Skip to Content

Maio 2017

O equipo de Balonmán feminino da Guarda Campión nacional de Liga

O equipo de Balonmán feminino da Guarda

Campión nacional de Liga

O pasado sábado, 27 de maio, o equipo guardés de balonmán feminino fixo historia, ao proclamarse campión da liga nacional de balonmán.

Un partido que se vivíu con moita intensidade e agarimo entre os afeccionados ao mundo do Balonmán.

Maya alumna de 6ºB vivíu esta experiencia en primeira persoa, no pavillón da Guarda animando con todas as súas forzas ao equipo anfitrión. Aquí vos deixamos fotos e videos dos momentos vividos alí.

A Nosa noraboa a estas campionas, por facer un club grande de balonmán feminino

 Información facilitada pola familia de Maya de 6ºB. Moitas gracias

 

 

 

PROVINCIAL DE BÁDMINTON

Campionato Provincial Escolar de Bádminton

Curso 16/17

O pasado domingo, 28 de  maio tivo lugar o Campionato Pronvincial Escolar de  Bádminton, no Pavillón Alvaro Pino de Ponteareas. Do noso centro participou Claudia de 4ºA como representante do cole e Noa de 4ºC como representante do Club Bádminton Tui. Ambas formaron parte do equipo benxamín de Agrudebam xunto a outros nenos dos colexios do Baixo Miño. Na súa categoría foron subcampións provinciais e  medaia de prata.

A nosa noraboa a estes grandes campións e a todos os participantes na xornada.

DINAMIZACIÓN INTERCENTROS

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Pazos de Tui

Curso 16-17

venres día 26 de maio de 2017

 

O pasado, venres  26 de maio de 2017, tivo lugar no pavillón vello de Tui a Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Pazos de Reis. Na que participanron os alumn@s de 6ºA e 4ºA,

Aquí vos deixamos algunhas fotos do ben que o pasamos e do que disfrutamos durante a mañá.

COPA DO MUNDO DE PIRAGÜISMO

Brais Casás,  Roi Rodríguez e Manu Garrido, padeeiros do Club Kayak Tudense participarán na Copa do Mundo de Szeged ( Hungría).

 

Varios padeeiros do Club Kayak Tudense, participaran na Copa do Mundo que terá lugar en Szeged ( Hungría). Algúns deles xa estiveron presentes na Copa do Mundo que tivo lugar en Montemor Velho a pasada fin de semana do 20-21 de maio de 2017.

Dende o noso equipo de Deporte no 2, desexarlles moita sorte.

Podedes atopar máis información en: http://www.infominho.com/index.php/id/54/objeto/33680/claves/Los%20palistas%20del%20Kayak%20Tudense%20Brais%20Cas%C3%A1s%20y%20Roi%20Rodr%C3%ADguez-en%20la%20Copa%20del%20Mundo%20de%20Szeged%20Hungr%C3%ADa

COPA PRIMAVERA DE REMO

Copa Primavera de Remo

Trasona Asturias

20-21 maio 2017

O pasado fin de semana do 20-21 de maio, tivo lugar no en Trasona, Asturias a Copa Primaveira de Remo, para as categorías inferiores.

Neste evento deportivo, participaron o Club Remo Tui e o Club Remo Miño, con un gran número de participantes en diferentes embarcacións, entre os que se atopan moitos/as antigos/as alumnos/as do noso cole e dúas campionas de excepción: Martina de 6ºB e de  Amaia de 6ºC .

Foron moitas as medallas e logros, pero o máis importante é o ben que o pasaron e o moito que disfrutaron. Noraboa a tod@s.

Podedes atopar información detallada da competición e medallas en Infomiñotui.

TRIATLÓN TUI-PORRIÑO

 V Triatlón Concello de Porriño

O vindeiro sábado, 27 de maio de 2017, terá lugar o V Triatlón Concello de Porriño. Nesta modalidade deportiva os atletas terán que realizar, 5km de natación no Río Miño en Tui, 20 km de carreira en bicicleta dende Tui ata Porriño e rematarán con 2,5km de carreira a pé no Concello de Porriño.

Poderán participar en esta proba os atletas de categorías cadetes e superiores.

 Animamos a todos os alumnos/as do cole a disfrutar de esta actividade nas inmediacións do paseo marítimo de Tui, lugar onde se vai levar a cabo a natación e a zona de transición á bicicleta.

