Skip to Content

Monthly archive

Deporte na Escola

Como xa ocurrira no curso pasado, o noso centro participa na competición de "Deporte na Escola" organizada pola Conselleria de Deporte.

Esta competición desenrólase ao longo do curso en diversas xornadas que se celebran pola maná. No noso colexio, participamos con 2 equipos:

  • Un de categoria A formado polos nenos e nenas de 3º e 4º e na que participamos con nenos e nenas do colexio Nº 1 de Tui, CEIP de Randufe, CEIP de Rebordáns, CEIP  de Guillarei e CEP de Altamira de Salceda
  • Un de categoria B formado polos nenos e nenas de 5º e 6ºe na que participamos cos colexios Infante Felipe de Salvaterra, CEIP Petelos de Mos CEIP de Sanguiñeda e CEP Altamira de Salceda.

Aquí están os nenos e nenas de 6º B o día que foron a competir cos de Salceda

En cada unha das xornadas temos que xogar a varios deportes como:

   

 Baloncesto

Fútbol

   

 Bádminton

 

Unha proba cultural na que temos que estudiar 400 preguntas de Lingua, Matemáticas, Naturais e  Educación Física das que cada colexio ten que contestar 20.

   
   

 

O que máis nos gusta desta competición é que coñecemos a un montón de nenos e nenas doutros colexios cos que xogamos toda a maná independientemente de que gañemos ou perdamos.

 

 

 

 

 

Novas do verán

 Nesta páxina web facémonos eco de noticias que suceden importantes para todos e todas. 

Dende o Clube de Remo MIÑO chegou ao Centro unha información digna de publicar.

 A PROFE BEA BRONCE NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

" Unha Timonel de altos voos"

 

   

A pasión desta "pequena gran profe" polo remo, comeza un mes antes do Campionato de España celebrado os días 28 e 29 de Xuño de 2008. Ata a esa data malamente sabía levar o seu coche entre as dúas liñas da carretera. Agora é toda unha profesional levando o timón do "catro con timonel" que conseguiu a medalla de bronce nos Campionatos Nacionais, considerada como " O Fernando Alonso dos timóns"

Tripulación comprobando o peso da timonel, ao voar moi por riba das suas cabezas, foi considerada válida

O entreno foi curto pero intenso, a base de kilómetros polo Río Miño timoneando e comendo bocadillos de leituga sen pan, para non aumentar de peso, pero esta profe é de raza e non se queixou nin o máis mínimo.

A súa representante, a profe Seves, foi a encargada de vixiar os seus entrenos, e sobor de todo que non comera máis de tres follas de leituga, bueno, en días festivos catro.

E gracias a todo ese esforzo, conseguiuse esa medalla, que xa loce na sua vitrina e o ano que ven máis.

 

NOTA.- Se alguen quere fichala, a clausula é de 30 millóns de Euros

AVISO.- Esta profe está protexida por 4 remeiros, procuren non molestala.

 

   

 

 

 

 

Día da Paz

Con motivo da conmemoración  do Día da Paz, o día 30 de Xaneiro, este ano   celebraremos o día cunha representación teatral a onde acoderon todos os nenos/as do centro. A actuación estivo organizada pola ANPA do colexio, sempre dispostos  a colaborar connosco en actividades formativas para os nosos nenos e nenas.

Este ano tivemos connosco o grupo MIGALLAS coa súa obra "E se o cantamos ". Trátase dunha peza na que se combinan cancións con esceas breves para tratar temas como os xogos colectivos e tradicionais fronte aos videxogos e xoguetes electrónicos;  a importancia das relacións entre os avós e os netos; a violencia e publicidade na televisión; os xoguetes bélicos e sexistas; a problemática do galego e o castelán; a importancia da música e do baile...

 

 

Ao acabar fixose entrega dos premios do concurso de debuxo organizado tamén pola ANPA. Este ano o tema é " O leite, o queixo e os iogures son bos para os nosos dentes " tentanto traballar  e colaborar na educación para a saúde. . Houbo premios individuais e colectivos por ciclos.

 

   
 Patricia de 4º A fixo un debuxo moi bonito, e Susana unha mamá da ANPA faille entrega do seu regalo  Alberto  de 5º C tamén gañou co seu debuxo, aquí Ana estalle entregando o seu regalo.

                                           

 

                                             Se queres ver todos os debuxos gañadores/as preme aquí

 

A mochila viaxeira

 

           Dentro das actividades que se programaron para os nenos e nenas  dende a biblioteca do centro para este curso, está a da "Mochila Viaxeira". Esta mochila permite levar á casa libros para toda a familia. Polo tanto hai contido para cada un dos membros da familia para que lean xuntos.

Neste proxecto están este curso 8 cursos, dende 4º ata 6º de Primaria.

A mochila permanece en cada familia 7 días, e o fin terá que devolvela para que poida pasar a familia seguinte.

 

   

 

 Aquí está Nerea pasándolle a  Fátima a mochila. 

Esperamos que a familia desfrute xunta do pracer da lectura!!!

 

 

Día de San Martiño

 

                                                                                              

      Con motivo da chegada do outono, da celebración do magosto, do día de San Martiño ou por calquer outro  motivo que nos leve a facer festa, no noso centro fixemos o 11 de Novembro :

"Unha Xornada de Xogos Populares" e a "I Baixada de Carrilainas"              

Ao longo da mañá estivemos no patio por grupos nos que estaban nenos e nenas de 1º a 6ºde Primaria. Estos últimos como son os maiores fixeron de monitores.

