Skip to Content

Marzo 2016

HORARIOS CARREIRA DE SAN TELMO

Carreira Popular de San Telmo 16.

Dom 3 de Abril 2016 (Tui )   

            O Vindeiro Domingo de San Telmo, día 3 de Abril pola mañá, vai ter lugar a Carreira de San Telmo 2016, na Corredeira de Tui. Dita xornada está destinada os/as nenos/as inscritos. Recordade que estamos de vacacións.

Categorías:

  • Xuveníl  ( 7000m  nacidos 96/97 ás 10:30h)
  • Senior ( 7000m  nacidos 81/95 ás 10:30h)
  • Veteráns A e B ( 7000 m nacidos antes do ano 1980)
  • Cadetes e Infantil ( 2340 m nacidos 2001/02/03/04 ás 12:00h)
  • Alevíns ( 570 m nacidos 2005/2006 ás 12:15h)
  • Benxamíns ( 340 m nacidos nos anos 2007/2008 ás 12:30h)
  • Prebenxamín (  220 m nacidos 2009/2010 ás 12:45h)
  • Pitufos ( 100m nacidos nos anos 2011/12/13 ás 13:00h).

Todos os participantes terán que estar alí 15 minutos antes da súa proba para que lle deamos o dorsal. 

Tódolos nenos/as teñen que traer chándal( o do cole se o tiveran), a equipación do colexio ( camiseta e pantalón se  a  tiveran senón traerán camiseta branca), e tenis. En caso de choiva que leven roupa seca para cambiarse.

O Club Atletismo realizará a tradicional OPERACIÓN KILO na que os participantes intercambiarán un kilo de un alimento non perecedeiro polo seu dorsal. Ditos alimentos serán entregados a unha ONG.

                ¡¡¡IMPORTANTE!!! Podedes atopar máis información da proba na páx web na web do cole: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar e  www. Atletismotui.com. 

Campus festas de San Telmo Piragüismo Kayak Tudense

Campus festas de San Telmo Piragüismo Kayak Tudense

O Club Kayak Tudense, organiza un Campus fiestas de San Telmo de piragüismo, do 28 de Marzo ao 1 de Abril, será gratuito e será en horario de 10-a 12:30h. Animádevos a disfrutar do Rio Miño.

Deporte en Tui nas vacacións de Semana Santa e San Telmo 16

Deporte en Tui

 nas vacacións de Semana Santa e San Telmo 16 

 

 LUNES 28 – 11.00 a 13.00 horas – PABELLÓN NUEVO - Judo para nenos polo Judo Club Tudense.

MARTES 29 – 11.00 a 13.00 horas – PABELLÓN NUEVO - Judo para nenos polo Judo Club Tudense.

MÉRCORES 30 – 11.00 a 13.00 horas – PABELLÓN SAN PAIO – Exhibición de Badminton polo Club Badminton Tui.

 XOVES 31 – Ás 18.00 horas – PASEO DA CORREDOIRA - Exhibición de judo polo Judo Club Tudense.

VENRES 1 – Ás 19.00 horas – PASEO DA CORREDOIRA – Exhibición de patinaxe polo CPA Ribex Tui.

 SÁBADO 2

Ás 10.00 horas – PALCO DA MÚSICA – Andaina San Telmo polo Club AndaTui Rego da Pedra (Inscrición 5€ adultos / 3€ nen@s)

Ás 10.30 horas – PASEO DA CORREDOIRA – Carreira da Broa e Xogos Populares

Ás 16.00 horas – PAVILLÓN SAN PAIO – Campionato Scalextric

Ás 16.00 horas – PASEO DA CORREDOIRA – Tenis na Rúa polo Club Tenis Tui

 Ás 16.00 horas – CAMPO FÚTBOL ÁLVAREZ DURÁN – Copa San Telmo Fútbol.  

 DOMINGO 3 – A partir das 10.30 horas – PASEO DA CORREDOIRA – Carreira de San Telmo

LUNES 4 – A partir das 16.00 horas - PAVILLÓN SAN PAIO – Campeonato Popular de Scalextric

Andaina de San Telmo

Andaina de San Telmo

O Vindeiro Sábado 2 de Abril, terá lugar a Andaina de San Telmo, organizada polo Club Andatui Rego de Pedra.

