EQUIPO BENXAMÍN DE BALONMÁN TUI

 

O equipo Benxamín do Club Balonmán Tui, xoga o Terceiro encontro da temporada

O pasado Sábado 5 de Novembro o equipo Benxamín do Club Balonmán Tui xogou o terceiro encontro da liga Benxamín federada de Balonmán.

O equipo tudense xogou na Guarda co seguinte resultado.

Guardés B- Tui . 14-2/7-3/5-8/15-10

 O equipo formado polas alumnas do noso colexio Lia Salvado, Uxía Soliño e Yosra Baatti, está moi ilusionado e con gañas de seguir xogando os vindeiros partidos...

Seguro que pouco a pouco os resultados irán chegando...poñédelle moitas gañas e ilusión.

Noticia facilitada pola familia de Uxía Soliño, moitas grazas.