Skip to Content

Monthly archive

DEPORTE ESCOLAR. Balonmán Curso 19-20

DEPORTE ESCOLAR.

Balonmán Curso 19-20

O vindeiro martes día 17 de decembro de 2019, dará comezo a competición escolar de Balonmán, para o alumnado de 1º a 6º que terá  lugar  no Pavillón Novo de Tui . O horario dos partidos será  de 16:00h a 19:00h. Todo o alumnado deberá estar ás 15:55 no pavillón novo e será recollido alí ás 19:00h. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chándal do mesmo. Para calquera dúbida poderán chamar ao teléfono: 650602161 e tamén atoparán máis información na web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar

Os Reis Magos en Galicia!

Os nenos e nenas de Educación Infantil, despois de traballar na aula a Lenda da Fonte de San Andrés de Teixido, queren compartir con tod@s nós esta fermosa canción onde se nos dí cómo as súas Maxestades de Oriente chegan a nosa terra e fan unha parada nesta famosa fonte.

 

DEPORTE ESCOLAR. Balonmán Curso 19-20

DEPORTE ESCOLAR.

Balonmán Curso 19-20

O pasado martes día 17 de decembro de 2019, tivo lugar o Torneo de Nadal de  Balonmán, organizado polo Clube Balonmán Tui, para o alumnado de 1º a 6º que tivo lugar  no Pavillón Novo de Tui . O horario dos partidos foi  de 16:00h a 19:00h. Unha xornada estupenda da que disfrutamos de balonmán cos nenos de nenas das escolas de Tui e Tomiño.

Gracias ao Clube Balonmán Tui por cotar con nós.

 

Handball 19-20

On December 17th, it was Christmas handball tournament organized by Tui’s handball club in Tui’s pavillion for students from 1st to 6th grade. It was a great day and we enjoyed playing with the students from Tui and Tomiño.

Biblioboletín 1º Trimestre curso 19/20.

Biblioboletín 1º Trimestre curso 19/20.

Aquí vos deixamos o biblioboletín onde damos conta trimestralmente as familias e Comunidade Educativa das novas do centro e do proxecto Erasmus+.

Biblioboletín 3º Trimestre curso 18/19.

Biblioboletín 3º Trimestre curso 18/19.

Aquí vos deixamos o biblioboletín onde damos conta trimestralmente as familias e Comunidade Educativa das novas do centro e do proxecto Erasmus+.

 

Biblioboletín 2º Trimestre curso 18/19.

Biblioboletín 2º Trimestre curso 18/19.

Aquí vos deixamos o biblioboletín onde damos conta trimestralmente as familias e Comunidade Educativa das novas do centro e do proxecto Erasmus+.

 



by Dr. Radut