A Volta ao Mundo de Lúa Un agasallo a final de curso.

A Volta ao Mundo de Lúa

Un agasallo a final de curso.

Á volta do mes de Maio, tivemos una bonita sorpresa de Lúa, contándonos noticias de como segue a súa viaxe dando a volta ao mundo.

Coas nosas millas xa se atopa en China. Dende alí enviounos un agasallo que usamos para xogar no recreo: Pelotas !. Que ledicia!.

 

 Agora xogamos coas pelotas, coa corda e a goma para poder pasalo ben durante ese ratiño de lecer. Agradecémolo moito sobre todo este ano que os recreos son tan diferentes aos de outros anos.