A saída será do Palco da Corredeira, e levaranos ata o Castro Altos dos Cubos e os Muiños do Río Tripes.

Para máis información e inscribirse pinchade no seguinte enlace: andatui

Torneo de Veteranos de Fútbol Eurocidade

Torneo de Veteranos de Fútbol Eurocidade.

O Vindeiro Sábado 2 de Abril, ás 16:00h, no Campo de Fútbol Municiapal Alvarez Durán terá lugar o Torneo de Veteranos de Fútbol Eurocidade Copa San Telmo Triangular, no que participarán o Tyde F.C., unha Agrupación de antigos xogadores do R.C. Celta de Vigo e o Sport Club Valenciano. Animádevos a disfrutar de este encontro

 

SCALEXTRIC EN TUI

SCALEXTRIC EN TUI

O Club Mosslot en colaboración co Concello de Tui, organiza unha proba de Scalextric no Pavillón do Ies San Paio, durante as festas de San Telmo, os días 2-3-4 de Abril.. animádevos a participar.

CURSO DE FORMADOR EN TÉCNICAS ÁEREAS CIRCENSES

Curso Formador en Técnicas Aérea Circenses

 

O Clube Tideo de Tui organiza un Curso  de Formador en Técnicas Aéreas Circenses, en colaboración con Aupa Teatro e Circo, do 23-27 de Marzo en Tui.

Este curso vai dirixido a maestros, monitores de tempo libre, Técnicos deportivos.. e demáis interesados xa que será un curso de iniciación.

A maestra do Curso será Carolina Touceda.

Prestarase especial atención ao Trapecio fixo, á Tela acrobática e á Lira..

O prazo de inscripción remata o vindeiro 15 de Marzo. Para máis información dirixirse a: tideomont@gmail.com ou ao teléfono: 677636539 Uxío.

 

XORNADA DE DINAMIZACIÓN INTERCENTROS

Xornada de Dinamización Intercentros

Curso 15-16

Ceip Nº2 de Tui-Ceip Rebordáns

O pasado Venres, día 4 de Marzo de 2016, tivemos a 2ª Xornada de Dinamización Intercentros.

Os Cursos de 6ºB e 3ºA xogamos c@s nos@s amig@s do Ceip Rebordáns no Pavillón Vello de Tui… Alí estivemos toda a mañá xogando a: Xadrez, Volei, Bádminton, Balonmán, Baloncesto e Fútbol-sala.

Aquí vos deixamos as fotos da xornada para que vexades o ben que o pasamos.

PEONZA MAGNÉTICA

                                           Peonza Magnética

   Cada vez que temos oportunidade, vos achegamos alguna novidade… Neste caso foi Aldara, alumna de 5ºC, quen nos ensinou esta Peonza Magnética, un xoguete moi novedoso, que nós descoñecíamos e que a ela e aos seus compañeiros de clase, lles apetecía compartir con vós.

A peonza magnética, xira gracias aos seus imáns, na superficie que a suxeita, a medida que vai alcanzando moita velocidade, sóltase de esta superficie, para xirar ela soa no chan. Aquí vos deixamos boa mostra disto.

I TORNEO DE PADEL SEMANA SANTA DE TUI 2016

I Torneo de Padel Semana Santa Tui 2016

               

Do 24 ao 27 de Marzo, vai ter lugar en Tui o I Torneo de Padel Semana Santa Tui 2016.

Organizado polo Club Padel Tui.

As categorías nas que se pode participar serán 3: Amater, iniciación pais e fillos.

Animámovos a todos a disfrutar de este Torneo.

DISFRUTANDO DO PARQUE DO MONTE ALOIA

Disfrutando do Parque do Monte Aloia

 

A alumna Carolina Rodríguez de 3ºA, deixanos unha proposta para facer deporte en familia, no entorno do Parque Natural do Monte Aloia.

Carolina, a súa familia e un grupo de amigos, disfrutaron de unha fin de semana no Monte Aloia, do seu entorno natural, do seu Albergue,etc… disfrutaron moitisimo e pasárono xenial.