Había no patio 25 xogos Populares polos que ibamos pasando en turnos. Estabamos 15 minutos e ...a cambiar de xogos. Todos nos pareceron moi divertidos.

Algúns deles foron:

   

 Palma corrida

 A petanca

 

 

 O risco

 Carreiras de sacos

 

 

 Os Trompos

 Os Zancos

Aros con guías

Castelos de carozos

 

 Encaixe de Aros

 

        Pero o momento máis esperado era o da "Baixada de Carrilanas" pola rampa de acceso ao centro. Durante os últimos días os nenos e nenas foron construíndo as súas carrilainas na casa coa axuda das familias para poder ese día participar.

   
  Aquí baixa Martín co seu bólido  Rubén e o seu pai baixan noutro máis preparado.

   
 Aquí estan algunhas carrilainas preparadas para saír. Un, dous.....  .....e tres.

 

 Os profes e os pais e nais tamén se animaron a baixada. Aquí os vemos en plena carreira. A profe Bea parece que vai primeira pero... perdeu forzas e ao final non foi a gañadora.

 

      E nun día coma o de San Martiño non podíamos deixar de facer o magosto. Ao acabar a baixada de carrilanas fixemos as fogueiras para comer as castañas asadas.

   
   

Estábanche moi boas e ademáis tiñamos fame despois de tanto xogar.

 

 

Os nenos e nenas de Educación Infantil no día seguinte xogaron tamén a eses xogos adaptados a súa idade. A eles tamén lle gustaron moito.

   
   

Tamén aproveitamos para moitas máis actividaes na clase.                                                     
   
 Estamos ao lado de Don Ourizo e Dona Castaña para facer unha foto con eles  Na clase vendo as cousas necesarias para facer o magosto.

A verdade e que o pasamos moi ben. Gustáronnos tanto os xogos que durante este mes nos recreos vamos a seguir xogando con eles.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fútbol-sala

 

Outra competición  na que o CEIP Nº 2 de Tui participa é a de fútbol-sala.

Neste caso hai competición masculina e feminina.

 

 

 

Aquí está o noso equipo alevín feminino

 

 

 

 

 

 O equipo alevín masculino en plena pose antes do partido  E aquí os benxamíns do cole

 

 

 

A Biblioteca nos recreos

 Dende a inauguración da biblioteca podemos ir no recreo a ler, anotar un libro para ler na casa, xogar...

Os nenos e nenas de 6º son os encargados da biblioteca. Eles son os maiores, e xa é o seu último ano no cole. Son os que vixían en turnos  de tres, que se respeten as normas así como tamén anotan os libros que levamos para a casa no ordenador.

 

 

Nós na biblioteca podemos ler libros, contos , revistas, xornais ... pero tamén podemos xogar con xogos que hai nunha estantería, deixando despois todo recollido. Temos puzzles, cartas, tres en raia, xadrez ...

 

   

 

 

 

Viaxe de 6º a Coruña

 Os nenos e nenas de 6º de Primaria viaxan todos os anos a Coruña. É unha actividade programada xa dende principio de curso na Programación Xeral Anual.

Esta viaxe é a máis longa das que facemos no centro por iso van os que xa son maiores. Temos que saír moi cedo e non voltamos ata tarde.

Alí facemos unha serie de visitas obrigadas na cidade, A Casa das Ciencias, A Casa dos Peixes e a Casa do Home. Pero tamén podemos ver o Paseo Marítimo, os xardíns da Cidade...

   
 Na entrada da Casa das Ciencias está o Péndulo, e estivemos esperando que tirase as pezas do chan.  Dentro hai un montón de actividades de Ciencias nas que os nenos e nenas son os protagonistas.

Na Casa do Home tamén hai un montón de experiencias. Aquí estamos provando co olfacto

 

 

Saída a Vigo dos nenos e nenas de 2º de Primaria

 

O mércores 23 de abril  os nenos e nenas de 2º de primaria viaxamos a Vigo .

 A nosa primeira parada foi na Policía Local de Vigo. Alí  coñecemos a "Boli", un policía moi amable que nos explicou cal era o seu traballo e onde traballaba.

                                                                                                  

   
 Aquí estamos na entrada onde estaban os coches e as motos.  Nesta sala están as cámaras que controlan a cidade. Boli explícanos todo e estamos moi atentos.

 

Ao acabar a visita a Policía tivemos un momento de descanso.

 

 

   
 Aquí estamos xogando no parque despois de merendar  Como había música poidemos ata bailar.

 

E despois na mesma praza do Concello participamos nunha actividade da "Campaña Mundial pola Educación". O que tentamos é facer ver a importancia da educación de balde, obrigatoria e pública, sobor de todo en moitas partes do mundo pouco favorecidas.

Entre un montón de colexios fixemos un puzzle xigante. Como decía o lema da Campaña

                                                                          PON A TÚA PEZA! TODAS CONTAN.

   
 Aquí Martín e María están colocando a súa peza.  Agora estamos colocando outra peza que traiamos decorada xa do colexio

 

   
 Despois lemos  desexos de todos nós; que no mundo todos os nenos e nenas poidan ter unha escola, que haxa paz, que os nenos e nenas non teñan que traballar...  Despois o Alcalde de Vigo, Abel Caballero, estivo falando con nós e fixemos unha foto con él.

                       se queres ver o video preme aquí                    

Para rematar a visita demos unha volta polo Castro. Así poidemos ver a cidade dende arriba

 

 Pasámolo moi ben ainda que viñemos cansados. Xa temos ganas de voltar  outra vez de excursión.

 



by Dr. Radut