Skip to Content

Xuño 2018

Equipo Deporte no 2

Equipo Deporte no 2.

Despois de un ano intenso pintando actividade deportiva no deporte no 2, rematamos o curso 17-18. Agraceder ao Ceip Nº2 de Tui, ao Ampa, ao Claustro en definitiva a toda a Comunidade Educativa poder dar resposta ao "Plan Galego de fomento da Actividade Física Galicia Saudable".

Tamén queremos agradecer a Agrudebam, ao Concello de Tui, aos Clubes deportivos tudenses e a todas as Administracións e empresas que fixeron posibles todas as actividades que levamos a cabo.

Dende o equipo queremos facer un agradecemento especial a todas as persoas que formaron parte do equipo de Deporte no 2 e a todas aquelas que sin formar parte do equipo apoiaron e axudaron en cada actividade. Grazas de verdade!.

Despedimos aos profes César, Patricia, Sara e Yessi, que fixeron un gran traballo con nós, desexamos que formen parte do noso  equipo o vindeiro curso, e de non ser posible, no cole no que estén que poidan seguir pintando deporte e sorrisos.

 

Tui en Ruta 18

Tui en Ruta 18.

O C.E.I.P. Nº2 de Tui en coordinación co equipo de Deporte no 2 e o Concello de Tui,  organizou 2 xornadas de “Actividades na Natureza”, nas inmediacións do Centro educativo e do Río Miño.

Dita actividade esta destinada os/as 67 alumnos/as de 5º de Educación Primaria do noso centro educativo.

A actividade tivo lugar o martes 19 e o mércores 20 de Xuño de 2018.

As xornadas pretenden ter un carácter lúdico-cultural-deportivo a vez que achegan ao noso alumnado ao seu entorno natural máis próximo como é o Río Miño. Para iso propoñemos dúas xornadas:

1ª Xornada: O día 19 de Xuño levaríamos a cabo unha Marcha Ciclista, polo sendeiro Tui-Caldelas, co disfrute do Balneario de Caldelas, toma de contacto co Kayak-polo, Slalom e Ciclismo.

2ª Xornada: O día 20 de Xuño  levaríamos a cabo unha Xornada de Sendeirismo onde descubriríamos as riquezas histórico-culturales da nosa cidade e remataríamos cunha toma de contacto cos deportes de auga: Piragüísmo.

Grazas ao  Concello de Tui, a Consellería de Medio Ambiente, ao Balneario de Caldelas, ao Club Penedo de Caldelas, ao Club de piragüismo Kayak Tudense do Club Remo Tui, a Gustavo Rodríguez e Aída Valiño e as distintas entidades  que fixeron posible que dita actividade se levara a cabo. Moitas grazas a toda a Comunidade Educativa especialmente a profe Lore que viu dende Salceda para facer posible esta actividade.

   
     
     

Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar

Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar.

O C.E.I.P. Nº2 de Tui en coordinación co equipo de Deporte no 2 co Concello de Tui, organizou para o alumnado de 3º e 4º, o día 18 de Xuño, nas inmediacións de Tui,  cunha duración de una xornada lectiva a 1ª experiencia “Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar ”. Esta proposta en formato de Gynkana con probas saudables do Camiño tratou de achegar ao noso alumnado ás actividades no Medio Natural Próximo: Centro de Tui e Camiño de Santiago. Unha experiencia moi positiva que trataremos de repetir en cursos vindeiros e que nos permiten iniciar ao alumnado de 3º nas actividades no Medio Natural. Moitas grazas a todo o apoio recibido para levar a cabo esta actividade.

 

 

Aloiada 18

Aloiada 18

O C.E.I.P. Nº2,  o C.E.I.P. Nº1,  o C.E.I.P de Pazos de Reis de Tui, de C.E.I.P. Rebordáns, C.E.I.P. Guillarei e C.P.R Sta Mª Maristas e este ano por primeira vez os C.E.P. de Caldelas e C.E.I.P. Randufe, en coordinación dos seus departamentos de Educación Física, o Concello de Tui e as dirección dos centros educativos, organizaron 2 xornadas de “Actividades na Natureza”, nas inmediacións do Parque Natural do Monte Aloia.

Dita actividade estivo destinada os/as 200 alumnos/as de 6º de Educación Primaria dos centros educativos do Concello de Tui.

En coordinación co Concello de Tui, cos responsables do ParqueNatural e coa colaboración da Federación Galega de Montañismo e cos responsables dos clubes deportivos colaboradores, as datas nas que tivo lugar dita actividade foron o xoves 14 e o venres 15 de Xuño de 2018.

As xornadas pretenden ter un carácter lúdico-cultural-deportivo á vez que achegan ao noso alumnado ao seu entorno natural máis próximo como é o Parque Natural do Monte Aloia. Para iso os nenos/as disfrutaron de dúas xornadas:

1ª Xornada: O día 14 de Xuño levouse a cabo unha Xornada de Iniciación a Escalada, Rappel, Orientación, Equitación e Primeiros Auxilios no Monte Galiñeiro. Coordinado coa Federación Galega de Montañismo.

2ª Xornada: O día 15 de Xuño  levouse a cabo unha Xornada de Sendeirismo onde descubrimos as distintas rutas e riquezas histórico-culturales e naturais do Parque Natural do Monte Aloia. E pola tarde remate cunha toma de contacto cos deportes de auga: Remo e Piragüísmo.

Dúas xornadas intensas de deportes de aventura onde todo o alumnado e profesorado de 6º disfrutamos do medio natural e da convivencia. Moitas gracias a todas as administracións, clubes, colexios, entidades públicas e privadas que fixeron posible que o noso alumnado poidera disfrutar un ano máis de esta bonita aventura. Grazas.

Pincha na foto para ver todas as fotos da actividade.

 

RUTA DA PINTURA EN PATINETE

 

 

RUTA DA PINTURA EN PATINETE

Os nenos e nenas de 2º fixeron unha ruta en patinete dende o cole ata a praia fluvial de Guillarei coa finalidade de divertirse, facer deporte e elaborar un cadro coa axuda de dous profesionais da pintura.

Fixeron dúas paradas no camiño, na primeira estiveron con Suso Valiente, importante pintor tudense que lles ensinou algunhas claves e trucos para mellorar os seus debuxos.

A segunda parada fixérona  na Ponte Romana, alí esperábaos Bea, unha estudante de belas artes que lles explicou paso a paso como pintar a ponte a carboncillo, entro moitas outras cousas. Logo acompañounos á praia para merendar.

Finalmente, ao rematar de menrendar, Bea deulle unha idea para decorar o cadro,coller area da praia e pegarlla, quedaron moi clulos.

Dende aquí queremos agradecerlle a Suso e a Bea que compartisen con nós os seus coñecementos. Moitas gracias.

 

CAMPEONATO GALEGO DE TRAINERILLAS

 

CAMPEONATO GALEGO DE TRAINERILLAS

Esta fin de semana disputouse a final do campeonato galego de trainerillas en Meira.  Alzouse coa victoria o equipo San Bartolomeu de Vigo. A nosa  noraboa!! 

 

 

CAMPEONATO GALEGO DE TRAINERILLAS

 

CAMPEONATO GALEGO DE TRAINERILLAS

Esta fin de semana disputouse a final do campeonato galego de trainerillas en Meira.  Alzouse coa victoria o equipo San Bartolomeu de Vigo. A nosa  noraboa!! 

 

 



by Dr. Radut