Skip to Content

Maio 2022

A Milla

Visita aos Parques Naturais de España.

Durante o mes de Marzo, Abril e Maio o alumnado do C.E.I.P Nº2 de Tui percorremos moitas millas, no noso circuito do cole, tantas que nos permitiron visitar case todos os Parques Naturais e Nacionais de España.

 Despois de percorrer todos os espazos naturais de Galicia e Portugal puxemos rumbo a España, que nos ofrece moitos espazos con encanto, para practicar actividade física, sá e saudable.

 Animamos ao noso alumnado a visitar en familia, durante as vacacións do verán, calquera de estes fermosos parques.

Deporte Escolar

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 21-22

O pasado mércores 25 de maio, tivo lugar a Xornada Final  da competición escolar de Bádminton, das  categorías Benxamín (3º e 4º), alevín ( 5º e 6º) e Infantil (Repetidores de 6º), no Pavillón Municipal de Tomiño. Unha xornada estupenda, na que todo o alumnado recibiu a súa medaia de participación.

Deporte na Escola

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 21-22

O vindeiro mércores 25 de maio terá lugar a Xornada Final  da competición escolar de Bádminton, das  categorías Benxamín (3º e 4º), alevín ( 5º e 6º) e Infantil (Repetidores de 6º), no Pavillón Municipal de Tomiño. A esta xornada asistirá o alumnado clasificado nas xornadas anteriores, de non poder asistir a esta xornada, sería importante comunícalo a maior brevidade posible para darlle a posibilidade de asistir ao alumnado en reserva.  O autobús sairá ás 16:00h do colexio, pasará por Rafi, e Rotonda. A volta será aproximadamente ás 20:30h. Os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran, chandal do mesmo, merenda e auga. @s nen@s que vaian a Tomiño directamente terán que estar alí ás 16:30h. Se teñen algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

Deporte Escolar

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 21-22

O pasado martes 24 de maio, tivo lugar a 2ª Xornada da competición escolar de Bádminton para    Categoría Benxamín ( 3º e 4º) e Infantil (Repetidores de 6º). Dita xornada foi no Pavillón do Ceip Randufe. 

 

Deporte na Escola

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 21-22

 O vindeiro martes 24 de maio, terá lugar a 2ª Xornada da competición escolar de Bádminton para  a   Categoría Benxamín ( 3º e 4º) e Infantil (Repetidores de 6º). Dita xornada será no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio, pasará por Rafi e Rotonda. A volta será aproximadamente ás 19:15h. Tod@s @s participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran, chandal do mesmo merenda e auga. @s nen@s que vaian a Randufe directamente, terán que estar alí ás 16:30h. Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161. Recordar que o alumnado que se resulte clasificado nesta xornada xogarán a final en Tomiño o mércores 25 de maio.

A Nosa Horta

Recollemos Frambuesas da nosa horta.

No mes de maio, as nosas frambueseiras, comezaron a dar froito. Unhas ricas e exquisitas delicias que degustou o noso alumnado.

 

Deporte en Tui

Raquel unha campiona de Kaiak.

A alumna Raquel de 3ºB compite no Kaiak Tudense, co que leva gañado moitas medallas en diferentes regatas. Estes días do mes de maio quixo compartilas cos seus/suas compañeiros/as de clase. Noraboa Raquel.

Deporte en Tui

IV Carreira de Orientación

Eurocidade Valença-Tui

O vindeiro domingo 29 de maio de 2022, levarase a cabo na Eurocidade Valenç-Tui a IV Carreira de Orientación. 

A 1ª proba levarase a cabo pola mañá en Valença ás 9:30h (PT).

A 2ª proba terá lugar pola tarde en Tui ás 16:30h (ES).

CAMISETAS: a inscrición para calquera das carreiras, só no caso das persoas adultas, conleva o agasallo dunha camiseta conmemorativa, da marca 42k. @s nen@s poden decidir se facer a inscrición de balde ou pagar pola inscrición, recibindo tamén unha camiseta. (O prazo para ter garantizada a talla elexida é o mércores 18/05/22 ás 23:59)

Se facedes a inscrición en grupos, debedes engadir ao carriño tantos compoñentes como persoas formen ese equipo (ata 4 persoas)

Esta Actividade de Orientación consistirá en visitar no tempo establecido tódalas balizas establecidas na orde que se indica no mapa.

Podedes facer a vosa inscrición (ata 4 participantes por equipo).

O prazo de inscripción está aberto e podedes realizalo na web:https://www.aromon.es/actividades/eurocidade2022/ ata o 25 de maio. O número de prazas son 400 persoas. Para calquera dúbida dirixirse a: escolaori@aromon.es

Deporte na Escola

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 21-22

Categoría Alevín  

O pasado martes 10 de maio, tivo lugar a competición escolar de Bádminton. A 2ª xornada da Categoría Alevín ( 5º e 6º) foi no Pavillón do Ceip Randufe. Aquí vos deixamos as imaxes da xornada.

