Elia queda na casa e fai unha pelota con material de refugallo, para practicar actividade física .

Elia queda na casa e fai unha pelota con material

 de refugallo, para practicar actividade física.

Hoxe xoves día 2 de abril, Elia quixo compartir con nós a súa pelota ruidosa, feita con material de refugallo. Fabricouna con bolsas de plástico, un ovo onde veñen as sorpresas dos ovos Kinder e contas para facela soar. Con ela xoga con Manuel o seu irmá. Gran traballo e fantástica idea Elia. Sodes uns campións.

Aquí vos deixamos as súas fotos e o seu vídeo, para que vos animedes a fabricar os vosos propios materiais deportivos, para facer moita actividade física na vosa casa, tamén.

Moitas grazas a Elia e a súa familia por compartir todos estes fantásticos materiais con todos nós.