Aquí vos deixamos un pequeno video que nos fixeron chegar, para que vos animedes a realizar esta actividade vós tamén.

 

CARREIRA POPULAR DE SAN TELMO 2016

Carreira Popular de San Telmo 16

Dom 3 de Abril 2016

 

            O Vindeiro Domingo de San Telmo, día 3 de Abril de 2016  apartires das 10:30h, vai ter lugar a Carreira Popular de San Telmo 2016.  Dita xornada está destinada os/as nenos/as  e adultos e adultas que queiran participar. Este ano organiza a proba o Club Atletismo Tui-Thermalia e gustaríamos contar con un gran número de participantes, xa que é aquí en Tui. Os/as nenos/as que queiran participar en dita xornada deberán traer esta notiña asinada antes do vindeiro Venres día 18 de Marzo.

Preme aqui

 

XI CARREIRA DE XÓVENES ATLETAS

XI Carreira Xóvenes Atletas.

O Porriño

28 de Febrero de 2015

 

O pasado Domingo  día 28 de  Febreiro, pola mañá, tivo lugar a “XI Carreira Xóvenes Atletas”, no centro de O Porriño, estivo destinada os/as nenos/as nados dende o ano 2001 ata o ano 2013.

Fomos o cole con maior número de participantes, entramos en meta 55 atletas do Ceip Nº2 de Tui. Todos os participantes acadamos unha medalla por participar, e moitos de nós tamén conseguimos trofeo, por entrar nos primeiros postos na meta.

Aquí vos deixamos algunhas fotos, que dan boa conta do ben que o pasamos.

CAMPIONATO DE JUDO

Campionato de Judo 

O pasado fin de semana 27 de Febreiro, tivo lugar o Campionato de Judo, que se organizou en Gondomar, neste campionato participaron, varios alumn@s do noso colexio, acadando excelentes resultados, tal como podedes ver nas fotos que a continuación vos deixamos. A nosa Noraboa para tod@s.

 

 

 

 

 

 

II MILLA SOLIDARIA FANCONI

II Milla Solidaria Fanconi

Baiona 28/02/16

 

As alumnas Adriana de 4ºA e Daniela de 1ºB, practican deporte en familia, coa súa nai Ruth. O pasado Domingo 28 de Febreiro participaron na II Milla Solidaria Fanconi, no día das enfermidades raras que organizou a Asociación española de anemia de Fanconi, en Baiona.

Aquí vos deixamos as fotos da carreira para que en outra ocasión nos animemos os demáis a participar…Noraboa a estas atletas.

 

NATACIÓN

Natación

Piscina de Valença

 

A alumna Eva Bermudo de 3ºC, quixo compartir con nós a súa medalla do Campeonato de Natación da Eurocidade, ao igual caela outros nenos/as do noso  colexio e do Concello de Tui e Valença participaron neste torneo. A nosa noraboa para todos/as estes grandes nadadores….

FINAIS DE BÁDMINTON

Xornada Final de Bádminton

Pav da Carballa Tomiño

24/02/16

O pasado Mércores 24 de Febreiro tivo lugar a Xornada Final  da competición escolar de Badminton, da categoría alevín e Benxamín  no Pavillón Municipal de Tomiño. Do noso centro participaron varios alumn@s de tódalas categorías, tamén participaron algúns alumnos formando parte do Club Bádminton Tui.

Nesta xornada tamén participaron alumn@s do Ceip Nº1 de Tui, do Ceip Randufe, do Ceip Sobrada, Ceip Barrantes, Ceip Pintor Antonio Fdez de Goián, Cep Pedro Caselles e Ies de Tomiño..

Se queredes ver as clasificacións finais podedes pinchar no seguinte enlace: http://www.agrudebam.es/23.html

Tamén vos deixamos algunhas fotos para que vexades o ben que o pasamos.

O Equipo Alevín do Gondomar está a xogar a segunda volta da liga da Temporada 15-16

O Equipo Alevín do Gondomar está a xogar a segunda volta da liga da Temporada 15-16

O equipo Alevín do Gondomar, onde xoga o alumno Jonathan de 6ºC, está a xogar a segunda volta da liga,  da temporada 15-16.

