Baloncesto

Final galega do equipo Alevín Masculino do Clube Baloncesto Tui

 

Final galega do equipo Alevín Masculino do Clube Baloncesto Tui

O pasado sábado 26 de maio o equipo Alevín Masculino do CB Tui, ao que pertencen tres alumnos de 5º do CEIP Nº 2 de Tui, Iago, Asier e Antón, xogaron a final galega na Estrada contra o Obradoiro.

 

A pesar de comezar gañando e chegar ao descanso empatados a 32 puntos, non lograron facerse coa vitoria, pero loitaron coma campións.

 

Noraboa rapaces!

 

 

CAMPUS de TECNIFICACIÓN JOE ARLAUCKAS - TUI 2015.

Un ano máis, e xa van catro, o Club Baloncesto Tui vai celebrar entre os días 27 de xullo e 1 de agosto de 2015 o tan esperado Campus de Tecnificación JOE ARLAUCKAS - TUI.

Como sempre volven contar na nosa cidade coa presenza do ex xogador da NBA e do Real Madrid Joe Arlauckas, amais de técnicos e xogadores de altísimo nivel, con eles gozaremos dunha gran semana de baloncesto en Tui.


No seguinte enlace podedes atopar máis información: http://www.cbtui.com/
 
 

Revista Copa do Mundo de Baloncesto 2014

Este ano celebrouse en España o Copa do Mundo de Baloncesto, aquí vos deixamos unha imaxe dos mellores momentos do mesmo recollidos nestas revistas.

Distribuir contido