Skip to Content

Monthly archive

Partido Fútbol sala

O Venres 22 de Marzo ás 17:30 , tivo Lugar no Pavillón do Centro Cultural de Areas, un partido de fútbol-sala Alevín, entre o equipo do Centro Cultural de Areas e o Ceip Nº 2 de Tui ( Alumnos de 5º e 6º). Resultou un gran partido e pasárono en grande.

 
 

 

 

SANBENITOS

Os nen@s do 3º Ciclo amosáronnos os “SANBENITOS” (sacos benditos) que se atopan na nosa cidade.

 

BÁDMINTON

 

 

Durante a 2ª evaluación levouse a cabo a competición escolar de Bádminton no Ceip de Randufe, donde participamos cos coles Ceip Nº1 de tui, Ceip Randufe, Ies Indalecio Perez Tizon e Colexio Sta Mª Maristas.

 

   

 

 

 

 

Excursión a Ourense dos alumn@s de 5º de Primaria

SAÍDA  A  OURENSE

 A excursión de Ourense encantounos. Viaxamos no “tren pola beira do Miño” e cantamos a canción que aprendimos para recibir  aos profes do ARCE.

Visitamos a cidade e os lugares do refrán:

“Tres cousas hai en Ourense que non as hai en España:O santo Cristo, a Ponte e as Burgas fervendo auga”.

De remate, fomos  a bañarnos nas augas quentes e medicinais de Outariz.

Pasámolo moi, moi ben.

 

BALONMÁN

 

Os alumnos do Ceip Nº2 de Tui: Saúl González,  Iago López, Xabier Soliño e Adrián Areal comezarón a pasada fin de semana a Liga Federada de Balonmán, xunto aos seus compañeiros de equipo da Categoría Alevín do Club Balonmán Tui.
Esta fin de semana, tal como podemos ver na foto xunto aos seus adestradores Caterina Estévez e Marc Martínez antigos alumnos/as do Ceip Nº2 de Tui e tamén xogadores das categorías superiores do Club Balonmán Tui, xogaron o 2º partido da liga Atl Novás- C.B. Tui, donde a victoria foi contundente para o equipo tudense gañando os catro períodos do partido.

Noraboa Campións!.

 

XA TEMOS O PRIMEIRO PROGRAMA!

Ola a todos!

Xa temos o noso primeiro programa, podedes escolitalo na nosa sección: "programas".

Estamos recollendo todas as vodas dedicatorias, moi pronto poderedes escoitalas.

 



by Dr. Radut