A tudense Silvia Leiras Campiona de España Infantil Femenina de Balonmán

A tudense Silvia Leiras, antiga xogadora do Clube Balonmán Tui e na actualidade xogadora do Club Seis do Nadal, participou coa Selección Galega de Balonmán no Campionato de España, que tivo lugar en Castellón, dende o 1 ao 7 de Xaneiro de 2015.

Para Silvia este ano é un ano de moitos cambios, a comezos de Setembro ficha polo Club Seis do Nadal, deixando o Club da nosa cidade onde se formou. Neste momento, se solicita a súa participación na Selección Galega de Balonmán.

No Campeonato de España a Selección Galega fixo un gran torneo. Gañan de 13 á Selección de Madrid na primeira xornada, tamén gañan a Navarra na segunda e na 3ª Xornada consiguen gañar a Valencia. Isto fai que pasen a cuartos de finais onde conseguen gañar a Canarias. 

A nosa Selección consegue pasar a Semifinais, onde xogan contra Calaluña, onde consiguen gañarlle  contundentemente. Isto deulles paso ás finais. 

As finais enfrontan novamente a Galicia- Valencia, na que Galicia se proclamou Campiona de España de Balonmán Infantil 2015.

A nosa Noraboa para esta gran xogadora e campiona, con un futuro prometedor!!. Así mesmo, os nosos parabéns para todo o equipo.

Aquí podedes escoitar a entrevista que Justi Peixoto lle fixo en Escoita Deporte:

 http://www.goear.com/listen/cf0e24b/programa-27-alejandro-ocampo-silvia-leiras-escoita-deporte-rmt