Skip to Content

Monthly archive

Calendario Dinamizacións Intercentros

Calendario da Competición de  Dinamizacións Intercentros

Curso 19-20

Xa temos a vosa disposición o calendario da Competición de Dinamizacións Intercentros Escolar para este curso 19-20. Como comprobaredes no calendario seránen horario lectivo. Nesta competición animamos a participar a todo o alumnado de 3º a 6º.

Deporte na Escola: Dinamización Intercentros CEIP Nº2 de Tui- CEIP Sobrada

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Sobrada

Curso 18-19

Martes día 12 de decembro de 2019

 O vindeiro martes  día 12  de decembro de 2019  terá lugar no pavillón vello de Tui, a 2ª Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Sobrada. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 4ºA, 6ºC. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.

Dinamización Intercentros Ceip Nº2-Ceip Goián

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Goián

Curso 18-19

venres  día 18 de xaneiro de 2019

 O vindeiro venres día 18  de decembro de 2019 terá lugar no pavillón vello de Tui, a 3ª Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Goián. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 4ºC, 6ºB. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 18-19

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 18-19

O pasado martes 12 de febreiro, tivo lugar a 2ª Xornada da competición escolar de Bádminton para  a   Categoría Benxamín ( 3º e 6º) e Infantil (Repetidores de 6º). Dita xornada foi no Pavillón do Ceip Randufe. Aquí vos deixamos algunhas fotos dos momentos desfrutados durante a tarde.

NOVAS GRANADAS SECRETA DE FORTNITE

Na nova actualización de Fornite version 2.00 meteron unha nova skin granadas fresqueiras e o subfusil con silenciador.

E sacaron do xogo a escopeta pesada, o fusil de tirador de cerrollo.

A skin da SEMANA 9 chámase o prisioneiro: SKIN NEVADA.

Grandes deportistas tudenses

Grandes deportistas tudenses.

@s alumn@s de 5º e 6º investigamos sobre os/as deportistas máis importantes de Tui. Sabemos que son moit@s, nós tivemos a sorte de contactar con moitos deles, conseguimos entrevistalos e fixemos por grupos a terceira tarefa deste curso, para o Proxecto Erasmus+ que estamos a levar a cabo no centro, un "Popplet" coa información máis importante sobre eles/as. Foi unha experiencia incrible.

Pincha enriba do nome de cada deportista para velo en grande.

                      Alvaro Pino.

                          Ciclista.

         Enrique Miguez

            Piragüismo

         Manuel Garrido

           Piragüismo

            Nuria Dominguez

                 Remo

      Marisa Giraldez

         Bádminton

              María González

                 Remo

Alvaro Rodríguez.

Corredor de Cross

Lara Feijoo.

Piragüismo.

Juan Carlos Lorenzo Pimentel.Piragüismo.

Diego Rocha.

Futbolista

Javi Niño.

Baloncesto

.

Andrea González.

Padel

     
     
     
     

Unha rica ensalada da horta

 Unha rica ensalada da horta

O pasado xoves 23, os nenos e nenas de 4 anos fixemos una ensalada cos produtos que plantamos na horta: leitugas e cenorias. A maiores engadímoslle pavo, queixo, mazá, atún e espárragos. Saíunos tan deliciosa que non chegou toda a que preparamos e ¡quixemos repetir e facer máis!

PRESENTACIÓN ECOPATRULLA CURSO 2019-2020

A Ecopatrulla deste ano comezou hoxe coa presentación das súas funcións nas diferentes aulas do colexio. 

A verdade é que estaban moi emocionados e responsabilizados. Temos moita sorte porque sempre que se lles pide axuda aos nosos nenos e nenas para calquera tarefa do centro responden xenial.

Os alumnos das outras clases escoitaron en silencio e con gran atención, polo que imaxinamos que todos/as van facilitar enormemente a tarefa deste grupo de voluntarios/as.

O/as patrulleiros/as deste ano son:

De 6º A: Jorge, Gabriel, Gabriel L, Iago, Uxía, Alexandre e Anass.

De 6º B: Asun, Fátima, Daniela, Silvia, Lía, Brais.

De 6º C: Pablo, Kawan e Adam.

 

OUR ECOPATROL

Today our ecological patrol, the "ecopatrol", carried out a presentation activity to the students of the different classrooms. They introduced themselves, they told them about their responsibilities as volunteers and encouraged them to help with the waste management.

They were very excited and motivated with their new duty. We are very lucky because they react incredibly well to any task we ask them to participate in.

The rest of the students listened quietly and carefully, so we truly believe all the pupils will help this group of volunteers.

The ecopatrol volunteers are:

6th grade A: Jorge, Gabriel L., Iago, Uxía, Alexandre and Anass.

6th grade B: Asun, Fátima, Daniela, Silvia, Lía and Brais.

6th grade C: Pablo, Kawan and Adam.


Promoción de Baloncesto

Promoción de Baloncesto

O pasado luns 16 de setembro estivo con nós Samu, Carla e Alejandro do Club Baloncesto Tui. Con eles xogamos a baloncesto e aprendemos o importante que é xogar en equipo. Tamén nos convidaron a formar parte do seu Club.

Moitas grazas Samu, Carla, Jony e Alejandro por por crearnos ilusión polo baloncesto.

CURSO 2023-2024. HORARIO DO ALUMNADO

 

      

   Este  centro ten xornada  única  de  mañá: de 9:15 a 14:15h.

 Temos un recreo común para todo o alumnado permitindo a interacción no patio.

 Servizos como aula matinal e comedor escolar funcionan desde o 1º día de clase.

 As sesións son de 50 minutos, agás o tempo de lecer (recreo) e a hora de ler (4ª sesión) repartidas según se detalla a continuación:

 

 



by Dr. Radut