Skip to Content

Febreiro 2016

V BTT 2016 EUROCIDADE

V BTT 2016 EUROCIDADE

 O Vindeiro Domingo 6 de Marzo de 2016, terá lugar en Tui a V BTT 2016 EUROCIDADE organizada pola Eurocidade Tui-Valença e coa colaboración do Club Biciosos.

Esta proba comezará ás 9:00h polas rúas de Valença, para trasladarse depois ata Tui e rematar en Valença…Unha proba xa consolidada no calendario da Eurocidade, da que vos animamos a disfrutar.

Podedes atopar máis información en www.biciosos.es

 

PROMOCIÓN DO ATLETISMO EN PISTA NOS CENTRO EDUCATIVOS

PROMOCIÓN DO ATLETISMO EN PISTA NOS CENTROS EDUCATIVOS 19/02/2016

Amacoca Tui

 

O vindeiro Venres día 19 de Febreiro vai ter lugar unha proba de Promoción do Atletismo en pista para todo o alumnado de 5º do noso centro.

Tamén participarán canda nós os coles de Pazos, Rebordáns, nº1, Maristas, Guillarei, Salceda de Caselas e Caldelas

 

2. As Probas

O programa de probas estará composto por:                    

60 m. Lisos

500 m. Lisos

Lanzamento de Vórtex

Salto de lonxitude

Lanzamento de peso (2 kg.)

Relevo 4x60 m.

Podedes ver aqui a distribución do alumnado e as probas nas que van a participar cada un.

 

XI CARREIRA XÓVENES ATLETAS EN PORRIÑO

XI Carreira Xovenes Atletas en Porriño

 

O Vindeiro Domingo 28 de Febreiro, terá lugar en Porriño a XI Carreira Xovenes Atletas, que organiza o Club Atletismo Porriño, xunto ao Concello de Porriño..

Nesta proba poderán participar todos os nenos e nenas nados entre os anos 2001 e 2013…

A proba terá lugar nas rúas céntricas do Concello de Porriño, as distancias son bastante asequibles, e tódolos participantes recibirán unha medalla ao rematar a proba.

Por todo isto, animamos a tod@s @s nen@as a participar na mesma… Adxuntamosvos máis información aquí.

 

Clasificacións de Bádminton Benxamíns

Clasificacións de Bádminton Benxamíns.

Aquí vos deixamos as clasificacións da Competición de Bádminton Benxamín..Como na primeira xornada asistiron moi poucos participantes de estas categorías, xa se levou a cabo a xornada clasificatoria, polo que hoxe, Martes 16 de Xaneiro, non teremos Xornada de Bádminton Benxamín...Clasificáronse para a Xornada final do Mércores día 24 de Febreiro os 8 primeiros de cada categoría, aquí podedes ver ás clasificacións:

Clasificación Benxamín Feminina.

Clasificación Benxamín Masculina.

O TYDE ALEVÍN CAMPIÓN DE LIGA

O TYDE ALEVÍN PROCLAMOUSE CAMPIÓN DE LIGA

O equipo alevín do clube tudense proclause campión da liga. Contando todolos seus partidos con victorias o Tyde conseguíu 36 puntos.

Aqui tedes a clasificación final e unha foto do equipo

 

 

2ª Xornada de Bádminton Alevín Curso 15-16

2ª Xornada de Bádminton Alevín
Curso 15-16


O pasado  Martes 2 de Febreiro tivo lugar a 2ª xornada da categoría alevín ( 5º e 6º)  da Competición Escolar de Bádminton, no Pavillón do Ceip Randufe. Do noso cole participaron bastantes nenos e nenas, que como veredes nas foto pasárono moi ben.

Nesta xornada decidiuse quen vai participar na Xornada Final en Tomiño o vindeiro Mércores 24 de Febreiro…Aquí vos deixamos a clasificación…Noraboa a tod@s participantes.

 

UN CAMPIÓN DO NOSO COLE

O Alumno Raúl Mansinho Campión de España de Campo a Través

 

O antigo alumno do Ceip Nº2 de Tui, Raúl Mansinho, ven de proclamarse Campión de España, na proba de Campo a Través, para persoas con discapacidade, na categoría Infantil.

Dito campionato tivo lugar no Campo do Palacio da Magdalena en Santander o pasado 30 de Xaneiro.