DINAMIZACIÓN INTERCENTROS

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Pazos de Tui

Curso 16-17

venres día 26 de maio de 2017

 O vindeiro venres  26 de maio de 2017, terá lugar no pavillón vello de Tui a Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Pazos de Reis. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 6ºA e 4ºA,

Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.

O CLUBE AMFIV, CAMPIÓN DE EUROPA

O Clube Amfiv, campión da Challenge Cup europea

O Clube Amfiv cumpliu o soño de gañar un título europeo de baloncesto en cadeira de rodas tras superar 68-59 na final da Challenge Cup al Rhine River Rhinos Wisbaden alemán.

O alcalde de Vigo, Abel caballero, fio un espectador de luxo na xesta histórica lograda polo eqipo galego, xa que estivera preto de conseguir un título europeo en tres ocasións.

O capitán Do Amfiv, Berni Costas, recolleu o trofeo de campión de mans do alcalde, levantando o brazo e mirando para arriba, dedicoullo a Pablo Beiro fundador do club falecido en 2015:

Noraboa a estes campións que se superan día a día. Un gran exemplo para todos.

CELTA DE VIGO

 Nico de 4ºB compartiu con nós as botas de fútbol que lle regalou Beauvue o xogador do Celta de Vigo

O Xogador Beauvue do Celta de Vigo, regaloulle  a Nico de 4ºB, unhas botas de futbol oficiais, o pasado sábado, 20 de maio de 2017, á saida do adestramento que estaban a realizar nas instalacións deportivas da A Madroa en Vigo.

Nico un gran xogador e apaixoado do fútbol, quixo compartilas cos seus compañeiros hoxe.

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana do 20 de maio contra o equipo do Cañiza.

Os parciais foron: CAÑIZA- C.B.TUI: 12-4/7-9/9-4/9-2

 

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias

II CAMPUS DE FÚTBOL SALA TOÑIN MARTIN

II Campus de Fútbol Sala Toñín Martín celebrarase en Tui do 3 ao 14 de xullo 2017

Os clubes deportivos tudenses de fútbol sala, A Quinta de Tui Fútbol Sala, Club Deportivo Tui Fútbol Sala e Club Randufe Futsal, baixo a coordinación do ex-xogador da selección española de fútbol sala, Antonio “Toñín” Martín, e coa colaboración do Concello de Tui, organizarán no mes de xullo, o II Campus de Fútbol Sala Toñín Martín. No mesmo agárdase duplicar a participación do ano pasado, cun máximo de 60 inscritos.

O Campus, que se realizará no pavillón do IES de San Paio, de luns a venres, de 10.00 a 13.30 horas, contará con adestramentos da man de monitores especializados, así como doutras actividades parelelas, como rafting, visitas turísticas, actividades na piscina municipal, adestramentos con xogadores da primeira división nacional, así como unha xornada de convivencia cos pais e nais.

Terá un prezo de 60€ e as inscricións poden facerse a través do enderezo electrónico campusfstui@gmail.com, podendo solicitar máis información a través do teléfono 690 05 85 79.

 

FINAL PROVINCIAL DE TENIS DE MESA

 Final Provincial de Tenis de Mesa 16-17.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño.

20 de maio de 2017

O pasado, sábado día 20 de maio, tivo lugar o Campionato Provincial da Competición Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 9:30h a 14:00h, da presente campaña Deportiva 16-17 no Pavillón de Sobrada.

Xornada na que participaron Paula Russell de 6ºC que foi terceira clasificada, Telmo Portela de 5ºB e Claudia Estevez de 4ºA que foron quintos respectivamente, nas súas categorías.

A nosa noraboa a estes grandes campións.

GUSTAVO RODRÍGUEZ GAÑA O TRIATHLON DE BILBAO

 Gustavo Rodríguez logra a sua cuarta victoria en Bilbao

 20/05/17

 Gustavo Rodríguez o rei do Bilbao Triathlon. O pasado 20 de maio de 2017, o tudense Gustavo Rodríguez logrou de maneira incontestable a sú cuarta victoria na proba que tivo lugar na capital vizcaína, que reuniu a 1.200 deportistas con motivo da súa séptima edición. Esta proba que tivo lugar unha semana despois de que Gustavo se proclamase campión de España de Media Maratón, demostra o gran momento deportivo no que está.

Podedes atopar máis información en: http://www.elmundo.es/pais-vasco/2016/05/28/5749c912468aeb9b648b4583.html

 A nosa noraboa Tavo!!