O pasado fin de semana, do 27 de  Febreiro de 2016, obtivo este resultado:

Gondomar F.C - Coruxo Resultado 1-3

Partido complicado para o equipo do Val Miñor, nesta segunda volta.

Información facilitada por Jonathan de 6ºC.

DEPORTE EN FAMILIA

Deporte en Familia

Ruta de Tui-Caldelas

A alumna Lucía de 5ºC, practica deporte en familia, coa súa nai, ambas fixeron a ruta Tui-Caldelas en bicicleta…Como podedes ver na foto, pasárono xenial e anímannos a todos a realizala coas nosas familias.

O Equipo Alevín do Gondomar está a xogar a segunda volta da liga da Temporada 15-16

O Equipo Alevín do Gondomar está a xogar a segunda volta da liga da Temporada 15-16

O equipo Alevín do Gondomar, onde xoga o alumno Jonathan de 6ºC, está a xogar a segunda volta da liga,  da temporada 15-16.

O pasado fin de semana, do 20 de  Febreiro de 2016, obtivo este resultado:

Celta- Gondomar F.C Resultado 11-0

Partido complicado para o equipo do Val Miñor, nesta segunda volta.

Información facilitada por Jonathan de 6ºC.

XORNADA DE ATLETISMO

Xornada de Atletismo en Pista

A Macoca

19/02/16

O pasado Venres 19 de Febreiro de 2016, tivo lugar a Xornada de Atletismo en Pista, na A Macoca, para o alumnado de 5º de Primaria do noso cole. Nesta Xornada tamén participaron todos os alumnos de 5º do Cep Altamira de Salceda, do Ceip Caldelas de Tui, do Ceip Guillarei, do Ceip Rebordáns, do Ceip Nº1 de Tui, do Ceip Pazos de Reis e do Colexio Sta Mª Maristas.

Disfrutamos das probas de atletismo de 60m lisos, 500m lisos, Salto de Lonxitude, Lanzamento de Vórtex, Lanzamento de Peso e Carreira de Relevos. Como podedes ver nas fotos, pasámolo xenial.

O Tyde Alevín está a xogar a segunda volta da liga

 O TYDE ALEVÍN ESTÁ A XOGAR A SEGUNDA VOLTA NA LIGA

O equipo alevín do clube tudense está a xogar a segunda volta na liga regular.

Este fin de semana do 27/02/16 xogou contra o equipo do Erizana.

Erizana-Tyde: 5-3

Partido complicado para o equipo tudense, que a ben seguro, xogaron ben conta un gran equipo como o Erizana. Imos animalos para o vindeiro partido, para que sigan acadando resultados positivos.

 

O Tyde Alevín está a xogar a segunda volta da liga

O TYDE ALEVÍN ESTÁ A XOGAR A SEGUNDA VOLTA NA LIGA

O equipo alevín do clube tudense está a xogar a segunda volta na liga regular.

Despois de proclamarse campión zonal na primeira fase, este fin de semana do 20/02/16 xogou contra o equipo do Atios A

Tyde-Atios A: 1-0

Os nosos parabéns para este gran equipo.

Campionato Provincial de Campo a Través 2016

 CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS

Praia da Ladeira. Baiona

13/02/16

O pasado Sábado 13 de Febreiro de 2016, levouse a cabo o Campionato Provincial de Campo a Través da presente campaña escolar de Campo a Través, na Praia da Ladeira en Baiona

A competición  comezou ás 10:45h coa proba Cadete Feminino, ás 11:00h a proba Cadete Masculino, ás 11:15h a proba Infantil Feminino, ás 11:30h a proba Infantil Masculino, ás 11:45h a proba Alevín Feminino, ás 12:00h a proba Alevín Masculino, ás 12:15h a proba Benxamín Feminino e ás 12:30h a proba Benxamín Masculino.

Do noso colexio participaron Andrea, Eva, Elena e Iago...Os 4 fixeron unha gran carreira, sobre todo porque o terreo da carreira estaba impracticable debido a intensa chouva. A nosa noraboa para os 4.



by Dr. Radut