Skip to Content

Abril 2019

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui xogou ante o Porriño o derradeiro partido da segunda rolda da  liga da temporada 18/19 da competición. O pasado 28 de Abril de 2019, os nosos deportistas xogaron esta xornada contra o equipo de Porriño. Neste equipo xogan e gozan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.

 Os parciais foron: Porriño-C.B.Tui: 2-6/4-5/4-8/4-4

Un triunfo que deixa boas sensacións para a vindeira tempada. Noraboa a todo o equipo polo gran traballo de esta tempada.

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 6ºA.

Carreira VII CorreXSalceda 19

Carreira VII CorreXSalceda 19.

Dom 5 de Maio 2019 (Concello de Salceda.)

         O Vindeiro domingo, día 5 de Maio de 2019, apartires das 10:30h, vai ter lugar a proba “VI Corre X Salceda” Concello de Salceda. Dita xornada está destinada os/as nenos/as  e adultos e adultas que queiran participar. 

Aquí vos deixamos a notiña de inscripción. Non esquezades traela antes do día 2 de Maio.

Campionato Provincial de Bádminton

DEPORTE ESCOLAR.

Campionato Provincial de Bádminton ( 3º, 4º, 5º 6º)

      11 de Maio de 2019

 O Vindeiro sábado día 11 de  Maio de 2019 a partires das 15:30h terá lugar a Final Provincial Escolar de Bádminton para alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º clasificados  na fase zonal de Bádminton en Tomiño. Dita xornada terá lugar no Pavillón Alvaro Pino de Ponteareas e participarán 2 equipos por categoría da Agrupación. O remate da xornada está prevista as 20:00h.

O autobús saíra do colexio ás 14:30h e está prevista a volta ás 20:30h con chegada a escola ás 21:00h

Do noso centro @s alumn@s clasificados son:

Equipo Benxamín Mixto:

Andrea Areal.

Equipo Alevín Feminino:

Claudia Estévez.

Equipo Alevín Masculino:

Raúl Carreto

Antón Freiría.

Noraboa a tod@s e a tod@s os que participarán tamén co CBT e cos demáis colexios da Agrupación.

Aquí vos deixamos a folla de inscripción.

Tamén podedes descargar a nota coa información da xornada aquí.

Campionato Provincial Tenis de Mesa 18-19

 

Campionato Provincial Tenis de Mesa 18-19.

 Pavillón Municipal de Romarigo CANGAS.

 Sábado 4 de Maio de 2019

             O Vindeiro Sábado 4 de Maio vai ter lugar o Campionato Provincial  escolar de Tenis de Mesa, en horario de 9:30h a 14:00h, da presente campaña Deportiva no Pav. Municipal de Ramarigo en Cangas. Ditas xornadas están destinadas os/as nenos/as de 3º, 4º, 5º a 6º que participaron na xornada final de Agrudebam. A data límite de inscripción remata o vindeiro xoves 2 de Maio de 2019.

 Para participar nesta xornada, podedes descargar a folla de Inscripción aquí.

Podedes atopar máis información en Agrudebam.es

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui segue a xogara segunda rolda da  liga da temporada 18/19 da competición. O pasado 21 de Abril de 2019, os nosos deportistas xogaron, unha nova  xornada contra o equipo de Cangas. Neste equipo xogan e gozan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.

 Os parciais foron: C.B.Tui-Cangas: 2-5/2-5/2-3/3-4

Moi bo partido, onde o equipo de Tui xogou moi ben aínda que non logrou gañar. 

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 5ºA. Grazas

Deporte en Familia.Carolina de 6ºB ensínanos a ruta de Sendeirismo de Caldelas a Salvaterra.

Deporte en Familia

Carolina de 6ºB ensínanos a ruta de

Sendeirismo de Caldelas a Salvaterra.

18 de abril de 2019.

Fai poucos días, inaugurábase unha nova ruta de sendeirismo entre a parroquia de Caldelas en Tui e o Parque da Canuda en Salvaterra. Unha ruta que vai moi achegada ao Río Miño, pola beira española. O pasado 18 de abril, Carolina de 6ºB e a súa familia dábannos conta dela e facíannos chegar fermosas fotos.