 

 

 



GUSTAVO RODRÍGUEZ CAMPIÓN DE ESPAÑA

 Gustavo Rodriguez Campeón de España de Triatlon Media distancia

 Pamplona

 13/05/17

 O tudense Gustavo Rodríguez gaña por terceira vez o Half Triathlon Plamplona-Iruña e proclamase Campión de España de Media Distancia, o pasado sábado 13 de Maio de 2017, cun tempo de 3:40:36, realizando as probas de Natación, ciclismo e carreira a pé.

A nosa noraboa a este gran triatleta tudense!!

FLIC FLAC VIGO

 O Club Flic Flac de Vigo acada 15 medallas no Campionato de España de Ximnasia acrobática.

 O Club de ximnasia acrobática Flic Flac de Vigo, obtivo 15 medallas no campionato de España que tivo lugar en Guadalaxara o nas datas previas ao 18 de maio.

 69 Ximnastas estiveron no campionato, acompañados polo seu adestrador Jorge Méndez, dos cales case a metade subiron ao podium.

 A ximnasia acrobática que está conseguindo grandes éxitos grazas ao gran traballo que está a realizar este gran club.

 Se algunha persoa lle apetece prácticar este deporte, non dubidedes en contactar por whasapp ao teléfono: 698125731

 Ademáis podedes ver videos interesantes do clube nos seguintes enlaces.

 https://www.youtube.com/watch?v=df-WWlDuoUU

 https://www.youtube.com/watch?v=_YqwV302AGU

 Noraboa!

 

CAMPIONATO DE EUROPA DE REMO

 Jesús González e David Prada clasificados para o Campionato de

Europa de Remo

 Os remeiros tudenses do Club Remo do Miño-seta, Jesús González e David Prada, están clasificados para remas o Campionato de Europa de remo olímpico na pista de Racice ( República Checa).

Jesús González Álvarez remara na modalidade de Doble Scull categoría peso lixero, facendo equipo con Patricio Rojas, do Club Labradores de Sevilla.

 David Prada Fernández, remara en categoría individual, na modalidad de Skiff absoluto Masculino.

 A nosa noraboa a estes dous grandes remeiros e desexarlles moita sorte.

 

LUIS FERNÁNDEZ E AINHOA LAMEIRO

 Luis Fernández e Ainhoa Lameiro

consiguen o seu billete internacional

As probas selectivas que se levaron a cabo no canal de Pau en Francia na modalidade de Slalom Olimpico, durante as pasadas semanas fixeron posible que Luis Fernández do Club deportivo Miño os Teixugos conseguira plaza para participar no campionato do mundo que terá lugar en setembro. Luis foi segundo e participará na categoría senior.

Por outro lado Ainhoa Lameiro do Club Piragüismo Penedo proclamouse campiona, o que lle permitirá participar no campionato do mundo que terá lugar no mes de xullo.

A nosa noraboa a estes dous grandes deportistas, e desexarlles moita sorte no vindeiro campionato do mundo.

EUROCIDADE

 6ª Eurocidade

11 Xuño 2017

Tui-Valença

O vindeiro domingo 11 de xuño chega a VI Eurocidade 17, organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia e a Eurocidade Tui-Valença, que se disputará na eurocidade Tui-Valença.

A saída será da antiga aduana portuguesa ás 11:00h cun percorrido de 10km de carreira a pé.

Poderán atopar máis información en Club Atletismo Tui https://clubatletismotui.wordpress.com/eurocidade10/

 

SPINNER

Spinner

un xoguete novedoso.

A primeria semana de maio de 2017, chegou con moita forza e moita ilusión un novo xoguete, co cal se fixeron a maior parte dos nosos alumnos/as. O Spinner un xoguete para desestresarse, entreterse , reducir a ansiedade, aumentar a concentración e compartir.

O Fidget Spinner ou Spinner, é un desestresante parecido a un pequeno dron, feito de plástico, acero ou outros materiales e constituido por un exe central con dous, tres o máis brazos, os cales acaban nuns aros con rodamentos.

