Skip to Content

REMO

Campeonato de España de Remo Olímpico

Lago Banyoles Girona

20-21-22 de Xuño de 2014

     Este fin de semana celebrouse no Lago de Banyoles (Girona) o Campeonato de España de Remo Olímpico, onde o Club Remo Tui, formado por varios antigos alumnos do colexio, acadou uns satisfactorios resultados.

     Un ano máis as nosas chicas do catro scull senior femenino proclamáronse campeonas de España, tripulación formada por Nuria Dominguez, Esmeralda Santos, Mª Cristina Gonzalez e Feli Rodriguez.Pouco despois Esmeralda e Nuria subían o podio quedando subcampeonas de España no doble scull senior femenino.

     En senior masculino, Jesús Gonzalez e Sergio Perez acadaban a segunda posición no dous sin cun tempo de 6:30, sendo superados por menos de 2 segundos por Rem Tortosa, tripulación que quedou en 4º lugar no Campeonato do Mundo en peso absoluto.

     Tamén moi bos resultados fóra do podium, 5º posición para o doble scull senior masculino, tamén 5º posición en skiff xuvenil masculino, e por primeira vez representación dun clube galego no oito con timonel senior femenino, acadando a 4ª posición, resultado moi satisfactorio para toda a tripulación a pesar dos problemas durante a temporada para poder realizalo. En veteranos bronce en catro con Timonel e en oito  e 5ª posición en catro scull veterano masculino.

 



page | by Dr. Radut