Skip to Content

Monthly archive

Día de Europa. United in diversity. Unidos na diversidade.

Día de Europa.

United in diversity.

Unidos na diversidade.

O lema da Unión Europea “ unida na diversidade” fai referencia á maneira na que os europeos se uniron, formando a UE, para traballar a favor da paz e da prosperidade, beneficiándose ao mesmo tempo da gran diversidade de culturas, tradicións e linguas do continente.

O noso centro está nun proxecto Erasmus+ que promove estes valores, con colexios de Portugal, España, Italia e Irlanda.

Este lema que foi usado por vez primeira no ano 2000, celebrase cada 9 maio para conmemorar o Día de Europa.

Aquí vos deixamos o lema no idioma dos nosos compañeiros de proxecto Erasmus+

Galego: Unidos na diversidade

Español : Unida en la diversidad.

Inglés : United in diversity.

Irlandés : Aontaithe san éagsúlacht.

Italiano : Unita nella diversità.

                              Portugués : Unida na diversidade.

Promoción de Bádminton

Promoción de Bádminton

O pasado venres 13 de setembro, estiveron con nós Marisa e Jonathan do Club Bádminton Tui. Contáronnos moitas cousas interesantes sobre o bádminton e invitáronnos a practicalo cando queiramos, no seu clube. Moitas gracias.

 

Promoting  Badminton

 

Last Friday, September 13th, Marisa, Javier and Jonathan from Badminton Club were with us. They told us many interesting things about badminton and invited us to practice it whenever we want in their club. Thank you very much.

 

Promoción de Xadrez

Promoción de Xadrez

O pasado luns 16 de setembro estivo con nós Luis do Club Xadrez Tui. El contounos cousas moi interesantes sobre o xadrez, o importante que é para a concentración, etc...

Tamén nos convidou a ir a probar as súas clases, os sábados ás instalación do Casino de Tui.

Moitas grazas Luis por aportarnos tanto.

HORARIOS DO CENTRO

                                                                                                                                                                                                                                      

  HORARIO DE SECRETARÍA

  • Todos os días lectivos en horario de 09:15 a 14.00h.                                   

 

  HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS

  • Os martes de 16:00 a 17:00 horas, previa petición de cita a cada tit@r ou profes@r. En caso de non poder acudir neste horario, cada familia deberá poñerse en contacto con cada tit@r para atopar outro momento adecuado para todos, e así poder falar do seu fill@.

 

  HORARIO DA BIBLIOTECA ESCOLAR

  • Todos os días lectivos, de outrubro a maio, en horario de tarde de 16:00 a 17:00 horas para ler, consultar ou traballar. O alumnado de menor idade, sen autonomía para a lectura e o traballo individual, está acompañado por un familiar.
  •  O horario de empréstitos está establecido no horario de mañá para cada aula.

 

  HORARIO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

  • Todos os días lectivos de outubro a maio de 16:00 a 18:00 horas, seguindo un calendario establecido ao comenzo do curso, no que, cada familia, anota aos fill@s na actividade e horario que lle conveña.

 

  HORARIO DO COMEDOR

  • Todos os días lectivos de 14:15 a 16:00 horas. Para anotarse ao comedor terán que poñerse en contacto coa empresa de catering ARUME no correo electónico "soporteapp@colechef.com" ou no teléfono 607634413. 

 

  HORARIO DA AULA MATINAL

  • Todos os días lectivos de 07:30 a 09:15 horas.

 

  HORARIO DA AULA DE TARDE

  • Todos os días lectivos de 16:00 a 18:00 horas.

 

Aitana lanza “Tráiler”o seu primeiro gran disco.

 

O novo disco da cantante Aitana, coñecida pola súa participación no programa OPERACIÓN TRIUNFO, está composto por seis cancións espléndidas, entre elas o seu éxito “Vas a quedarte”, unha canción que fala de como alguén quere recuperar ao seu gran amor. Tamén está no disco o seu primeiro single “Teléfono” co cal fixo un remix con Lele Pons, unha cantante latino americana.

Outra das súas cancións é “Popcorn”unha canción que se lle ocorreu cando estaba comendo flocos de millo e comezaron a falar delas.

Por último temos unha canción chamada “Mejor que tú” que trata de que alguén lle fixo dano e ela llo está botando en cara.

 

Deporte en Tui. Club Balonmán Tui

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do Clube Balonmán de Tui xoga na  liga da temporada 18/19. O pasado 19 de xaneiro de 2019, os nosos deportistas tiveron unha nova  xornada contra o equipo de Porriño B. Neste equipo xogan e desfrutan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.

 Os parciais foron: Porriño B-C.B.Tui B: 4-3/4-4/4-2/2-6

Moi bo partido, onde o equipo de Porriño foi superior e gañou. O importante é o entusiasmo e a ilusión coa que xoga este gran equipo

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 5ºA. Grazas.

DIFICULTADE ESPECÍFICA DE LECTURA

 

 

     Orientacións para familias de alumnado con dificultades específicas de lectura, editadas pola Consejeria de Educación de la Generalitat Valenciana.

     Premede AQUÍ

 

Carreira VI 10 Km Concello de Salceda 19.

Carreira VI 10 Km Concello de Salceda 19.

Dom 5 de Maio 2019 (Concello de Salceda.)

         O Vindeiro domingo, día  5 de Maio pola mañá, vai ter lugar a  III Carreira 10Km Concello de Salceda 19, na praza do Concello de Salceda de Caselas. Dita xornada está destinada os/as nenos/as inscritos. A carreira dos adultos comeza as 10:30h, e a carreira das categorías inferiores e escolares dará comezo as 12:15h. Tod@s os participantes deberán están 15 min antes da súa proba para recoller o dorsal.

Tódolos nenos/as teñen que traer chándal( o do cole se o tiveran), a equipación do colexio ( camiseta e pantalón se  a  tiveran, senon traerán camiseta branca, e tenis. En caso de choiva que leven roupa seca para cambiarse.

       O Concello de Salceda realizará a “OPERACIÓN KILO” na que os participantes intercambiaran un kilo de un alimento non perecedeiro ( cereais, crema de cacao, chocolate, azúcre, cacao, café. En ningún caso facer aporte de pasta e arroz)  polo seu dorsal. 

Aquí vos deixamos os planos cos percorridos.

 

Tamén podedes descargar a notiña cos horarios aquí.

Camiño de Santiago Portugués e paseo no Cabo Fradera.

Camiño de Santiago Portugués e paseo no Cabo Fradera.

O mércores, día 27 de maio tivo lugar para o alumnado de 1º EP, unha actividade de sendeirismo para achegarse ao Camiño de Santiago Portugués que ten a súa porta de entrada en Tui e a visita á mesma, no patrulleiro do Miño, Cabo Fradeira.

Unha xornada de colaboración do centro coas familias, a Patrulla Naval do Río Miño e o Concello, onde o noso alumnado disfrutou moito navegando.

 



by Dr. Radut