ATLETISMO TUI

O equipo Cadete Feminino do

Club atletismo Tui-Thermalia.

Campeón galego por equipos.

O equipo cadete feminino do club de atletismo Tui-Thermalia, proclámouse campeón galego por equipos, a pasada fin de semana do 4-5 de febreiro, sendo a primeira vez que o clube consegue clasificarse como campión galego co equipo formado por Elsa, Laura, Lucía e Cinthia.

Esta vitoria fai que sexan as encargadas de representar a Galicia no vindeiro campionato de España que terá lugar en Oropesa o vindeiro 25 de febrero.

Dende o noso centro queremos felicitar a este gran equipo, ao seu adestrador Dani Mouriño e á dirección do Clube por esta vitoria e polo bo traballo que están a facer. Tamén facer una felicitación especial Lucía Portela, que foi antiga alumna do noso centro, e da que gardamos moi bo recordó.

Os nosos parabéns a todos e a disfrutar do vindeiro campeonato de España.

Podedes atopar máis información en:

http://www.infominho.com/index.php/id/103/objeto/32524/claves/El-Club-de-Atletismo-de-Tui-se-proclama-campeon-gallego-por-equipos-de-campo-a-traves?platform=hootsuite