Skip to Content

Maio 2021

A Volta ao Mundo de Lúa Un agasallo a final de curso.

A Volta ao Mundo de Lúa

Un agasallo a final de curso.

Á volta do mes de Maio, tivemos una bonita sorpresa de Lúa, contándonos noticias de como segue a súa viaxe dando a volta ao mundo.

Coas nosas millas xa se atopa en China. Dende alí enviounos un agasallo que usamos para xogar no recreo: Pelotas !. Que ledicia!.

 

 Agora xogamos coas pelotas, coa corda e a goma para poder pasalo ben durante ese ratiño de lecer. Agradecémolo moito sobre todo este ano que os recreos son tan diferentes aos de outros anos.

Baile Galego

Baile Galego.

Este curso, aprendemos e investigamos sobre o noso folclore e tradicións. Tui e o noso entorno contan cunha riqueza incalculable nese senso. A cantidade de Asociacións Culturais, grupos e bandas de gaitas, de baile coas que conta, fan posible que a nosa cultura, os nosos bailes se transmitan de xeneracións a xeneracións. Aquí vos deixamos un documento no que podemos saber un pouco máis das tradicións de Galicia.

Baile Galego na casa

Baile Galego na Casa

Esta semana empezamos con Baile Galego. Aquí vos deixamos os vídeos da muiñeira cos picados e cos puntos. Van sen música para que esta semana practiquedes moitas veces e pouco a pouco. A vindeira semana xa será con música e esperamos as vosas produccións.

O teu navegador non soporta este vídeo.

Vídeos Muiñeira
Vídeo Picados Vídeo Puntos
Pinchade encima da foto e podedes acceder á música de " Muiñeira Arumieira" do Grupo Arume de Malvas. Esta peza serve para que practiquedes os picados e os puntos con música . Animádevos a probar.

A música e o baile galego son expresións da cultura galega, que crean unha identidade propia aos galegos. É moi importante que se vaia transmitindo ao longo das diferentes xeneracións. Vos @s nen@s do colexio Nº2 de Tui, podedes ser os que aprendades a tocar e a bailar música galega, en bandas de música tradicional ou grupos de baile tan importantes como é Arume de Malvas ou todos os que hay en Tui: A banda de gaitas de Paramos, o Grupo Inquedanzas de Pazos de Reis, A banda de gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei,Grupo Laxes de Paramos, O Mosteiro de Peregueiro, Xuntanza de Randufe, San Fins de Rebordáns, Santa Columba de Ribadelouro, Seixos Albos de Areas, Val de Flores de Baldráns, Caldelas e o Grupo do Traxe Tradicional de Tui.

Sería estupendo que vos animásedes a ir probar, seguro tocades e bailades moi ben. 

Elia de 4ºA, xa estivo ensaiando os puntos e faino xenial. Parabéns Elia.

Xenxo de 4ºA, tamén se animou a ensaiar os puntos e faino fantástico. Moi ben  Xenxo.
Uxía de 6ºA, tamén se animou a ensaiar, fai a muiñeira de maravilla. Parabéns Uxía.
Sara de 3ºB, tamén se animou a ensaiar, fai a muiñeira de maravilla. Parabéns Sara.
Ruth de 6ºC, tamén se animou a ensaiar, aquí vos deixamos a súa foto. Parabéns Ruth.
 
Kevin de 6ºB, prácticou a muiñeira moi ben, aquí vos deixamos as súas fotoa. Parabéns Kevin.
     

Elia de 4ºA, preparou a muiñeira completa. Fantástico traballo. Parabéns Elia.

Aarón de 6ºC, tamén se animou a ensaiar, aquí vos deixamos o seu vídeo. Parabéns Aarón.
Irene de 5ºB achéganos as súa foto practicando baile galego. Moi ben Irene.
 
Andrea de 5ºA achéganos o seu vídeo practicando baile galego. Fantástico Andrea.
 
César de 4ºB, tamén se animou a ensaiar, aquí vos deixamos o seu vídeo. Parabéns César.
Julián de 4ºB achéganos o seu vídeo practicando baile galego. Fantástico Julián.
Kevin de 6ºB achéganos o seu vídeo practicando baile galego. Moi ben Kevin.
Manuel de 6ºC achéganos o seu vídeo practicando baile galego. Parabén Manu.
Hugo de 5ºB achéganos o seu vídeo practicando baile galego. Fantástico Hugo.
Sara de 3ºA, tamén se animou a ensaiar a muiñeira e faino fantástico. Moi ben  Sara.
Xenxo de 4ºA achéganos o seu vídeo practicando baile galego. Moi ben Xenxo.
Paula 6ºA achéganos o seu vídeo practicando baile galego. Moi ben Paula.

Día das Letras Galegas. 17 de Maio 21

Día das Letras Galegas.

17 de Maio 21

Baile Galego.

Para conmemorar o día das letras galegas, practicamos a Muiñeira, o baile tradicional más importante de Galicia. Aprender e poder transmitir o noso folclore e a nosa cultura é un dos obxetivos máis importantes de este día. O alumnado do CEIP Nº2 de Tui a ritmo de muiñeira, queremos compartir con todos vos un anaquiño de Galicia a nosa terra.

 
 
 "Dia das letras Galegas" (Galician bank holiday)
 
In order to celebrate this important day in our region, students from our school practice our most famous dance "A Muiñeira". They had a great time dancing and learning this popular dance.

Campión de España de Kung-Fu Xoel González Nogueira de 3º.

Campión de España de Kung-Fu

Xoel  González Nogueira de 3º

Cuenca 8 de Maio 21.

O pasado sábado 8 de maio de 2021, celebrouse en Cuenca o Campionato de España de Kung-Fu. Neste campionato participou Xoel de 3º co Club Disom de Tui. Despois de toda a competición, Xoel converteuse en Campión de España.  Grazas a súa familia e ao seu club podemos compartir con todos vós as fotos de este importante momento.

Noraboa Campeón! 



by Dr. Radut