Skip to Content

Monthly archive

DEPORTE ESCOLAR. 2ª Xornada de Balonmán 14-15

DEPORTE ESCOLAR.

Balonmán 14-15

 O vindeiro,  Martes día 21 de Marzo de 2015, terá lugar  a  2ª Xornada da Competición Escolar de Balonmán, no Pavillón Municipal Novo de Tui. O horario dos partidos será de 16:00h-19:00h.Todos os nenos/as terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se ha tiveran e chandal do mesmo. Se tiverades calquera dúbida podedes chamar ao Tlfno:650602161

Podedes descargar a nota informativa aquí.

As alumnas de 5ºC Celia e Marta práctican Equitación

As Alumnas de 5ºC Celia e Marta, disfrutan no seu tempo libre e coas súas familias, do deporte que máis lles gusta. A equitación. Aquí vos deixamos voa proba diso. Os nosos parabéns!.

     
     

O vigués Jacobo Bastos participará no Campionato de Europa de Carrilanas

O vigúes Jacobo Bastos participará no

Campionato de Europa de Carrilanas.

Jacobo Bastos convertirase no primeiro galego en participar no Campionato Europeo de carrilanas. A cita será entre os 24 e os 26 de Xullo en Brescia, Italia. Para loitar polo podium serán 200 rivais os que terá Jacobo como contrincantes. Esta é unha modalidade, federada a nivel internacional, considerada como " a irmá rural" da millonaria Fórmula 1. O piloto vigués Bastos foi Campeón de España nos anos 2013 e 2014. Agora aspira a ser o número un de Europa.


Se queredes saber máis aquí vos deixamos o enlace á noticia publicada en Faro de Vigo.

Xornada de Formación

Sería moi interesante que asistirades todos os que poidades á formación  sobre a páx. Web que se dará o vindeiro martes 27 ás 18 horas na sala de informática.

CALENDARIO DA COMPETICIÓN DE FÚTBOL SALA

En Xaneiro comeza a competición de fútbol sala, aqui tedes o calendario da mesma.

Proxecto horto escolar

 

Os nenos e nenas de 1º preparamos semilleiros de cenorias, allos, allos porros, chícharos, cebolas...para posteriormente podelos trasplantar. Que ben o pasamos e canto nos gusta o proxecto!!

A tudense Silvia Leiras Campiona de España Infantil Femenina de Balonmán

A tudense Silvia Leiras, antiga xogadora do Clube Balonmán Tui e na actualidade xogadora do Club Seis do Nadal, participou coa Selección Galega de Balonmán no Campionato de España, que tivo lugar en Castellón, dende o 1 ao 7 de Xaneiro de 2015.

Para Silvia este ano é un ano de moitos cambios, a comezos de Setembro ficha polo Club Seis do Nadal, deixando o Club da nosa cidade onde se formou. Neste momento, se solicita a súa participación na Selección Galega de Balonmán.

No Campeonato de España a Selección Galega fixo un gran torneo. Gañan de 13 á Selección de Madrid na primeira xornada, tamén gañan a Navarra na segunda e na 3ª Xornada consiguen gañar a Valencia. Isto fai que pasen a cuartos de finais onde conseguen gañar a Canarias. 

A nosa Selección consegue pasar a Semifinais, onde xogan contra Calaluña, onde consiguen gañarlle  contundentemente. Isto deulles paso ás finais. 

As finais enfrontan novamente a Galicia- Valencia, na que Galicia se proclamou Campiona de España de Balonmán Infantil 2015.

A nosa Noraboa para esta gran xogadora e campiona, con un futuro prometedor!!. Así mesmo, os nosos parabéns para todo o equipo.

Aquí podedes escoitar a entrevista que Justi Peixoto lle fixo en Escoita Deporte:

 http://www.goear.com/listen/cf0e24b/programa-27-alejandro-ocampo-silvia-leiras-escoita-deporte-rmt

 

Xoán Coya practica deporte en familia.

Xoán Coya practica deporte en familia.

O alumno de 5ºA, Xoán Coya, está feito un intrepido deportista, un apaixoado do deporte, disfruta do deporte en familia, cada vez que ten oportunidade.

Podemos disfrutar das súas aficción deportivas: o karting, o piragüismo, o Sky, o senderismo….  que o practica coa súa familia.

Noraboa campeón, os grandes deportistas, non son aqueles que gañan medallas, senon aqueles, que cada día práctican deporte.

 

10 Regras Deportivas para Papás

10 Regras Deportivas para Papás.

Descubrimos que os papás son o xogador máis importante para os seus fillos/as. Un xogador que sen tocar o balón, é de gran axuda para ese pequeno gran xogador que é o seu fillo.

Aquí  deixamos 10 regras que seguro todos os papás e mamás xa estades a practicar moi ben. Gracias por facelo de esta maneira e acadar que os vosos fillos/as sexan grandes deportistas, non polos seus resultados senón coma persoas.

NENAS E NENOS CON TDAH

     Con esta publicación sobre o TDAH, a CEAPA, Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos, achéganos información sobre as características de este trastorno e apórtanos orientacións para lograr unha evolución positiva canalizando de maneira axeitada os síntomas do mesmo.

Preme na imaxe



by Dr. Radut