Aquí vos deixamos esas fotos para que vexades o fermoso que pode ser este paseo, para gozar en familia. Unha oportunidade única para facer actividade física, gozar da tranquilidade da natureza e da compaña da familia.

Moitas grazas a Caro e a súa familia por achegarnos unha nova ruta saudable.

Xornada de Loita Galega 4º

Xornada de Loita Galega 4º. Curso 18-19

O pasado mércores día 17 de abril, tivo lugar a Xornada da competición escolar de Loita Galega para  o alumnado de 4º. Dita xornada foi no Pavillón vello de Tui en horario de 10:00h-13:30h. Nesta xornada participaron o C.E.I.P Nº1 de Tui, o C.E.I.P Guillarei, o C.E.I.P de Randufe, o C.E.I.P de Rebordáns e o C.E.I.P Nº2 de Tui. Unha fantástica xornada onde o noso alumnado tomou contacto con xogos de iniciación a defensa persoal, a loita galega e o respeto aos contrarios.

DEPORTE ESCOLAR. Xornada de Loita Galega 4º. Curso 18-19

DEPORTE ESCOLAR.

Xornada de Loita Galega 4º. Curso 18-19

 O vindeiro mércors día 17 de abril, terá lugar a Xornada da competición escolar de Loita Galega para  o alumnado de 4º. Dita xornada será no Pavillón vello de Tui en horario de 10:00h-13:30h. Tod@s @s participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran, chándal do mesmo e merenda. Todas as familias que queiran disfrutar con nós desta proba poderán facelo asistindo de público ao pavillón. Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

Aquí vos deixamos a nota informativa por se precisades descargala

 

Final Galega Escolar de Bádminton Plus ( 4º e 5º) 27 de Abril de 2019

 

DEPORTE ESCOLAR.

Final Galega Escolar de Bádminton Plus ( 4º e 5º)

                               27 de Abril de 2019

O Vindeiro sábado día 27 de  abril a partires das 16:00h terá lugar a Final Galega Escolar de Bádminton para alumnos de 4º e 5º  inscritos na mesma. Dita xornada terá lugar no Pavillón do Ies San Paio de Tui de 16:00h-19:30h. Todos os participantes terán que estar alí 15 minutos antes da proba.

Tódolos nenos/as teñen que traer chándal( o do cole se o tiveran), a equipación do colexio ( camiseta e pantalón se  a tiveran senon traerán camiseta branca), e tenis..

 ¡¡¡IMPORTANTE!!! Podedes atopar máis información da proba na páx web na web do cole: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar e  Bádminton Tui.  Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

Aquí podedes descargar a nota informativa.

 

 

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui segue a xogara segunda rolda da  liga da temporada 18/19 da competición. O pasado 14 de Abril de 2019, os nosos deportistas xogaron, unha nova  xornada contra o equipo do Lalín.Neste equipo xogan e gozan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.

 Os parciais foron: Lalín-C.B.Tui: 4-1/5-4/4-3/5-4

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 5ºA

Carreira Popular de San Telmo 19 Sábado 27 de Abril 2019 (Tui )

Carreira Popular de San Telmo 19

Sábado 27 de Abril 2019 (Tui )

    O Vindeiro Sábado de San Telmo, día 27 de Abril pola mañá, vai ter lugar a Carreira de San Telmo 2019, na Corredeira de Tui. Dita xornada está destinada os/as nenos/as inscritos. Recordade que estamos de vacacións.

Categorías: Xuveníl  ( 5000m  nacidos 00/03  ás 11:00h), Senior ( 5000m  nacidos 84/99 ás 11:00h), Veteráns A e B ( 5000 m nacidos antes do ano 74/84 ás 11:00h), Cadetes e Infantil ( 2330 m  nacidos 04/05/06/07 ás 11:45h), Alevíns (700 m nacidos 2008/2009 ás 12:00h), Benxamíns ( 350 m nacidos nos anos 2010/2011 ás 12:15h), Prebenxamín (  175 m nacidos 2012/2013 ás 12:30), Pitufos ( 100m nacidos nos anos 14/15/16 ás 12:45h).

Todos os participantes terán que estar alí 15 minutos antes da súa proba para que lle deamos o dorsal. 

