Skip to Content

Monthly archive

Actividades deportivas nos clubes de Tui

ACTIVIDADES DEPORTIVAS NOS CLUBES DE TUI

Deixámosvos toda a información sobre as actividades deportivas que se realizan ao longo deste curso no concello de Tui.

Anímate a facer deporte!!!!!!!!                                

                                            Horarios aquí

O Equipo Alevín do Caldelas F.C. comeza a Temporada 15-16.

O Equipo Alevín do Caldelas F.C. comeza a Temporada 15-16.

O equipo Alevín do Caldelas F.C., comezou a pasada fin de semana, 18 de Outubro de 2015 a temporada 15-16.

Este foi o resultado, na primeira xornada de liga: 

Caldelas F.C- Tomiño A F.C.  Resultado 2-0

Con este resultado, o equipo tudense comeza con moi pé na liga, neste equipo xogan varios alumnos do Ceip Número 2 de Tui. Carlos, Mateo, Martín... Os nosos parabéns.

Información facilitada polos alumnos de 5ºC.

 
 

XORNADA DE XOGOS POPULARES E BAIXADA DE CARRILANAS

XORNADA DE XOGOS POPULARES E BAIXADA DE CARRILANAS

Coa chegada do Outono....xa cheiran as castañas...e con elas as carrilanas e os xogos!!!!

Este ano debido a choiva tivemos que facer estas actividades en días diferentes, pero non por iso foron menos divertidas

O pasado 27 de outubro fixemos o magosto e tamén un clásico xa na nosa escola: A BAIXADA DE CARRILANAS.

Só podemos agradecer a gran implicación de moitas familias que axudaron aos seus fillos/as a fabricala. O esforzo vale a pena... e senón mirade a cara de felicidade dos rapaces ese día.

Tivemos que deixar, por culpa do tempo, os Xogos Populares para outro día...

O luns 9 de Novembro estivo un día moi soleado...así que... alá nos imos a xogar!!!!!!!.

Aquí temos unhas cantas fotos dos xogos:

O Comezo do Curso

Chegamos ao COLE


  Cando os raios do sol escóndense,e o verán remata en Tui,os nenos xa preparan as mochilas e os libros para comezar un novo curso ,cheo de novos proxectos e actividades educativas.
Na fachada do colexio CEIP Nº2 de Tui ,víase como o
alumnado entraba ao colexio feliz  por comezar o curso,
desexando ver os seus compañeiros e profesores.

O ano comezou cunha proposta para o novo curso,como en todos os anos anteriores:o cine, o cómic...E este ano 
A HORTA organizado pola VOZ NATURA. Lúa a nosa mascota da Biblioteca,invitou a todo o colexio a disfrutar dunhas diapositivas das súas vacacións na horta ,esas experiencias inspirouna para o proxecto deste curso.
 

En este comezo do curso ,o profesorado a aumentado dado que an chegado novos profesores ao noso colexio.Como a profe Lorena(de educacion infantil),a profe substituta (de Ingles)Maria,ou o profesor Luis Prado de Ingles.

Ao comezo do curso 2015-2016,o alumnado de 3º e 6º ,tivemos a oportunidad de poder disfrutar dunha xornada de deportes variados:balonman,judo...Todos os que tivemos esa oportunidad o pasamos xenial.

 

II Xornada de Bádminton Alevín e Cadete

 II Xornada de Bádminton Alevín e Cadete

Martes 10 de Febreiro de 2015

Pav Ceip Randufe

Mañá, martes 10 de Febreiro, terá lugar no Pav do Ceip de Randufe, a II Xornada de Bádminton para as categorias Alevín e Cadete. A competición levarase a cabo dende as 17:00h as 19:30h. O autobús sairá do colexio as 16:30h e a volta ao mesmo sera as 19:45h. Para calquera dúbida poderan chamar ao telefono 650602161

DEPORTE ESCOLAR. Futbol-sala Curso 14-15

 

DEPORTE ESCOLAR.

Futbol-sala Curso 14-15

O vindeiro, Martes 17 de Marzo dará comenzo a competición escolar de fútbol-sala, a 1ª xornada terá lugar mañá, no Pavillón Municipal Novo de Tui. Ceip Nº2-Colexio Sta Mª Maristas. O horario dos partidos será o seguinte: 17:15h Benxamín ( alumnos de 3º e 4º) e 18:00h Alevín ( alumnos de 5º e 6º). Todos os nenos/as terán que estar no pavillón 15 min antes do seu partido. Esta xornada é para todos os nenos/as do cole que queiran participar. Teredes que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se ha tiverades , chandal do mesmo e botella de auga. Así mesmo, animamos a todos os/as nenos/as que non queiran xogar, que veñan a animar aos nosos equipos.

 

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

     Os próximos días 27 e 28 de maio vai ter lugar a avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria, establecida no artigo 20.3 da Lei orgánica 2/2006, de educación, modificada pola Lei orgánica 8/2013 do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.

     Esta avaliación ten como finalidade comprobar o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades do alumnado en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación coa adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática. Ten carácter informativo e orientador.


      Para saber máis presentámovos a ligazón á Resolución do 24 de abril de 2005 pola que se ditan instrucións aos centros educativos para o seu desenvolvemento.


http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150430/AnuncioG0164-270415-0004_gl.html

Móvete +

Móvete +

 

      O Programa Móvete +, e un programa no que o noso cole participou este ano por primeira vez, grazas á profe Patri. Este programa está destinado aos nenos/as de 1º e 2º de Educación Primaria.

Nel tivemos que crear a nosa coreografía, ensaiala e poñela en escea. Como este ano traballamos o Cine no cole, tamén creamos a nosa propia película.

 

Sendeiro das Fragas e Levadas do Calvo e Deva na Cañiza

Sendeiro das Fragas e Levadas do Calvo e Deva na Cañiza

Débora, Sonia e Erica, alumnas do noso cole, anímannos a visitar o Sendeiro das Fragas e Levadas dos Ríos Calvo e Deva. Elas fixeron deporte en familia a fin de semana pasada, aproveitando agora, no mes de Setembro a próxima chegada do Outono. Xunto coas súas familias percorreron o Sendeiro das Fragas e Levadas dos ríos Calvo e Deva. Nas seguintes fotos que nos trouxeron, podedes ver que merece a pena visitalas.

Elas disfrutaron moitísimo e pasáronno moi ben!!!!!!



by Dr. Radut