfederadro de Tui.

Teremos oportunidade de disfrutar de embarcacións 4X Abs Feminino, 4X Abs Masculino e a embarcación raiña o 8+ con Timonel.
Participa Club Remo Tui e Club Remo Miño,
Organiza: Excma. Diputación de Pontevedra, Excmo. Ayuntamiento de Tui y Club Remo do Miño.

Deporte en Familia

 

Proposta para este Trimestre

Parada de Sil ( Ourense)

Propoñemos este trimestre unha actividade deportiva en familia,  Parada de Sil ( Ourense). Descobre as paisaxes no corazón da Ribeira Sacra en Ourense, onde prácticar en familia: Sendeirismo, BTT, Canoa…

        Esta Ruta de lugares de interese proponche nove enclaves onde sentir a paisaxe, a cultura e a historia desta terra. Recorda que todos eles pertencen aos habitantes de Parada de Sil.

      Deixámosvos unhas fotos e información dos roteiros que podedes visitar e disfrutar. Tamén vos deixamos un enlace de interese ao Concello de Parada de Sil, donde podedes atopar toda a información para a vosa viaxe en familia. http://www.paradadesil.es/

 

 

 

 

2ª Xornada de Volei

    O pasado mércores, día 4 de decembro, tivo lugar a 2 xornada de volei, como podedes ver nas fotos. Os nenos/as do CEIP Nº2 de Tui gañamos moitos partidos e agora preparámonos para a última xornada con moita ilusión.

 

 

1ª Xornada de Volei en Randufe

    O pasado mércores 20 de Novembro  tivo lugar a 1ª Xornada de volei no pavillón de Randufe. O noso cole participou con 4 equipos benxamíns e 1 alevín, aquí vos deixamos algunhas fotos e o enlace a moitas máis.

www.agrudebam.es

 

 

 

II Gala do Deporte Tudense

 

 

    O CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui aproveita para felicitar ás persoas e entidades galardoadas  na gala do deporte de Tui, en especial a aquelas vinculadas ao centro educativo.

 

    O día 29 de novembro celebrouse a II Gala do Deporte en Tui, na que a nosa Agrupación recibiu un recoñecemento con MENCIÓN ESPECIAL A OUTRAS ENTIDADES.

    Estamos encantados con este galardón, que valora o traballo dende hai anos de todos os que formamos parte deste grupo,  a base de ilusión, entusiasmo e tempo roubado ás nosas vidas privada.


    Que exista un calendario de actividades deportivas tan extenso como  o noso - un dos máis amplos e mellor xestionados das Agrupacións Deportivas de Galicia- é soamente grazas ao esforzo da nosa xente, á colaboración dos concellos e entidades locais e, sobre todo, ao entusiasmo  dos escolares por participar no campo a través, voleibol, bádminton, tenis de mesa, duatlon, biatlon, atletismo divertido, dinamizacións en horario escolar... e no que se lles ofreza.
Moitas Grazas! 

 

Así mesmo foron galardoados nesta gala os antigos alumnos do Colexio:

 

Iván Alonso. MELLOR DEPORTISTA MASCULINO

Ana Rodríguez. MENCIÓN ESPECIAL Á CARREIRA DEPORTIVA.

Uxía Pérez.MELLOR DEPORTISTA PROMESA FEMININA.

 

Noraboa!

 

 

 

 II Gala do Deporte Tudense

 

   O pasado Venres día 29 de novembro, celebrouse no Teatro Municipal de Tui a segunda edición da Gala do Deporte Tudense, acto no que se recoñeceu aos deportistas e entidades deportivas máis destacadas do presente ano.
  Nesta segunda edición, o xurado encargado de decidir os galardoados estivo integrado por Nicolás Lorenzo, concelleiro de deportes de Tui; Rosendo Bugarín, médico e deportista tudense, colaborador con varios clubs e probas deportivas no noso concello, director de procesos sen ingreso e urxencias da área sanitaria de Lugo-Cervo-Monforte, membro do Comité Autonómico de Ética da investigación clínica e vocal da xunta directiva do Colexio Oficial de Médicos da Coruña; Enrique Míguez, padeeiro e medallista olímpico; Eduardo Sousa, xerente deportivo, que foi presidente e adestrador do Club Kayak Tudense, árbitro de baloncesto da primeira división nacional, e comentarista deportivo en diferentes medios de comunicación; e Justi Peixoto, director do programa deportivo "Escoita Deporte" da RMT.
   Nesta segunda gala, amais dos premios aos mellores deportistas tudenses do 2013, houbo tamén un recoñecemento honorífico a diferentes persoas que traballaron durante moitos anos en pro do deporte tudense.
   Para o concelleiro de deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, con este evento ponse o broche final a un ano excelente no ámbito deportivo por importantes galardóns para os deportistas tudenses, froito do seu esforzo e dun amplo tecido asociativo que garante este alto nivel no deporte tudense.
 
  A gala contou coa actuación de tres grupos deportivos, que xunto aos vídeos dos premiados e o homenaxe a distintas persoas que traballaron en pro do deporte tudense durante moitos anos, conformaron un acto sinxelo e emotivo.

PREMIOS DE HONRA 2013:
- Juan Carlos Solla Fernández
- Segundo González González
- Juan José Ricón Soliño
- Julio Sousa Pérez
- J. Manuel Quintana Álvarez
- Juan Ramón Alonso Solleiro
- José Martínez Tato
- José Prada Álvarez
AGRUDEBAM - Agrupación Deportiva do Baixo Miño
MELLOR FIRMA COMERCIAL OU ENTIDADE COLABORADORA - Thermalia Tui
MELLOR CLUBE OU ENTIDADE NO FOMENTO DO DEPORTE BASE - Club Baloncesto Tui
MELLOR DEPORTISTA PROMESA MASCULINO - Luís Fernández
MELLOR DEPORTISTA PROMESA FEMININA - Uxía Pérez
MELLOR CLUBE OU ENTIDADE DEPORTIVA - Clube Balonmán Tui
MELLOR ADESTRADOR - Manuel Pedrares do Kayak Tudense
MENCIÓN ESPECIAL Á CARREIRA DEPORTIVA - Ana Rodríguez
MELLOR DEPORTISTA FEMININA - Leticia Fernández
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO - Iván Alonso Lage

Noraboa a todos!

https://plus.google.com/photos/109772694427697704633/albums/5951840719886846433?banner=pwa

 

BALONCESTO

Os alumnos Artur, Diego e Santi do noso cole,forman parte do equipo Benxamín do equipo C.B. Tui. Estas pequenas promesas do baloncesto xogan cada fin de semana, moitos partidos do seu deporte favorito. Desexamoslles sorte na liga.

1º XORNADA DE VOLEI


Onte mércores 20 de Nov levouse a cabo a 1ª xornada de Volei no pav do Ceip Randufe. Participaron do noso cole 4 equipos prebenxamíns e 1 equipo alevín. Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos cos nenos dos outros colexios. Tamén podedes ver os videos da xornada en www.agrudebam.es

Distribuir contido


by Dr. Radut