Deporte en Tui

XVIII Andaina Tudense Solidaria 2022

sábado 14 de maio o club Andatui celebrará a XIII Andainatudense Solidaria 2022, cita anual para subir e gozar do monte Aloia.

Sairemos ás 10:00 horas desde a praza da Inmaculada, para recorrer varias rúas de Tui, antes de tomar rumbo cara a senda do Lagartón e chegar á ponte das Febres, despois subiremos polos muiños de Paredes ata o alto do monte Aloia, onde xantaremos arredor da capela de San Xiao. Pola tarde pasaremos ao carón do castro Alto dos Cubos, visita que recomendamos, antes de chegar de novo á praza da Inmaculada onde finalizará a XVIII Andainatudense Solidaria.

En total percorreremos sobre 23 quilómetros, tendo avituallamentos intermedios. No remate da Andaina Tudense faremos o sorteo de agasallos de costume.

Un ano máis a acción solidaria irá destinada a SOS Tomiño Baixo Miño, polo que na recollida do dorsal solicitamos entregar 1 quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros.

Datos de interese:

  • Recollida de dorsais: entre as 09:00 e as 10:00 horas na praza da Inmaculada.
  • Xantar: a partir das 14:00 horas arredor da capela de san Xiao.
  • Remate da andaina: aproximadamente ás 18:00 horas.
  • Prezo: 12 euros (inclúe seguro, camiseta conmemorativa, xantar e avitullamentos)
  • As inscricións finalizarán o mércores 11 de maio ás 23:59 horas. Máximo 200 prazas.

Atoparedes máis información na web de Andatui. Pincha sobre o logo e atoparedes máis detalles da proba e da inscripción.