Skip to Content

Monthly archive

Deporte en Familia. VI Andaina Arume de Malvas polos Muíños do Río Furnía.

VI Andaina Arume de Malvas polos Muíños do Río Furnía.

Sábado 26 de Outubro de 2019

O Vindeiro sábado 26 de Outubro terá lugar a V Andaina Arume de Malvas polos Muíños do Río Furnía. Será de balde para tod@ aqueles nen@s que se animen a participar. Haberá xogos populares, merenda dabondo e algunha sorpresa. Dende o Equipo de Deporte no 2, animamos a todas as familias a participar nesta proposta de actividade que sirve para promover un estilo de vida saudable e feliz. Para anotarse pódese enviar un e-mail a: arumedemalvas@gmail.com ou chamar ao teléfono: 655602787

22 de novembro: O alumnado de 6º de EP, protagonistas da nosa radio

  

   Programa especial do mes de novembro a cargo do alumnado de 6º de Educación  Primaria con seccións moi interesantes e unha que outra sorpresa musical.

Accións formativas da Garda Civil contra os incendios forestais

A Garda Civil regresa un curso máis ás aulas do noso centro da man de Voz Natura con charlas informativas enmarcadas dentro do Plan Director para a Mellora da Convivencia e da Seguridade Escolar.

Hoxe, xoves 28 de novembro, axentes do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) impartiron charlas a todo o alumnado do centro co obxectivo de previr os incendios forestais e concienciar a tod@s do dano que o lume pode ocasionar na contorna que nos rodea.

 

   

 

CAMPO A TRAVÉS O ROSAL

CAMPO A TRAVÉS O ROSAL

Sábado 19 de Xaneiro de 19.

A proba de campo a través no Rosal terá lugar o vindeiro sábado 19 de Xaneiro de 2019 no campo de fútbol de A Canosa, no esteiro do Miño.

Celebráranse 8 carreiras, participando en cada unha delas as distintas categorías e sexos:

Benxamín, alevín,  infantil e cadete, tanto feminino como masculino.

Atoparedes información detallada en Agrudebam.

Receitas polo mundo:Cachupa de Cabo Verde

Cachupa de Cabo Verde

 

Ingredentes:

-Maíz desgranado e preparado(blanco e amarillo)

-Fabas(poden mezclarse varios tipos) un tipo de faba que conbina moi ben é o  feixao pedra

-Carne de porco salada(costela,touciño...)

-Pataca branca

-Boniato ou batata doce

-Mandioca ou yuca

-Cebolas

-Cenorias

-Allos

-Pementos

-Sal,pementa e aceite

-Comino

-Berza (opcional)

-Chourizo

-Laurel

Modo de preparación:

Póñense a cocer as fabas durante media hora.Despois añádese o maíz.

Tras hora e media,se lles agrega as carnes de cerdo previamente desaladas.

Despois de media hora aproximadamente de cocción,se lle botan as patacas,a cenoria,o boniato,a yuca,as berzas,a sal,a pementa e o comino.

Non olvides botarlleunha folla de laurel.

Cando lle falte media hora máis ou menos,se lle añade unha fritada de cebola,allo e pemento.

REPRESENTACIÓN DE ESPAÑA EN EUROVISIÓN.

Miki representará a España no festival eurovisivo coa canción "A venda", unha canción composta por Andriá Salas. Esta canción foi elexida o 20 de xaneiro do 2019 na gala eurovisión de OT 2018. O concursante de operación triunfo quedou 6º no certame.

Esta canción será a encargada de reprasentar a España no Festival Eurovisión 2019, que se celebrará o 18 de maio do 2019.O tema fala sobre o crecemento persoal e quitarse os prexuicios de encima a través de cambiarse un asi mesmo.

Esta canción xa saíu o 7 de marzo.

Redacción :Yasira e María.

ENDULZAMOS O FIN DE FESTA

Seguindo coa celebración e, para non perder o gusto por esta tradicional festa, preparámonos para unha espectacular degustación de pratos típicos do Samaín saudables cun gran toque de inxenio e orixinalidade.

Durante os últimos días, o alumnado do centro foi escribindo as súas receitas de cociña terrorífica saudable e hoxe, para rematar a xornada, trouxeron da casa as súas elaboracións coas que preparamos esta fantástica degustación. Queredes ver o resultado? Simplemente espectacular.

