Skip to Content

Decembro 2018

Finais de Volei

Finais de Volei

Pavillón Randufe

19-12-18

O pasado día 19 de decembro, tivo lugar a última  xornada de Volei de esta campaña escolar. Do noso colexio participaron 3 equipos de categoría Benxamín Mixto e 3 equipos de categoría Alevín Mixto. Aquí vos deixamos as clasificacións e algunas fotos da xornada.Noraboa aos gañadores e campións.

Podedes atopar máis fotos e videos en Agrudebam: https://www.agrudebam.es/horario-extraescolar/volei/

Dinamización Intercentros Ceip Nº2-Ceip Sobrada

 Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Sobrada

Curso 18-19

Luns  día 19 de Decembro de 2018

 O pasado Luns día 19 de Decembro de 2018 tivo lugar no pavillón vello de Tui, a 2ª Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Sobrada. A xornada levouse a cabo de 10:15 a 13:45h aproximadamente, no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes foron 3ºA, 5ºA. Aquí vos deixamos as fotos dos bos momentos vividos e xogados cos amigos do Ceip Sobrada. Grazas por facer posible unha xornada onde disfrutamos e pasámolo moi ben xogando a: Minibalonmán, Minibaloncesto, Minivolei, Bádminton e Fútbol-sala. 

 

 

DEPORTE ESCOLAR. Volei Curso 18-19

DEPORTE ESCOLAR.

Volei Curso 18-19

Hoxe Mércores día 19 de ecembro,  terá  lugar a 2º e última xornada da competición escolar de volei. O horario será de 17:00h-19:00h. O autobús sairá ás 16:15h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:30h. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os/as  nenos/as que vaian a Randufe directamente terán que estar alí ás 16:30h. Para calquera dúbida poderán chamar ao teléfono: 650602161 e tamén atoparán máis información na web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar

Torneo de Nadal de Bádminton

III Torneo de Nadal de Bádminton.

O vindeiro venres 21 de decembro de 2018, terá lugar no Pavillón do Ies San Paio de Tui, en horario de 16:00h-21:00h, o III Torneo de Nadal de Bádminton, organizado polo Club Bádminton Tui en colaboración co Excmo Concello de Tui. Animádevos a participar.

VII Camiñada Solidaria 2018 Andatui

VII Camiñada Solidaria 2018.

O vindeiro día 23 de decembro, ás 10:00h terá lugar a VII Camiñada Solidaria 2018 organizada polo Club Andatui Regodepedra. A saída será dende o Palco de Música da Corredoira e terá unha distancia de 8km. Unha oportunidade estupenda para facer deporte en familia. A inscripción é de balde, so tedes que levar alimentos non perecedeiros que serán doados a SOS Tomiño. Animádevos.

I Carreira Nadal Tomiño 2018

I Carreira de Nadal de Tomiño 2018.

O vindeiro domingo 23 de decembro de 2018, terá lugar en Tomiño, con saída na Rúa Daniel Calzado, en horario de 11:00h-12:00h, a I Carreira de Nadal do Concello de Tomiño 2018, organizado polo Concello de Tomiño e o atletismo Trega. Animádevos a participar.

 

APRÁZASE A XORNADA DE VOLEI

DEPORTE ESCOLAR.

APRÁZASE A XORNADA DE VOLEI

Curso 18-19

O vindeiro Mércores día 12 de ecembro,  ía ter lugar a 2º e última xornada da competición escolar de volei. Esta xornada APRAZASE para o vindeiro Mércores día 19 de decembro, sentimos as molestias que isto lles poida causar. O horario será de 17:00h-19:00h. O autobús sairá ás 16:15h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:30h. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os/as  nenos/as que vaian a Randufe directamente terán que estar alí ás 16:30h. Para calquera dúbida poderán chamar ao teléfono: 650602161 e tamén atoparán máis información na web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar

Dinamización Intercentros

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Sobrada

Curso 18-19

luns  día 17 de decembro de 2018

 O vindeiro luns día 17  de decembro de 2018 terá lugar no pavillón vello de Tui, a 2ª Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Sobrada. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 3ºA, 5ºA. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.

Enquisa sobre hábitos de vida saudables

Enquisa sobre Hábitos de Vida Saudables.

Dende o proxecto Erasmus+ do Ceip Nº2 de Tui "Promovendo un estilo de vida saudable e feliz", solicitamos a vosa colaboración anónima como mestres, alumn@s e pais/nais do  alumnado do centro. Convidámosvos a que cubrades a seguinte enquisa de xeito anónimo, sempre respetando a veracidade das respostas. Cantos máis cubramos a enquisa máis reais serán os resultados da actividade física que temos nas  escolas Erasmus+ que formamos o proxecto. Grazas por adicar ao proxecto Erasmus+ un anaquiño do voso tempo e reflexionar sobre a importancia que ten a actividade física nas vosas vidas. Preme nas letras que teis a continuación para cubrir a enquisa.

Enquisa en Español Enquisa en Inglés
 

Tamén podedes cubrir a enquisa facendo uso do código QR da mesma.

GAÑADOR DE TIRO

Angel José González  GAÑADOR DE TIRO

17 Nov 2018.

O alumno Angel José González de 4ºB, apaixoado do deporte de Tiro, vend e gañar o pasado 17 de novembro de 2018 dous diplomas e dúas medallas nas modalidades nas que é máis experto e ten máis experiencia.

Así Angel José foi 1º Clasificado Junior en IPSC da Liga Social XIII Galaicos e tamén foi 1º Clasificado en Carabina Juniorla Liga Social XIII Galaicos. Noraboa A. J.

 

 



by Dr. Radut