Xornada Final de Bádminton
Pav da Carballa Tomiño
24/02/16
O pasado Mércores 24 de Febreiro tivo lugar a Xornada Final da competición escolar de Badminton, da categoría alevín e Benxamín no Pavillón Municipal de Tomiño. Do noso centro participaron varios alumn@s de tódalas categorías, tamén participaron algúns alumnos formando parte do Club Bádminton Tui.
Nesta xornada tamén participaron alumn@s do Ceip Nº1 de Tui, do Ceip Randufe, do Ceip Sobrada, Ceip Barrantes, Ceip Pintor Antonio Fdez de Goián, Cep Pedro Caselles e Ies de Tomiño..
Se queredes ver as clasificacións finais podedes pinchar no seguinte enlace: http://www.agrudebam.es/23.html
Tamén vos deixamos algunhas fotos para que vexades o ben que o pasamos.