Tódolos nenos/as teñen que traer chándal( o do cole se o tiveran), a equipación do colexio ( camiseta e pantalón se  a  tiveran senon traerán camiseta branca), e tenis. En caso de choiva que leven roupa seca para cambiarse.

O Club Atletismo realizará a tradicional OPERACIÓN KILO na que os participantes intercambiarán un kilo de un alimento non perecedeiro polo seu dorsal. Ditos alimentos serán entregados a unha ONG.

                ¡¡¡IMPORTANTE!!! Podedes atopar máis información da proba na páx web na web do cole: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar e  www. Atletismotui.com. 

Aquí podedes descargar a nota informativa. 

 

Grandes deportistas tudenses

Grandes deportistas tudenses.

@s alumn@s de 5º e 6º investigamos sobre os/as deportistas máis importantes de Tui. Sabemos que son moit@s, nós tivemos a sorte de contactar con moitos deles, conseguimos entrevistalos e fixemos por grupos a terceira tarefa deste curso, para o Proxecto Erasmus+ que estamos a levar a cabo no centro, un "Popplet" coa información máis importante sobre eles/as. Foi unha experiencia incrible.

Pincha enriba do nome de cada deportista para velo en grande.

                      Alvaro Pino.

                          Ciclista.

         Enrique Miguez

            Piragüismo

         Manuel Garrido

           Piragüismo

            Nuria Dominguez

                 Remo

      Marisa Giraldez

         Bádminton

              María González

                 Remo

Alvaro Rodríguez.

Corredor de Cross

Lara Feijoo.

Piragüismo.

Juan Carlos Lorenzo Pimentel.Piragüismo.

Diego Rocha.

Futbolista

Javi Niño.

Baloncesto

.

Andrea González.

Padel

     
     
     
     

Finais de Tenis de Mesa

Finais Tenis de Mesa 18-19.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño.

10 de Abril de 2019

O pasado,  Mércores día 10 de Abril,  tivo lugar  a Xornada Final da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:45h, da presente campaña Deportiva 18-19 no Pavillón de Sobrada. Aquí vos deixamos as fotos dos partidos e da entrega de medallas. Noraboa a tod@s!.

CLUBE BALONMÁN TUI

 

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui segue a xogar a segunda rolda da  liga da temporada 18/19 da competición. O pasado 7 de Abril de 2019, os nosos deportistas xogaron, unha nova  xornada contra o equipo do Novás B. Neste equipo xogan e desfrutan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.

 Os parciais foron:  C.B.Tui-Novás B : 6-9/2-9/3-12/5-9

Carreira Popular de San Telmo 19 Sábado 27 de Abril 2019 ( Tui )

Carreira Popular de San Telmo 19

Sábado 27 de Abril 2019 (Tui )

      O Vindeiro Sábado de San Telmo, día  27  de Abril de 2019, a partires das 10:30h, vai ter lugar a Carreira Popular de San Telmo 2019.  Dita xornada está destinada os/as nenos/as  e adultos e adultas que queiran participar. Esta proba está organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia en colaboración co Concello de Tui, e gustaríanos contar con un gran número de participantes, xa que é aquí en Tui. Os/as nenos/as que queiran participar en dita xornada deberán traer a notiña que adxuntamos, asinada antes do vindeiro Venres día 12 de Abril. Xa que a vindeira semana enviarémoslles as notas co horario, despois ímonos de vacacións e quedaremos para o día da proba.

Aquí podedes descargar a folla de Inscripción. Animádevos a participar.

Campionato de España de Padel. Seguimos o deporte. 6-7 Abril de 2019.

Campionato de España de Padel

Seguimos o deporte

6-7 Abril de 2019

O pasado fin de semana do 6-7 de abril, tivo lugar en Alacante o Campionato de España de Padel, lugar no que se deron cita @s mellores xogador@s de Padel do Mundo.

Noa de 6ºB tivo a oportunidade de vivilo en primeira persoa e participar no mesmo xa que, xunto a súa familia e responsables do Clube Padel 8 de Tui, desprazáronse ata alí para participar no mesmo, xunto a outros deportistas do clube.