Atoparedes as clasificacións e máis fotos da xornada en agrudebam.es

AgruDeBaM - Inicio | Facebook

 

Deporte na Escola

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 21-22

Categoría Alevín

 

O vindeiro martes 10 de maio, dará  terá a competición escolar de Bádminton. A 2ª
xornada da Categoría Alevín ( 5º e 6º) será no Pavillón do Ceip Randufe. O
autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:15h. Tod@s
@s participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se
 tiveran, chandal do mesmo e merenda. @s
nen@s que vaian a Randufe directamente, terán que estar alí ás 16:30h. Se lles
xurde  algunha dúbida poden chamar ao
teléfono: 650602161.

Deporte en Tui

XVIII Andaina Tudense Solidaria 2022

sábado 14 de maio o club Andatui celebrará a XIII Andainatudense Solidaria 2022, cita anual para subir e gozar do monte Aloia.

Sairemos ás 10:00 horas desde a praza da Inmaculada, para recorrer varias rúas de Tui, antes de tomar rumbo cara a senda do Lagartón e chegar á ponte das Febres, despois subiremos polos muiños de Paredes ata o alto do monte Aloia, onde xantaremos arredor da capela de San Xiao. Pola tarde pasaremos ao carón do castro Alto dos Cubos, visita que recomendamos, antes de chegar de novo á praza da Inmaculada onde finalizará a XVIII Andainatudense Solidaria.

En total percorreremos sobre 23 quilómetros, tendo avituallamentos intermedios. No remate da Andaina Tudense faremos o sorteo de agasallos de costume.

Un ano máis a acción solidaria irá destinada a SOS Tomiño Baixo Miño, polo que na recollida do dorsal solicitamos entregar 1 quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros.

Datos de interese:

  • Recollida de dorsais: entre as 09:00 e as 10:00 horas na praza da Inmaculada.
  • Xantar: a partir das 14:00 horas arredor da capela de san Xiao.
  • Remate da andaina: aproximadamente ás 18:00 horas.
  • Prezo: 12 euros (inclúe seguro, camiseta conmemorativa, xantar e avitullamentos)
  • As inscricións finalizarán o mércores 11 de maio ás 23:59 horas. Máximo 200 prazas.

Atoparedes máis información na web de Andatui. Pincha sobre o logo e atoparedes máis detalles da proba e da inscripción.

Deporte en Tui

Aloia Kids Trail 22.

Sábado 7-8 de maio de 2022.

O pasado sábado 7 de maio de 2022, as 16:30h tivo lugar a Aloia Kids Trail, unha proba de correr, gozando do entorno do Parque Natural do Monte Aloia en Tui.

Aquí vos deixamos mostra dos xoves atletas da nosa escola, que participaron. Noraboa a todos eles!. Grazas a todas as familias e especialmente á profe Eli, por ser a responsable do Equipo de Deporte Escolar nesta proba. Moitas grazas á organización tamén, por contar sempre con nós.

 

Deporte en Tui

Aloia Kids Trail 22.

Sábado 7-8 de maio de 2022.

O vindeiro sábado 7 de maio de 2022, as 16:30h terá lugar a Aloia Kids Trail, unha proba de correr, gozando do entorno do Parque Natural do 

Monte Aloia en Tui.

As Categorías serán:

Sábado 7 de maio ás 16:30h.

BABY POWER: de 5 a 8 años

BABY ROCKET: de 9 a 11 anos

BABY WARRIORS: de 12 a 14 anos

Tódolos participantes levarán un agasallo o rematar a proba.

Domingo 8 de maio ás 10:00h

ADULTOS: realizarán a súa proba o domingo 8 de maio, a saída ás 10:00 da mañá e reservado para corredores maiores de 18 anos. 21km e con un desnivel de mais de 600 metros.

Maiores de 15 anos. Será unha proba de 12k e a saída será as 11:00 horas.

A inscrición na proba poderá realizarse cubrindo o seguinte formulario:

https://www.deporticket.com/web-evento/6808-aloia-trail

Atoparedes toda a información en :

http://www.traildoaloia.com/

Dende o Equipo de Deporte no 2, animamos a todo o alumnado e familias a sumarse a esta iniciativa de vida sa e saudable, que temos a oportunidade de gozar en Tui.

Deporte na Escola

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 21-22

Categoría Benxamín e Infantil

 O pasado martes 3 de maio, deu  comezo a competición escolar de Bádminton. A 1ª xornada da Categoría Benxamín ( 3º e 4º) e Infantil ( repetidores de 6º) foi no Pavillón do Ceip Randufe. Houbo unha gran participación de alumnado, que gozou dunha tarde fantástica de este deporte. Grazas a todo@s por animarvos a participar.

Deporte na Escola

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 21-22

Categoría Benxamín e Infantil

 O vindeiro martes 3 de maio, dará  comezo a competición escolar de Bádminton. A 1ª xornada da Categoría Benxamín ( 3º e 4º) e Infantil ( repetidores de 6º) será no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:15h. Tod@s @s participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran, chandal do mesmo e merenda. @s nen@s que vaian a Randufe directamente, terán que estar alí ás 16:30h. Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.



by Dr. Radut