Skip to Content

Febreiro 2017

FINAIS DE BÁDMINTON

FINAIS DE BÁDMINTON

O pasado mércores día 15 de febreiro, xogaronse ni IES de Tomiño as finais da competición escolar de bádminton nas categorías cadete, infantil, alevín e bexamín masculino e feminino.

Foi unha tarde chea de diversión e emoción a partes iguais. Todolos participantes levaron unha medalla de agasallo, ademáis do premio ao primeiro, segundo e terceiro posta.

Aqui vos deixamos unhas fotos da xornada e da entrega de medallas a todolos participantes.

Noraboa a todos e todas!!!!!!!

 

 

FINAIS DE BÁDMINTON

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 16-17

O vindeiro Mércores 15 de Febreiro terá lugar a Xornada Final  da competición escolar de Badminton, no Pavillón Municipal de Tomiño. O autobús sairá ás 15:45h do colexio. A volta será aproximadamente ás 20:30h.. Teredes que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiverades e chandal do mesmo. Os nenos que vaiades a Tomiño directamente tedes que estar alí ás 16:30h. Se tedes algunha dúbida podedes chamar ao teléfono: 650602161.

BALONCESTO FEMININO

COPA DA RAIÑA 2017

O perfumerías Avenida de Salamanca convertiuse onte en campión da copa da raiña de baloncesto, despois de superar ao Girona nun encontro no que estivo contra as cordas na primeira metade pero no que se refixo capitaneado por una excelente Silvia Domínguez, que foi designada como mellor xogadora do partido, despois de dar una clase maxistral de bo baloncesto na segunda metade e levando ao seu equipo a victoria final por un 80-74.

Noraboa aos dous equipos por ese partidazo!!!!!

 

CAMPO A TRAVÉS 2016-2017

 

Campo a Través Provincial 16-17.

Circuito Loureiro-Camiño da Verdella- San Miguel de Oia ( Vigo)

Domingo 12 de Febreiro 17

O Vpasado Domingo día 12 de Febreiro tivo lugar a proba de Campo a Través Provincial da presente campaña Deportiva, no Circuito de Loureiro- Camiño da Verdella en San Miguel de Oia en Vigo. Do noso colexio participou o equipo Alevín Feminino e Benxamín Masculino. Foi unha mañán fría e con moita choiva, con un circuito moi asequible e moi vistoso. Felicitar aos nosos participantes, que como veredes fixérono moi ben.

Podedes ver os resultados premendo aqui

HORARIO CAMPO A TRAVÉS PROVINCIAL

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS

San Miguel de Oia ( Vigo)

12/02/17

O vindeiro Domingo 12 de Febreiro de 2017, levarase a cabo o Campionato Provincial de Campo a Través da presente campaña escolar de Campo a Través.

A competición empezará ás 10:00h coa proba Cadete Feminino, ás 10:05h a proba Cadete Masculino, ás 10:30h a proba Infantil Feminino, ás 10:45h a proba Infantil Masculino, ás 11:00h a proba Alevín Feminino, ás 11:10h a proba Alevín Masculino, ás 11:20h a proba Benxamín Feminino e ás 11:30h a proba Benxamín Masculino.

Para chegar ao  circuito tedes que seguir a estrada Nacional N-325, adxuntamos plano para que vexades a localización

Tódolos nenos/as teñen que traer chánda (o do cole se o tiveran), a equipación do colexio ( camiseta e pantalón), e tenis. En caso de choiva que leven roupa seca para cambiarse.

¡¡¡IMPORTANTE!!! A roupa do colexio será devolta antes do Mércores día 15 de Febreiro.

Poden atopar máis información da proba na páx web www. agrudebam.es o una Web do cole: en Deporte no2

Para calquera dúbida podedes contactar con nós no Teléfono: 650602161

 

 

CLASIFICACIÓNS BÁDMINTON

Este martes día 7 tivo lugar a segunda, e última xornada clasificatoria da competición de bádminton.

Vos deixamos unhas fotos e un video da xornada.

Os primeiros clasificados xogarán as finais das súas categorías o vindeiro mércores día 15 de febreiro no IES de Tomiño.

Para ver a clasificación Alevín e cadete preme aqui

Para ver a clasificación Benxamín e Infantil preme aqui

ATLETISMO TUI

O equipo Cadete Feminino do

Club atletismo Tui-Thermalia.

Campeón galego por equipos.