Noa contounos que foi unha experiencia inolvidable que viviu con moita ilusión. As fotos que aquí vos deixamos dan boa conta diso. De seguro estamos ante unha gran deportista que nos dará grandes éxitos nun futuro próximo. Noraboa Noa a ti e a tod@s @s de Padel 8 de Tui, por achegarnos estas interesantes noticias.

 

 

   

 

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui segue a xogara segunda rolda da  liga da temporada 18/19 da competición. O pasado 7 de Abril de 2019, os nosos deportistas xogaron, unha nova  xornada contra o equipo do Novás B. Neste equipo xogan e gozan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.

 Os parciais foron: C.B.Tui-Novás B : 6-9/2-9/3-12/5-9

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 5ºA

XVII Torneo Internacional de MiniBasket 5ª Eurocidade

XVII Torneo Internacional de MiniBasket

5ª Eurocidade

5-6-7 de abril de 2019.

Pavillón de Valença 

Os pasado fin de semana, do 5-7 abril tivo lugar o XVII Torneo Internacional de  MiniBasket 5ª Eurocidade, no Pavillón de Valença, no que participaron 30 equipos de Portugal e de España.

Este torneo incluía varias categorías:                           

·  Sub 8/10 mixto.

·  Sub 12 feminino.

·  Sub 12 masculino.

Nesta última categoría participou o equipo do C.B. Tui, no que xogaron varios alumnos do noso colexio: Stefany Sofía de 6ºA, Roque e Diego de 5ºA, Gonzalo e Héctor Ilias de 5ºB e Unai de 4ºA.

Ademais de compartir con outros equipos a fin de semana, estes xogador@s tiveron a oportunidade de gozar de un gran nivel de baloncesto.

Noraboa e a seguir traballando e esforzándose neste deporte que vos enche de ledicia.

 

Información facilitada pola familia de Diego de 5ºA. Moitas grazas. 

Finais Tenis de Mesa 18-19. Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 10 de Abril de 2019

Finais Tenis de Mesa 18-19.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño.

10 de Abril de 2019

O vindeiro,  Mércores día 10 de Abril,  vai ter lugar a a Xoranda Final da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:45h, da presente campaña Deportiva 18-19 no Pavillón de Sobrada. O autobús sairá do Ceip Nº2 de Tui ás 16:00h e a volta será a carón das 20:00h, pasará polas paradas de Rafi, Rotonda e Areas. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os nenos que vaian a Sobrada directamente terán que estar alí ás 16:15h. Se xurdira algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

Milla Erasmus+

Milla Erasmus+

30 de marzo de 2019.

Durante o mes de marzo de 2019 seguimos en cada recreo realizando a milla Erasmus+. Case todos os alumnos do cole aproveiramos este momento para realizar a milla e conseguir o noso gomet, para poner na clase e sumar millas. Durante o segundo trimestre tivemos gomets vermellos, a cor correspondiente a Torrevieja e agora xa estamos mudando á cor verde que corresponde a Dublín.

Como podedes comprobar no panel da Milla Erasmus+ @s nen@s de Infantil, 1ºA, 1ºB, 4ºB, 6ºB, 6ºC xa chegaron a Torrevieja.

Despois de tanto esforzo, Lúa deixounos un agasalliño nas aulas aos que chegamos. Unha carta animándonos a seguir sumando millas, para chegar a Dublín e unha pulseira de cor vermello a cor de Torrevieja.

A Lúa gustaríalle que as clases que ainda non chegaron a Torrevieja, se animen a sumar moitas millas durante o mes de abril, pois para elas tamén ten un agasalliño.

Tenis de Mesa 18-19.

Tenis de Mesa 18-19.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño.

3 de Abril de 2019

O vindeiro mércores día 3 de abril,  vai ter lugar a 2ª Xornada da Competición Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:45h, da presente Campaña Deportiva 18-19 no Pavillón de Sobrada. O autobús sairá do Ceip Nº2 de Tui ás 16:00h e a volta será a carón das 20:00h; pasará polas paradas de Rafi, Rotonda e Areas. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio (se  a tiveran) e chándal do mesmo. Os/as nenos/as que vaian a Sobrada directamente terán que estar alí ás 16:15h. Se xurdira algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.



by Dr. Radut