Erasmus+. Fútbol Gaélico

O Fútbol Gaélico

Despois da viaxe a Armagh dos profes Adrían, Ramiro e Sara, aprendemos con eles moitas cousas sobre Fútbol Gaélico. Ramiro estivo en varias clases de Educación Física para ensinarnos cousas moi interesantes de este deporte. Eles tiveron a oportunidade de formarse como  monitores de Fútbol Gaélico en Armagh. Aquí vos deixamos algunhas fotos das clases que foron moi divertidas.

Cousas interesante de Fútbol Gaélico.

•      É un deporte de equipo que se xoga fundamentalmente en Irlanda. Sendo o máis importante do país, xunto ao Hurling e ao Rugby.

•      Xógase en equipos de 15 xogadores, nun campo de herba, rectangular con porterías en forma de H

•      Obxectivo é anotar puntos pateando ou golpeando o balón coas mas e metelo na portería, dando como máximo 3-4 pasos sen patear ou golpear o balón.

O Terreo de Xogo:

 

O campo e rectangular, de entre 130 y 145 metros de longo e entre 80 e 90 metros de ancho. As porterías son con forma de H a ambos lados con unha rede na parte inferior.

             O Balón:

 Utilizase un balón de coiro, similar a un de fútbol, pero lixeiramente máis pesado, e con forma horizontal, parecidas ao balón de voleiball. Pódese patear, así como executar pases coas mans. Para realizar isto golpease a pelota coas mans e co matapiollos.

Os Partidos:

Todos os partidos duran 60 minutos, divididos en dúas metades de media hora cada unha, cunha excepción de partidos senior entre condados, que duran 70 minutos (dúas metades de 35). Os empates  decídense xogando outra vez ou engadindo 20 minutos de tempo adicional en dúas metades de 10 minutos.

Equipo en Galicia:

Existen equipos masculino, femininos e outros que deciden  xogar mulleres e homes coas mesmas regras  para fomentar a igualdade de xénero en materia deportiva. A esta liga Galega chamase  Liga Gallaecia, y formouse a mediados do ano 2013. Os equipos que optan por esta opción son Suevia FG de Compostela, Ambílokwoi de Vigo, Afiador@s de Ourense, Torques de Lugoslavia de Lugo , Cascarilha de A Coruña, Condado Gaélico de As Neves, Gróvios FG de O Baixo Miño, Fusquenlha FG de Pontedeume, Buril FG de Sarria y Fanecas Bravas FG de Curtis.

 Aquí podedes ver algunha foto de como se xoga. 

 Pincha aquí se queredes investigar máis sobre fútbol gaélico. Atoparás información de este deporte en Galicia.