O equipo cadete feminino do club de atletismo Tui-Thermalia, proclámouse campeón galego por equipos, a pasada fin de semana do 4-5 de febreiro, sendo a primeira vez que o clube consegue clasificarse como campión galego co equipo formado por Elsa, Laura, Lucía e Cinthia.

Esta vitoria fai que sexan as encargadas de representar a Galicia no vindeiro campionato de España que terá lugar en Oropesa o vindeiro 25 de febrero.

Dende o noso centro queremos felicitar a este gran equipo, ao seu adestrador Dani Mouriño e á dirección do Clube por esta vitoria e polo bo traballo que están a facer. Tamén facer una felicitación especial Lucía Portela, que foi antiga alumna do noso centro, e da que gardamos moi bo recordó.

Os nosos parabéns a todos e a disfrutar do vindeiro campeonato de España.

Podedes atopar máis información en:

http://www.infominho.com/index.php/id/103/objeto/32524/claves/El-Club-de-Atletismo-de-Tui-se-proclama-campeon-gallego-por-equipos-de-campo-a-traves?platform=hootsuite

FÚTBOL SALCEDA

Salceda Futbol.

O equipo Alevín do Salceda xogou esta fin de semana do 4 de Febreiro contra o equipo da Guía guardesa. O resultado final foi Salceda 5- A Guía 1. Noraboa equipo!

Información facilitada por Pablo Pérez  de 5ºC. Moitas gracias

RALLY DE MONTECARLO 2017

Rally de Montecarlo 2017

19-22 Xaneiro 2017

 

Do 19 ao 22 de Xaneiro tivo lugar a 85 edición do Rally de Monte Carlo 2017. Este ano esta proba contou con uns afeccionados de excepción, eles foron os nosos corresponsales deportivos na proba. Dani o pai e Pedro o tío de Claudia de 6ºA, estiveron disfrutando de esta gran proba xunto con uns amigos.

Como podedes comprobar estiveron nos boxes dos coches dos mellores pilotos do rally, disfrutando duns paisaxes impresionantes, das probas do rally e do mundo do motor que é un dos seus deportes favoritos.

Aquí vos deixamos algunhas fotos e videos da proba para que vexades o impresionante e fascinante que é este rally. Podedes atopar máis información en: http://www.wrc.com/es/wrc/calendar/monte-carlo-2017/page/683--683-682-.html

Moitísimas gracias ao papá de Claudia de 6ºA, por compartir con nós toda esta información, e darnos aos  nenos do cole a posibilidade de saber máis sobre este rally.

LECTURA DEPORTIVA

Lectura deportiva.

Os alumnos de 5ºC, sorprenderonnos hoxe martes 7 de Febreiro de 2017, pois casi todos nas súas lecturas diarias estaba un libro dos “ Futbolísimos”. En cada momento que teñen libre, na escola, na casa…aproveitan para seguir as aventuras dos seus amigos os futbolísimos…

Norabo boa chic@s, pola vosa aficción á lectura e noraboa por escoller lectura deportiva.

PROPOSTA DE CONTOS DEPORTIVOS PARA LER

Proposta de contos deportivos para ler e disfrutar do alumnos de 3º

Hoxe luns día 6 de febreiro de 2017, seguimos a recibir novas propostas de Contos deportivos para leer, os alumnos de 3º quixeron compartir con nós máis contos deportivos.

1º Lois de 3ºB  quixo compartir con nós unha das súas lecturas favoritas das aventuras de Gerónimo Stilton “¡El robo del diamante gigante!”. Un libro de aventuras onde o golf será o deporte protagonista, e onde a copa do torneo estará en xogo, animádevos a leelo. Podedes saber máis dos libros de Geronimo Stilton no seguinte enlace: http://www.clubgeronimostilton.es/misLibros.php:

2º Elena de 3ºA quixo compartir con nós outra das súas lecturas favoritas das aventuras de Pepe Carreiro “¡Os bolechas queren saber… como son os xogos olímpicos e paralímpicos de verán !”. Un libro moi interesante que nos fala dos distintos deportes olímpicos. Animádevos a saber máis das olimpiadas.

3º, Alejandro de 3ºA , truxonos un libro deportivo que descubrimos hoxe da colección de Mortadelo “ Mortadelo Especial Eurobasket 2007”. Un libro de baloncesto que nos leva a disfrutar do Eurobasket.

Moitísimas gracias a Lois, a Elena e a Diego por compartir con nós as súas lecturas favoritas. Dende o equipo de Deporte Escolar aproveitamos para animar a tódolos  nenos e nenas do noso colexio a disfrutar do apaixoante deporte da lectura.

