Skip to Content

Xaneiro 2019

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 18-19

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 18-19

 O vindeiro martes 29 de xaneiro, dará  comezo a competición escolar de Bádminton para  a   Categoría Benxamín ( 3º e 6º) e Infantil (Repetidores de 6º). Dita xornada será no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:15h. Tod@s @s participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio, se  tiveran, e chándal do mesmo. @s nen@s que vaian a Randufe directamente, terán que estar alí ás 16:30h. Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

Deporte en Tui. Club Balonmán Tui

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do Clube Balonmán de Tui xoga na  liga da temporada 18/19. O pasado 26 de xaneiro de 2019, os nosos deportistas tiveron unha nova xornada contra o equipo de Chapela A. Neste equipo xogan e desfrutan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.

 Os parciais foron: C.B.Tui - Chapela A: 6-4/4-4/6-8/6-4

Moi bo partido, onde o equipo de Tui foi superior e gañou. 

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 5ºA. Grazas

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 18-19

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 18-19

O pasado martes 22 de xaneiro, deu  comezo a competición escolar de Bádminton. A 1ª xornada da Categoría Alevín ( 5º e 6º) foi no Pavillón do Ceip Randufe. Aquí vos deixamos as fotos dunha tarde divertida xogando ao bádminton que compartimos cos nosos amigos/as do Ceip Randufe e Ceip Nº1 de Tui.

1ª Xornada de Bádminton Alevín. Curso 18-19

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 18-19

O vindeiro martes 22 de xaneiro, dará  comezo a competición escolar de Bádminton. A 1ª xornada da Categoría Alevín ( 5º e 6º) será no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:15h. Tod@s @s participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio, se  tiveran, e chaándal do mesmo. @s nen@s que vaian a Randufe directamente, terán que estar alí ás 16:30h. Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

CAMPO A TRAVÉS O ROSAL

CAMPO A TRAVÉS O ROSAL

Sábado 19 de Xaneiro de 19.

A proba de campo a través no Rosal tivo lugar o  pasado sábado 19 de Xaneiro de 2019 no campo de fútbol de A Canosa, no esteiro do Miño.

Celebráronse 8 carreiras, participando en cada unha delas as distintas categorías e sexos:

Benxamín, alevín,  infantil e cadete, tanto feminino como masculino. Noraboa aos participantes.

Atoparedes información detallada en Agrudebam. Aquí vos deixamos algunhas fotos da xornada.

 

Deporte en Tui. Club Balonmán Tui

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do Clube Balonmán de Tui xoga na  liga da temporada 18/19. O pasado 19 de xaneiro de 2019, os nosos deportistas tiveron unha nova  xornada contra o equipo de Porriño B. Neste equipo xogan e desfrutan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.

 Os parciais foron: Porriño B-C.B.Tui B: 4-3/4-4/4-2/2-6

Moi bo partido, onde o equipo de Porriño foi superior e gañou. O importante é o entusiasmo e a ilusión coa que xoga este gran equipo

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 5ºA. Grazas.

DEPORTE ESCOLAR. Dinamización Intercentros Ceip Nº2-Ceip Goián

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Goián

Curso 18-19

venres  día 18 de xaneiro de 2019

O pasado venres día 18  de xaneiro de 2019 tivo lugar no pavillón vello de Tui, a 3ª Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Goián. A xornada levouse a cabo de 9:15 a 13:45h no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes foron 4ºC e 6ºB. Aquí vos deixamos as fotos dos bos momentos vividos e xogados cos amigos/as do Ceip Pintor Antonio Fdez de Goián. Grazas por facer posible unha xornada onde todos e todas o pasamos moi ben xogando a minibalonmán, minibaloncesto, minivoleibol, bádminton e fútbol-sala.

 

Deporte en Tui. Club Balonmán Tui

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui comezou a xogar a  liga da temporada 18/19 da competición. O pasado 15 de Xaneiro de 2019, os nosos deportistas xogaron, unha nova  xornada contra o equipo da S.A.R. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.

 Os parciais foron: S.A.R-C.B.Tui B: 4-5/4-4/2-3/4-3

Moi bo partido, onde o equipo de Tui foi superior e gañou, colocandose primeiro na liga. Noraboa equipo.