 
 

Aquí vos deixamos un enlace, onde podedes atopar máis información:

http://www.concellotui.org/php/novas.php?id=3305

 

Os nosos parabéns para este gran campión!!!!!!!!!!.

 

O Equipo Alevín do Gondomar segue a xogar a liga da Temporada 15-16

O Equipo Alevín do Gondomar segue a xogar a liga da Temporada 15-16

O equipo Alevín do Gondomar, onde xoga o alumno Jonathan de 6ºC, segue a xogar a liga,  da temporada 15-16.

O pasado fin de semana, do 30 de  Xaneiro de 2016, obtivo este resultado:

Gondomar F.C-Sardoma  Resultado 4-3

Isto fai que sean 4º na súa liga. A nosa noraboa para o equipo do Val Miñor.

Información facilitada por Jonathan de 6ºC.

O CLUBE BALONMÁN TUI GAÑA AO TEUCRO C

O Equipo Alevín A do Clube Balonmán Tui, xogou a a fin de semana do 24 de Xaneiro de 2015, o seu correspondente encotro de liga. O partido foi C.B. Tui- Teucro C, con resultado favorable para o equipo tudense de 10-0. Neste equipo xogan Diego Rodríguez de 6ºC

Noraboa por estes grandes resultados

O Equipo Alevín do Gondomar segue a xogar a liga da Temporada 15-16

O Equipo Alevín do Gondomar segue a xogar a liga da Temporada 15-16

O equipo Alevín do Gondomar, onde xoga o alumno Jonathan de 6ºC, segue a xogar a liga,  da temporada 15-16.

O pasado fin de semana, do 24 de  Xaneiro dee 2016, obtivo este resultado:

Valladares-Gondomar F.C  Resultado 2-5

Isto fai que sean 4º na súa liga. A nosa noraboa para o equipo do Val Miñor.

Información facilitada por Jonathan de 6ºC.

O Equipo Alevín do Gondomar segue a xogar a liga da Temporada 15-16

O Equipo Alevín do Gondomar segue a xogar a liga da Temporada 15-16

O equipo Alevín do Gondomar, onde xoga o alumno Jonathan de 6ºC, segue a xogar a liga,  da temporada 15-16.

O pasado fin de semana, do 16 de  Xaneiro dee 2016, obtivo este resultado:

 Ribera-Gondomar F.C  Resultado 0-6

A nosa noraboa para o equipo do Val Miñor, nesta tempada. Que segue no máis alto da taboa clasificatoria. Os nosos parabens.

Información facilitada por Jonathan de 6ºC.

Partido solidario Randufe Fútsal - Burela Pescados Rubén

Partido solidario  Randufe Fútsal - Burela Pescados Rubén.

Este venres, 5 de febreiro, ás 19.30 horas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, terá lugar o partido de fútbol sala xuvenil, da Liga Nacional de Honra, que enfrontará ao Randufe Fútsal de Tui e ao Burela Pescados Ruben.

Este partido terá caracter solidario, en favor da asociación SOS Tomiño Baixo Miño, polo que se pedirá ao público asistente a doazón de alimentos, preferentemente leite, cacao e conservas vexetais.

Amais diferentes casas colaboradoras aportarán rosca e chocolate quente, que se venderá a un euro, e a recaudación irá dirixida a apoiar á asociación e ao club. A organización tamén entregará un regalo aos cen primeiros nenos e nenas que acudan ao pavillón.

Este será un partido de máxima rivalidade, dado que o Burela P. Rubén ocupa a segunda posición da liga, e os de Tui, que levan cinco partidos consecutivos gañando, están no sétimo posto, polo que unha victoria podería asegurar a súa participación na competición da Copa.

 

Trofeo Concello de Tui de Bádminton

 Trofeo Concello de Tui de Bádminton

Este domingo celébrase o Trofeo Concello de Tui de Bádminton

Forma parte do Circuíto Babolat Deportes Carlos Miguel

Este domingo, 7 de febreiro, o pavillón deportivo do IES San Paio de Tui albergará o Trofeo Concello Tui Circuito Babolat Deportes Carlos Miguel de Badminton, organizado polo Club Badminton Tui e o Club Badminton Rachaplumas, en colaboración co Concello de Tui. Disputarase nas categorías Sub11, Sub13, Sub17 e Absoluto.

