BAIXADA DE CARRILANAS

O pasado venres 4 de novembro, a choiva deunos unha tregua e permitiunos facer a tradicional baixada de carrilanas e o magosto no cole.

Os nenos e nenas trouxeron unhas auténticas obras de enxeñería para tirarse pola costa do colexio, mentres tódolos compañeiros/as os animaban.

Foi moi divertido!!!!! Aqui vos deixamos unha pequena mostra da baixada das carrilanas.