Subir a novas e promocións.

 

 

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana do 4 de Febreiro contra o equipo do Cisne. Os parciais foron de 3-2//3-2//3-3//3-3 a favor do equipo tudense no que xogan vari@s alumn@s do noso cole. Noraboa equipo!

Información facilitada por Lucía Méndez de 6ºC. Moitas gracias

 

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana do 4 de Febreiro contra o equipo do Porriño. Os parciais foron de 9-3//7-6//6-4//7-3 a favor do equipo tudense no que xogan vari@s alumn@s do noso cole. Noraboa equipo!

Información facilitada por Uxía Soliño de 3ºA. Moitas gracias

CLUBE DE PATINAXE ARTÍSTICO RIBEX

O CLUB PATINAXE ARTISTICO RIBEX DE TUI

SUBCAMPEÓN GALEGO EN GRUPOS SHOW.

O Club de patinaxe Artistico Ribex de Tui, participou o pasado sábado 4 de febrero nas instalación do Pav das Travesas.

Está era a primeira competición anual da modalidade, a que marca o comezo das competicións oficiais. Un gran traballo do equipo participante na modalidade de grupos show, que se fixo coa medalla de prata, que lle da acceso a competir no campeonato de España.

Noraboa a todo o equipo.

2ª XORNADA DE BÁDMINTON BENXAMÍN

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 15-16

 O vindeiro Martes 7 de Febreiro terá lugar a 2ª Xornada da competición escolar de Badminton, a da categoría Benxamín  ( 3º e 4º) no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:15h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:45h.. Teredes que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiverades e chandal do mesmo. Os nenos que vaiades a Randufe directamente tedes que estar alí ás 16:45h. Se tedes algunha dúbida podedes chamar ao teléfono: 650602161.

CAMPO A TRAVÉS PROVINCIAL

 Campo a Través Provincial 16-17.

Circuito Loureiro-Camiño da Verdella- San Miguel de Oia ( Vigo)

Domingo 12 de Febreiro 17

            O Vindeiro Domingo día 12 de Febreiro vai ter lugar a proba de Campo a Través Provincial da presente campaña Deportiva Circuito de Loureiro- Camiño da Verdella en San Miguel de Oia en Vigo. Dita xornada está destinada os/as nenos/as de 2º a 6º que se clasificaron no Cros zonal de a Guarda. Os/as nenos/as que queiran participar en dita xornada deberán traer esta notiña asinada antes do vindeiro Venres día 3 de Febreiro. Para os nenos/as de Bornetas e Areas se fose necesario o autobús pasaría polas paradas.

Para ver o circuito pincha aqui

Para ver como chegar ao circuito picha aqui

2ª XORNADA DE BÁDMINTON ALEVÍN

2ª Xornada de bádminton alevín

O pasado martes día 31 de xaneiro levouse a cabo a segunda xornada de bádminton na categoría alevín. Esta foi a última xornada de clasificación.

Os primeiros nas clasificacións masculinas e femininas xogarán as finais o mércores 15 de febreiro en Tomiño.

Para ver as clasificacións prema aqui

Aqui vos deixamos unhas fotos e un video da xornada.

 

COPA DO REI

O Celta de Vigo eliminou ao Real Madrid nos cuartos de final da copa do Rei. Despois dun 1-2 no Bernabeu o equipo branco visitaba Balaidos coa premura de remontar ese resultado adverso.

O clube celeste animado por unha aficción de campionato mantivo a raia as embestidas dos merengues logrando o pase as semifinais cun empate a dous. No estadio de Balaidos volveu soar a "Rianxeira" e os vigueses soñan con facer algo grande nesta competición.

Hala Celta campión!!!!!

 

CONTOS DEPORTIVOS

Seguimos promovendo a lectura e o deporte esta vez foi Lía de 3ºA a que trouxo un conto para amosarllo aos campañeir@s.

O libro é sobre fútbol e está escrito en portugués e con unha forma chulisíma de balón de fútbol.

Dende o equipo de Deporte Escolar aproveitamos para animar a tódolos  nenos e nenas do noso colexio a disfrutar do apaixoante deporte da lectura.

O JUGGER UN DEPORTE NOVIDOSO EN GALICIA

O Jugger é un deporte que comeza a practicarse en Galicia a partires de 2010.

