XVII Torneo Internacional de MiniBasket 5ª Eurocidade

XVII Torneo Internacional de MiniBasket

5ª Eurocidade

5-6-7 de abril de 2019.

Pavillón de Valença 

Os pasado fin de semana, do 5-7 abril tivo lugar o XVII Torneo Internacional de  MiniBasket 5ª Eurocidade, no Pavillón de Valença, no que participaron 30 equipos de Portugal e de España.

Este torneo incluía varias categorías:                           

·  Sub 8/10 mixto.

·  Sub 12 feminino.

·  Sub 12 masculino.

Nesta última categoría participou o equipo do C.B. Tui, no que xogaron varios alumnos do noso colexio: Stefany Sofía de 6ºA, Roque e Diego de 5ºA, Gonzalo e Héctor Ilias de 5ºB e Unai de 4ºA.

Ademais de compartir con outros equipos a fin de semana, estes xogador@s tiveron a oportunidade de gozar de un gran nivel de baloncesto.

Noraboa e a seguir traballando e esforzándose neste deporte que vos enche de ledicia.

 

Información facilitada pola familia de Diego de 5ºA. Moitas grazas.