XORNADA DE XOGOS POPULARES EN PRIMARIA

Xogos Populares

Despois de un par de intentonas, fallidas por causa da chuvia, o martes 15 de novembro levamos a cabo a xornada de xogos populares con todo ó alumnado de Primaria.

Foi unha xornada de convivencia, e de xogo moi divertida. Da man do alumnado de 6º que foron uns mestres e mestras excepcionais, poidemos practicar xogos de sempre como as canicas, o tres en raia, a corda, a goma, os cromos, as tabas, o pano, o brilé... e xogos tradicionais como a chave, a petanca, a ra, os trompos, carreira de carretillos, zancos...Ademáis este ano que estamos a traballar o barro, aproveitamos este material para xogar con tellas, macetas...con imaxinación calquera cousa sirve para inventar un xogo e pasalo ben cos compañeiros/as.

Aqui tedes unha pequena mostra da cantidade de xogos que fixemos.