O obxetivo do xogo é acadar facelo xirar o máximo tempo posible usando os dedos, a fronte, a punta do nariz ou calquiera outra parte do corpo

PROVINCIAL DE TENIS DE MESA

Tenis de Mesa 16-17.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 20 de maio de 2017

O vindeiro,  sábado día 20 de maio,  vai ter lugar o Campionato Provincial da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 9:30h a 14:00h, da presente campaña Deportiva 16-17 no Pavillón de Sobrada. Nesta xornada non haberá autobús, pois os participantes van coas súas familias. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio e chandal do mesmo.. Se xurdira algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

CLAUSURA ESCOLAS DEPORTIVAS DE PATINAXE TUI

Clausura Escolas Deportivas de Patinaxe de Tui

No novo pavillón celebrarase o vindeiro domingo 21 de maio a clausura das escolas de patinaxe da Diputación de Pontevedra de toda a provincia, reunindo a máis de 1200 patinadores.

PROMOCIÓN DE SLALOM

Promoción de Slalom.

Porto Deportivo de Tui

21 maio de 2017

O Vindeiro domingo 21 de  maio terá lugar a Promoción de Slalom, Copa Galega nas instalación do Porto deportivo de Tui. Ás 11:00h terá lugar a 1ª Maga e as 12:30h terá lugar a segunda.

 Animamos a todos os nenos e familias do cole a disfrutar de esta xornada de deporte no Río Miño.

PROVINCIAL DE BÁDMINTON

Campionato Provincial Escolar de Bádminton

Curso 16/17

O Vindeiro Domingo 28 de  Maio terá lugar o Campionato Pronvincial Escolar de  Bádminton, no Pavillón Alvaro Pino de Ponteareas. O horario dos partidos será de 10:00h a 13:30h.  E a participación será co equipo de Agrudebam tal como foi a participación na fase previa ao Provincial, que tivo lugar domingo de San Telmo.

XIV ANDAINA TUDENSE

XIV ANDAINA TUDENSE

O vindeiro 13 de Maio levarase a cabo unha andaina de 27 quilometros aproximadamente organizada por AndaTui.

Comezará as 10:00 da mañá e rematará as 18:00 horas. Parando a xantar sobre as 14:00 horas na capela de San Xiao.

O prezo da inscripción é de 12 euros, si se fai antes do 2 de maio o prezo será de 10 euros.

Ao rematar a xornada haberá xogos para os máis pequen@s, sorteo de agasallos entre @s participantes e chourizada para repoñer as forzas.

Animádevos a facer un pouco de deporte en contacto coa contorna que nos rodea.

FESTA DA ÁRBORE

 

Festa da árbore

14 de maio 2017

Chan do Carrasco Randufe.

 As Comunidades de montes veciñais e man común (CMVMC) das parroquias de Randufe, Areas, Malvas y Pexegueiro, organizan de forma conxunta a “Festa da árbore” que se celebrará o vindeiro domingo, 14 de maio, na Chan do Carrasco de Randufe, Tui.

Entre as actividades propostas, levarase a cabo unha ruta guiada polos montes de Randufe coa visita aos petroglios, alto do Coello, etc...

 Aquí vos deixamos o programa de actividades por se é do voso interese.

 Programa:

  • As 10:00 horas, inauguración da feira de artesanía e da “Festa da árbore”.

  • As 10:30 horas, Ruta guiada polos montes de Randufe facendo unha visita aos petroglifos. No Alto do Coello farase unha plantación de árbores cunha breve charla dos aprovechamentos alternativos do monte.

  • As 12:30 horas, actuación musical de “Xuntanza de Randufe”. Os asistentes poderán degustar pulpo, empanadas ou doces.

  • As 16:30 horas, tarde de festa, Xogos populares ou hinflables.

  • De 19:00 a 21:00 horas, fin de festa co acompañamento musical de Arume de Malvas e de Servando Barreiro.

 

 

 

CAMPIONATO PROVINCIAL DE TENIS DE MESA

Campionato Provincial de Tenis de Mesa 16-17.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 20 de Maio de 2017

            O Vindeiro sábado 20 de Maio vai ter  o Campionato Provincial de Tenis de Mesa, en horario de 9:30h a 14:00h, no Pav. Do Ceip de Sobrada. Dita xornada está destinada os/as nenos/as de 3º,4º, 5º a 6º que se clasificaron na fase zonal. A data límite de inscripción remata o vindeiro, Luns día 15 de Maio de 2017.

FINAIS E RESULTADOS DE TENIS DE MESA

Tenis de Mesa 16-17.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 10 de maio de 2017

O pasado  mércores día 10 de maio,  tivo lugar a Xornada Final da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:45h, da presente campaña Deportiva 16-17 no Pavillón de Sobrada. Felicitar a todos os participantes do noso cole polos grandes resultados acadados.

Aquí vos deixamos as clasificacións e fotos da xornada.