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 5ºA. Grazas

Dinamización Intercentros Ceip Nº2-Ceip Goián

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Goián

Curso 18-19

venres  día 18 de xaneiro de 2019

 O vindeiro venres día 18  de decembro de 2019 terá lugar no pavillón vello de Tui, a 3ª Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Goián. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 4ºC, 6ºB. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.

CAMPO A TRAVÉS O ROSAL

CAMPO A TRAVÉS O ROSAL

Sábado 19 de Xaneiro de 19.

A proba de campo a través no Rosal terá lugar o vindeiro sábado 19 de Xaneiro de 2019 no campo de fútbol de A Canosa, no esteiro do Miño.

Celebráranse 8 carreiras, participando en cada unha delas as distintas categorías e sexos:

Benxamín, alevín,  infantil e cadete, tanto feminino como masculino.

Atoparedes información detallada en Agrudebam.

PROBA CAMPO A TRAVÉS

Campo de fútbol da Canosa O Rosal

O Vindeiro Sábado día 19 de xaneiro

Será en  horario de mañá. Vai ter lugar a proba de Campo a Través da presente Campaña Deportiva, organizado pola Agrupación Deportiva Baixo Miño en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte,  nas Instalacións do Campo de Fútbol da Canosa en O Rosal. A saída do bus para tódolos nenos/as que participan nesta competición será: ás 9:00h no C.E.I.P. Nº 2 de Tui, 9:05h nas paradas de Rafi,Rotonda e Areas. Prégase puntualidade porque a esta hora sairá o bus sen retraso. 

Os/as nenos/as que queiran participar en dita xornada deberán traer a notiña  que adxuntamos asinada antes do vindeiro venres día 15 de xaneiro de 2019, coa mesma autorizo a que o Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui  inscriba ao alumnado participante na proba ( nome, apelidos, data de nac, …) e que estes datos estén a disposición das entidades organizadoras :  Xogade,  Agrudebam, Erasmus+…Para os nenos/as de Bornetas e Areas se fose necesario o autobús pasaría polas paradas.

CALENDARIO BÁDMINTON. AUTORIZACIÓNS

DEPORTE ESCOLAR.

Competición de Bádminton 

Curso 18-19

 

O Vindeiro martes día 22 de  Xaneiro dará comezo a competición escolar de Bádminton, a 1ª xornada Alevín, terá lugar no Pavillón do Ceip Randufe para os/as alumnos/as de 5º e 6º. O horario dos partidos será de 17:00h a 19:30h.  Para participar en dita xornada o prazo de inscripción rematará o vindeiro venres día  18 de Xaneiro. As próximas xornadas serán o martes día 5 de febreiro e a xornada final o Mércores 20 de Febreiro. Aquí podedes descargar a folla de inscripción Alevín.

O Vindeiro martes día 29 de  Xaneiro dará comezo a competición escolar de Bádminton, a 1ª xornada Benxamín e Infantil, terá lugar no Pavillón do Ceip Randufe para os/as alumnos/as de 3º,4º e repetidores de 6º. O horario dos partidos será de 17:00h a 19:30h.  Para participar en dita xornada o prazo de inscripción rematará o vindeiro venres día  18 de Xaneiro. As próximas xornadas serán o martes día 5 de febreiro e a xornada final o Mércores 20 de Febreiro. Aquí podedes descargar a folla de inscripción Benxamín e Infantil

Aquí podedes descargar o calendario de competición.

Festival de Nadal de Patinaxe

Festival de Nadal de Patinaxe en Tui

O Club de Patinaxe Artístico Ribex, en colaboración co Concello de Tui, organizou o pasado domingo, 20 de decembro, ás 18h no novo pavillón deportivo municipal de Tui o Festival de Nadal de Patinaxe.No que participaron moitos alumn@s do noso centro 

 

Neste festival realizaron exhibicións os grupos de competición do club e das escolas deportivas de patinaxe, así como outros participantes de Tomiño e Mos. Aquí vos deixamos unha foto das medallas que conseguiron algunhas das participates nesta xornada, que ao igual que todos os seus compañeiros disfrutaron moito desta xornada.

Moitas grazas ao club Ribex por organizar eventos tan interesantes coma este.



by Dr. Radut