Skip to Content

Abril 2023

Deporte na Escola

▷ Voleibol: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!DEPORTE ESCOLAR.▷ Voleibol: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!

Volei Curso 22-23

O mércores día 3 de maio,  terá lugar a derradeira xornada de competición escolar de volei, no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:05h do colexio, pasará por Rafi, rotonda Bornetas e rotonda Igrexa Areas. A volta será aproximadamente ás 19:30h. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran, chandal do mesmo, merenda e auga. Os/as  nenos/as que vaian a Randufe directamente terán que estar alí ás 16:30h. Para calquera dúbida poderán chamar ao teléfono: 650602161 e tamén atoparán máis información na web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar

Deporte na Escola

DEPORTE ESCOLAR.Gifs animados de deportes | Historia de cristobal colon ...

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Altamira de Salceda.

Curso 22-23

Xoves día 4 de maio de 2023

 O vindeiro xoves  día 4 de maio de 2023,  terá lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Altamira de Salceda. A xornada levárase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente, no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 6ºA/6ºB, 3ºB. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chándal ( o do cole se tiveran), equipaxe do mesmo, mochila de Educación Física e merenda.

Deporte na Escola

▷ Voleibol: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!DEPORTE ESCOLAR.▷ Voleibol: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!

 

Volei Curso 22-23

 

O pasado mércores día 26 de abril de 2023, deu comezo a competición escolar de Volei. A xornada levouse a cabo no Pavillón do Ceip Randufe. O CEIP Nº2 de Tui participou con dous equipo da categoría alevín e tres na categoría benxamín. Unha xornada que compartimos co alumnado do CEP Pedro Caselles de Tomiño, CEIP Neira Vilas de Gondomar, CEIP Rebordáns e IES Antón Alonso Rios de Tomiño.

Aquí vos damos conta da xornada. 

 Poden atopar máis información en www.agrudebam.es ou na web do cole na sección Deporte no2/Deporte na Escola/Volei.

Aliméntate ben

Programas 2022/23 | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadXornadas de FormaciónProxecto Nutriescolas 1: Manual para a elaboración dos proxectos dirixidos  a educación primaria | Librería Institucional de la Xunta de Galicia Nutriescolas 1 para mestres.

Formación virtual.

26 de abril de 2023.

O pasado 26 de abril de 2023, profesarodo coordinador do Plan Proxecta+ Aliméntate máis, asistiu a unha xornada virtual de formación. Nesta formación perfilaronse as directrices das memorias de actividades a entregar, participouse en experiencias escolares de todas as escolas de Galicia e comentáronse propostas de mellora.

Unha proposta moi interesante para enriquecer recursos e esperiencias, grazas á Consellería de saúde pública, por oportunidades coma esta.

Emocións

Viaxando polo país das emocións

Alumnado de 1º

O ALUMNADO DE 1º viaxou polo país das emocións. Contouse o conto da empatía sobre a conciencia emocional...

Realizaronse actividades como a caixa da calma, ginkama das emocións...

Actividades  fundamentais para un grupo moi activos, que continuamente demandaba, baixar a intensidade e volver a calma. Tamén se centrou o traballo na resolución de conflictos.

Deporte na Escola

▷ Voleibol: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!DEPORTE ESCOLAR.▷ Voleibol: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!

Volei Curso 22-23

O vindeiro mércores día 26 de abril de 2022, dará comenzo a competición escolar de Volei. As 3 xornadas que terá a Competición Escolar este curso, serán mércores día 26 de abril e  3 e 10 de maio,  no Pavillón do Ceip Randufe . O horario dos partidos será o seguinte: 16:30h a 19:30h. Para participar en ditas xornadas o prazo de inscripción rematará o  vindeiro venres 21 de abril. Para os nenos/as de Bornetas e Areas se fose necesario o autobús pasaría polas paradas.

 Poden atopar máis información en www.agrudebam.es ou na web do cole na sección Deporte no2/Deporte na Escola/Volei.

Aquí podemos descargar a folla de inscripción.

Deporte en Tui

Carreira Popular de San Telmo 23

Sábado 15 de Abril 2023 ( Tui ).

             O pasado sábado de San Telmo, día  15  de Abril de 2023, a partires das 11:00h, tivo lugar a Carreira Popular de San Telmo 2023.  Dita xornada estivo destinada os/as nenos/as  e adult@s  que se animaron participar. A proba estivo organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia en colaboración co Concello de Tui.

Aquí vos deixamos as fotos da xornada. A nosa noraboa a tod@s   @s participantes, familias e sobretodo á fantástica organización.

Deporte na escola

COMPETICIÓN DE LOITA PARA 4º CURSO.

13 de abril de 2023

Pav. Vello Tui.

O xoves 13 de abril de 2023, terá lugar para o alumnado de 4º de Educación Primaria, dos centros educativos de Tui. O horario será de 10:30 a 13:00h no Pavillón Vello de Tui. Na xornada levaranse a cabo distintos xogos de iniciación á defensa persoal. Todo o alumnado deberá traer equipación deportiva do colexio, chándal do mesmo e merenda. Todas as familias están convidadas a presenciar a actividade. Premede na seguinte imaxe para ver o vídeo da competición. 



by Dr. Radut