Para ver as clasificacións preme aqui

CORRE SALCEDA

A nosa compañeira Elena de 3ºA gañou a carreira "Corre Salceda" deste ano na categoría C 500 metros.

Noraboa a aesta gran campiona e que siga disfrutando e practicando deporte.

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana do 6 de maio contra o equipo do Lavadores.

Os parciais foron: S.A.R- C.B.TUI: 8-3/4-4/5-10/8-4

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana do 2 de maio contra o equipo do Lavadores.

Os parciais foron: C.B. Tui- Lavadores: 0-6/5-7/1-11/4-10

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias

Finais de Tenis de Mesa 16-17.

Finais de Tenis de Mesa 16-17.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 10 de Maio de 2017

Mañá,  Mércores día 10 de Maio,  vai ter lugar a Xornada Final da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:45h, da presente campaña Deportiva 16-17 no Pavillón de Sobrada. A esta xornada soamente asistirán os nenos/as clasificados, nas xornadas anteriores. O autobús sairá do Ceip Nº2 de Tui ás 16:00h e a volta será a carón das 20:00h, pasará polas paradas de Rafi, Rotonda e Areas. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os nenos que vaian a Sobrada directamente terán que estar alí ás 16:15h. Se xurdira algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

Os clasificados son:

Clasificados Finais de Tenis de Mesa

Categoría Benxamín Masculino

Raul Carreto Martinez (Nº2)

Gonzalo Fernández Diz (Nº2)

Roque Jimenez Diz (Nº2)

Lucas Sánchez Carneiro (Nº2)

Brais González Pereira (Nº2)

Clasificados Finais de Tenis de Mesa

Categoría Benxamín Feminino

 Claudia Estevez Alonso (Nº2)

Clasificados Finais de Tenis de Mesa

Categoría Alevín Masculino

Carlos Taboas Lago (Nº2)

Telmo Portela Otero (Nº2)

Breixo Alonso Méndez (Nº2)

Santiago Jimenez Diz (Nº2)

Alejandro Carreto Ordoñez (Nº2)

Clasificados Finais de Tenis de Mesa

Categoría Alevín Feminino

 Paula Rusell Gomes-Valades (Nº2)

Atoparedes máis información detallada  en: www.agrudebam@es

Dinamización Intercentros Ceip Nº2-Ceip Guillarei

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Guillarei

Curso 16-17

Mércores día 3 de Maio de 2017

 O pasado Mércores día 3 de Maio de 2017 tico lugar no pavillón vello de Tui, a Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Guillarei. A xornada levouse a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente e os cursos participantes foron 6ºC e 4ºC.

Aquí vos deixamos algúns momentos da xornada

 

Promoción de Futbol-sala. Fundación Celta de Vigo

Promoción de Futbol-sala.

Fundación Celta de Vigo

O pasado mércores día 3 de Maio e o vindeiro luns 15 de Maio, os alumnos de 3º a 6º do noso centro educativo, disfrutarán de unha xornada de Promoción de Futbol, grazas á colaboración da Fundación Celta de Vigo.

En unha sesión horaria, Borja, antigo alumno do Ceip Nº2 de Tui e Hugo animaron e motivaron ao noso alumnado a disfrutar e xogar a futbol.

Aquí vos deixamos algunhas fotos da primeira xornada.

Tamén nós animaron a participar no Campus de Verán que organiza a Fundación Celta de Vigo. Aquí vos deixamos información.

2ª Xornada de Tenis de Mesa 16-17.

Tenis de Mesa 16-17.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 3 de Maio de 2017

Mañá,  Mércores día 3 de Maio,  vai ter lugar a 2ª Xornada da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:45h, da presente campaña Deportiva 16-17 no Pavillón de Sobrada. O autobús sairá do Ceip Nº2 de Tui ás 16:00h e a volta será a carón das 20:00h, pasará polas paradas de Rafi, Rotonda e Areas. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os nenos que vaian a Sobrada directamente terán que estar alí ás 16:15h. Se xurdira algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

 

 

1ª XORNADA DE TENIS DE MESA

Tenis de Mesa 16-17.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 5 de Abril de 2017

O pasado,  Mércores día 5 de Abril,  tivo lugar a 1ª Xornada da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:30h, da presente campaña Deportiva 16-17 no Pavillón de Sobrada. Aquí vos deixamos as fotos da xornada, na que participamos moitos nenos e nenas do cole.

 

 

 



by Dr. Radut