 

 

Moitas, moitas grazas a todas as familias pola implicación amosada e por esta gran participación.

 

 

Erasmus+. Fútbol Gaélico

O Fútbol Gaélico

Despois da viaxe a Armagh dos profes Adrían, Ramiro e Sara, aprendemos con eles moitas cousas sobre Fútbol Gaélico. Ramiro estivo en varias clases de Educación Física para ensinarnos cousas moi interesantes de este deporte. Eles tiveron a oportunidade de formarse como  monitores de Fútbol Gaélico en Armagh. Aquí vos deixamos algunhas fotos das clases que foron moi divertidas.

Cousas interesante de Fútbol Gaélico.

•      É un deporte de equipo que se xoga fundamentalmente en Irlanda. Sendo o máis importante do país, xunto ao Hurling e ao Rugby.

•      Xógase en equipos de 15 xogadores, nun campo de herba, rectangular con porterías en forma de H

•      Obxectivo é anotar puntos pateando ou golpeando o balón coas mas e metelo na portería, dando como máximo 3-4 pasos sen patear ou golpear o balón.

O Terreo de Xogo:

 

O campo e rectangular, de entre 130 y 145 metros de longo e entre 80 e 90 metros de ancho. As porterías son con forma de H a ambos lados con unha rede na parte inferior.

             O Balón:

 Utilizase un balón de coiro, similar a un de fútbol, pero lixeiramente máis pesado, e con forma horizontal, parecidas ao balón de voleiball. Pódese patear, así como executar pases coas mans. Para realizar isto golpease a pelota coas mans e co matapiollos.

Os Partidos:

Todos os partidos duran 60 minutos, divididos en dúas metades de media hora cada unha, cunha excepción de partidos senior entre condados, que duran 70 minutos (dúas metades de 35). Os empates  decídense xogando outra vez ou engadindo 20 minutos de tempo adicional en dúas metades de 10 minutos.

Equipo en Galicia:

Existen equipos masculino, femininos e outros que deciden  xogar mulleres e homes coas mesmas regras  para fomentar a igualdade de xénero en materia deportiva. A esta liga Galega chamase  Liga Gallaecia, y formouse a mediados do ano 2013. Os equipos que optan por esta opción son Suevia FG de Compostela, Ambílokwoi de Vigo, Afiador@s de Ourense, Torques de Lugoslavia de Lugo , Cascarilha de A Coruña, Condado Gaélico de As Neves, Gróvios FG de O Baixo Miño, Fusquenlha FG de Pontedeume, Buril FG de Sarria y Fanecas Bravas FG de Curtis.

 Aquí podedes ver algunha foto de como se xoga. 

 Pincha aquí se queredes investigar máis sobre fútbol gaélico. Atoparás información de este deporte en Galicia.

INICIAMOS NOVO CURSO ESCOLAR!!

Benvidos outra vez a un novo curso escolar!!!

Estamos desexando botar a rodar todas as novas ideas para a nosa horta. Este ano teremos axuda das mestras do equipo plurilingüe que xunto con todos os nenos van deixarnos unha horta moi bonita...esperemos que logo as verduriñas saian ben fermosas.

Estes días temos dado pequenos pasos....pero importantes. Xa temos a terra preparada grazas a nosa fresadora oficial. Esperemos que o tempo acompañe para comezar a sementar.

 que ben fresado quedou todo!!!

                                                                                                  Deu traballo pero quedou ben fresadiña, a que si??

XORNADA DE XOGOS POPULARES PARA Educación Primaria.

XORNADA DE XOGOS POPULARES PARA Educación Primaria.

Venres 25 de  outubro

O pasado venres 25 de outubro tivo lugar a xornada de xogos populares galegos,  para os alumnos/as de Ed. Primaria.

 Tiveron oportunidade de xogar a xogos antigos contados e ensinados polos nenos e nenas de 6º de  Ed. Primaria. Tamén tivo lugar a tradicional baixada de Carrilanas, feitas artesanalmente polas familias. Aquí vos deixamos as fotos do ben que o pasaron. 

 

Popular games for Primary Education

On Friday 28rd, our students from Primary Education enjoyed a "popular games day".

They played a series of ancient games with the help of 6th grade pupils. Thank you 6th grade for all your help.



by Dr. Radut