Skip to Content

Outubro 2020

Hábitos de vida saudable e deporte en familia. Rutas con encanto: Os Muíños do Río Furnia Pexegueiro Tui.

Hábitos de vida saudable e deporte en familia.

Rutas con encanto: Os Muíños do Río Furnia Pexegueiro Tui. 

O pasado domingo 22 de outubro, Sara Penedo de 3ºB visitou coa súa familia os Muíños do Río Furnia na parroquia de Pexegueiro en Tui. Un lugar con moi bonito e que moitos descoñecemos. O Río Furnia xa nos ten deixado imaxes do seu paso pola parroquia de Malvas, pero agora Sara invítanos a descubrir este tramo en Pexeguero. Anímannos a visítalo coa nosa familia.

 

 

Moitas grazas a Yago e a súa familia.

Hábitos de vida saudable e deporte en familia. Rutas con encanto: Aguiño en Ribeira ( A Coruña).

Hábitos de vida saudable e deporte en familia.

Rutas con encanto: Aguiño en Ribeira ( A Coruña). 

O pasado luns 12 de outubro, Iria de 5ºA visitou coa súa familia Aguiño unha parroquia do Concello de Ribeira na provincia de Coruña. Aguiño é un pobo mariñeiro con múltiples encantos, á amabilidade das súas xentes, as estupendas vistas ao mar, a beleza do seu entorno...

Iría enviounos unhas imaxes fantásticas que nos deixan con gañas de visitalo en canto o peche abandone Tui.


 

Moitas grazas a Iria e a súa familia.



by Dr. Radut