CAMPUS de TECNIFICACIÓN JOE ARLAUCKAS - TUI 2015.

Un ano máis, e xa van catro, o Club Baloncesto Tui vai celebrar entre os días 27 de xullo e 1 de agosto de 2015 o tan esperado Campus de Tecnificación JOE ARLAUCKAS - TUI.

Como sempre volven contar na nosa cidade coa presenza do ex xogador da NBA e do Real Madrid Joe Arlauckas, amais de técnicos e xogadores de altísimo nivel, con eles gozaremos dunha gran semana de baloncesto en Tui.


No seguinte enlace podedes atopar máis información: http://www.cbtui.com/