Os horarios do campionatos son os seguintes:

Sub17 – 09.00 a 12.00 horas

Absoluto – 12.00 a 15.00 horas

Sub 11 – 15.00 a 18.00 horas

Sub 13 – 18.00 a 21.00 horas

Este trofeo agarda contar con máis de cen xogadores e xogadoras, procedentes da provincia de Pontevedra. A entrega de trofeos realizarase ao remate dos encontros de cada unha das categorías.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

Campionato Provincial de Campo a Través.

Praia da Ladeira ( Baiona).

13 de Febreiro de 2016

 O Vindeiro Sábado  día 13 de  Febreiro, pola mañá, vai ter lugar o Campionato Provincial de Campo a Través da presente campaña Deportiva, na Praia da Ladeira en Baiona, está destinada os/as nenos/as de 2º a 6º que se clasificaron no Campionato Zonal que se levou a cabo na A Macoca.

 

HORARIOS

CATEGORIAS

DISTANCIAS

VUELTAS

10.45 H

CADETE FEMENINO

2002-2001

2.000 METROS

3 VUELTAS GRANDES

11.00 H

CADETE MASCULINO

2002-2001

4.000 METROS

6 VUELTAS GRANDES

11.15 H

INFANTIL FEMENINO

2004-2003

1.600 METROS

1 VUELTA PEQUEÑA +

 2 VUELTAS GRANDES

11.30 H

INFANTIL MASCULINO

2004-2003

2.000 METROS

3 VUELTAS GRANDES

11.45 H

ALEVIN FEMENINO

2006-2005

1.200 METROS

2 VUELTAS GRANDES

12.00 H

ALEVIN MASCULINO

2006-2005

1.600 METROS

1 VUELTA PEQUEÑA +

 2 VUELTAS GRANDES

12.15 H

BENXAMIN FEMENINO

2008-2007

700 METROS

1 VUELTA GRANDE

12.30 H

BENXAMIN MASCULINO

2008-207

700 METROS

1 VUELTA GRANDE

DEPORTE ADAPTADO

 DEPORTE ADAPTADO

Os pasados días 10 e 17 de Decembro de 2015, tivemos no cole a visita dos nosos amigos de Apamp, una asociación de persoas que práctican deporte adaptado.

Tod@s @s nen@s do colexio tanto de Ed. Infantil como de Ed. Primaria disfrutamos de dous deportes adaptados: A Boccia e o Slalom.

 

A Boccia. É un deporte adaptado, moi parecido á petanca. Pódemos xogar por equipos ou individual. Cada xogador sitúase no seu box de tirada, con 3 bolas. Se xogamos por equipos, teremos 2 xogadores do equipo vermello e 2 xogadores do equipo azul.

O capitán é o que designa quen lanza primeiro. Primeiro lánzase a pelota branca e logo cada equipo vai lanzando as súas bolas vermellas ou azuis.

Se fose necesario os xogadores poden usar canaletas de deslizamento. Para isto poden contar con un axudante que se situará de espalda á pista e seguirá as instruccións do xogador para situar a caneleta.

Cada equipo dispón de 5 minutos cronometrados para lanzar as súas 6 bolas.

Este deporte é Deporte Paraolímpico, tamén temos Campionato Galego e Campionato de España.

 

O Slalom. É un deporte de rapidez e axilidade. Consiste nunha carreira en cadeira de rodas, sorteando diversos obstáculos, facendo xigos, zig-zag…

Este deporte de momento non é Deporte paralímpico, pero sí existe Campionato Galego e Campionato de España.

 

Aquí vos deixamos un enlace á web de deportes paralímpicos, para que investiguedes máis sobre estes deportes: http://www.paralimpicos.es/publicacion/10SC_areadep/214SS_deppar.asp

PARTIDO DO TYDE CONTRA O VILA DO CORPUS

PARTIDO DO TYDE CONTRA O VILA DO CORPUS

O sábado 9 de xaneiro reanudouse a liga dos Alevíns A do Tyde tralo parón de Nadal, celebrouse a xoranada 12 do torneo.

Viaxaron a terras ponteareáns a xogar contra o Vla do Corpus B, o resultado foi de 0-3 e con 33 puntos, 11 partidos gañados dos 11 xogados, confirmánse como os primeiros na clasificación a falla dun partido para rematar a liga.

A pesares do mal tempo e do mal estado do campo, os noso nenos controlaron en todo momento o partido, non permitindo ter ao equipo local moitas ocasións de gol.

NORABOA!!!!!!!

 

 



by Dr. Radut