O Jugger é un deporte inspirado na película "La Sangre de los Héroes" (The Blood of Heroes, 1989), onde os xogadores intentan gañar e ter mellor calidade de vida loitando no campo de xogo…ainda que poderían perder a súa vida no intento.  Usaban calaveras de can como balón de xogo e os xogadores eran considerados coma héroes no lugar onde se proclaman campións.
 • Título: The Blood of Heroes
• Año: 1989
• Género: Ciencia Ficción, Acción
• Director: David Webb Peoples
• Actores: Rutger Hauer, Joan Chen,  

Como deporte o Jugger comezou a practicarse a comezos dos anos 90 en Alemaña. O primeiro partido que se xogou foi no ano 1993 nun evento de rol en vivo.
​No ano 2007 a "Asociación de Jugger" (Jugger e.v.) logrou que o Jugger fose considerado deporte oficialmente.

Ainda que onde máis se práctica é en Alemaña, hoxe en día tamén se xoga en Irlanda, España, Dinamarca, Reino Unido, Polonia, Italia, Australia, Estados Unidos y Costa Rica.

En España xogouse o primeiro Open Valenciano en 2009, posteriormente tamén comezaría a xogarse en Zaragoza, Madrid…

A Galicia o Jugger chegou a finais de 2010 grazas a Asociación Xuvenil Draco (A Coruña), que celebrou a primeira xornada de este deporte na cidade deportiva de Riazor.

O pasado Domingo 29 de Xaneiro de 2017, tivo lugar en Salvaterra de Miño o I torneo Irmandiño de Jugger.

O Jugger é un deporte de contacto brando, unha mezcla entre softcombat e rugby, onde a axilidade, a coordinación e a estratexia de equipo son imprescindibles.

Participan dous equipo. Cada un terá 8 xogadores: 5 xogadores de campo e 3 suplentes. Dos 5 xogadores 4 serán loitadores ( armados) e 1 será corredor ( desarmado) , este será o encargado de levar o balón ( chamado calaveira).​

O obxetivo é marcar puntos na base rival. Cada equipo terá que cubrir ao seu corredor, derrotando aos loitadores rivais e así facilitando que os seus corredores fagan punto.

Deixamosvos máis información de este deporte en: http://juggergalicia.wixsite.com/asociacion/los-origenes

RUTAS GUIADAS POLO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS

Rutas guiadas ao Parque Nacional das Illas Atlánticas.

A Xunta ofrece 12 novas rutas guiadas entre febreiro e abril para coñecer o parque nacional das Illas atlánticas.

·         As 12 rutas dos próximos tres meses chegarán aos catro arquipélagos e a primeira delas realizarase o vindeiro sábado 18 de febreiro á illa de Ons

·         prazo de inscrición para estas actividades comeza o mércores 1 de febreiro e estará aberto ata catro días antes da realización do percorrido

·         A actividade guiada polo parque será de balde para os participantes, que deberán asumir o custe do desprazamento ata o porto de saída e ata o arquipélag

Haberá rutas diferenciadas para adultos e menores, que poderán achegarse aos valores do espazo natural mediante actividades lúdico-didácticas

http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/3189/xunta-ofrece-12-novas-rutas-guiadas-entre-febreiro-abril-para-conecer-parque

CAMPIONATO GALEGO DE REMOERGÓMETRO

Martina Juncal e Amaia Sebastián no

Campionato galego de remoergómetro.

A Malata (Ferrol)

22-01-17

O pasado domingo día 22 de Xaneiro tivo lugar, no pavillón da Malata en Ferrol, o campionato galego de remoergómetro. Unha disciplina deportiva unida ao remo. Nesta edición estiveron dúas participantes de excepción: Martina Juncal alumna de 6ºB e Amaia Sebastian alumna de 6ºC, ambalas dúas  esforzáronse moito para preparar este campionato, onde se atopaban as mellores remeiras de categoría alevín de toda Galicia. As dúas practican remo en Tui, un deporte, unha paixón e unha tradición a seguir no río Miño.

A nosa noraboa a estas dúas grandes deportistas e a seguir practicando remo. Así mesmo, aproveitamos para felicitar a todos aqueles antigos alumnos do noso colexio que estiveron en dito campeonato, así como a todos os remeiros que participaron neste campeonato, así como no campeonato Nacional que tivo lugar en Castrelo de Miño o pasado sábado e Domingo 28 e 29 de Xaneiro. Noraboa polo voso esforzo e polo voso traballo.



by Dr. Radut