Skip to Content

Monthly archive

A alumna do Ceip Nº2 de Tui Lucía Portela

A alumna do Ceip Nº2 de Tui Lucía Portela e atleta do Club Atletismo Tui-Thermalia, proclamouse o pasado sábado 23 de febreiro no concello lugués  de Guitiriz campiona Galega de Campo a Través.

Lucia unha atleta con gran proxección deportiva, proclamarase respectivamente campiona zonal no Rosal no pasado mes de Novembro, recentemente tamén foi campiona provincial na proba que tivo lugar en Chenlo Porriño. Aquí esta coas súas tres medallas: Campiona Zonal, Campiona Provincial e Campiona Galega, cos seus compañeiros e compañeiras de clase.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Musical Educación Infantil "EL REY LEÓN"

Sorry, flash is not available.

1ª Xornada de Volei en Randufe

    O pasado mércores 20 de Novembro  tivo lugar a 1ª Xornada de volei no pavillón de Randufe. O noso cole participou con 4 equipos benxamíns e 1 alevín, aquí vos deixamos algunhas fotos e o enlace a moitas máis.

www.agrudebam.es

 

 

 

TRABALLO NA RADIO

 

Xa comezou a traballar o segundo equipo da radio formado por :

-Naím, Carolina, Catalín e Ainhoa de 5ºB

-Brian, Diego, Alex e Ruth de 6ºB

Clara e Lorena de 6º C.

 

Dámoslle as gracias ao primeiro grupo que nos acompañou dende comezos de curso, integrado por:

-Cristian, Saúl, Carla  e Lucas de 5ºA

-Pablo, Alba, Blanca e Gabriel de 6ºA

- Israel e Claudia de 6ºC.

Os programas foron elaborados íntegramente por eles, tanto os guións coma as gravacións.

Un traballo excelente rapac@s!!!!

 

 

 

 

TENIS DE MESA

Tenis de Mesa 13-14.

Ceip Sobrada Tomiño. 9 de Abril de 2014

O vindeiro  mércores día 9 de Abril van ter lugar as Finais da competición  escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:30h, da presente campaña Deportiva en Sobrada.

O autobús sairá do Ceip Nº2 de Tui ás 15:55h e a volta será a carón das 20:00h.

Participarán nesta xornada os/as nenos/as clasificados na xornada anterior. Teredes que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiverades e chandal do mesmo. Os nenos que vaiades a Sobrada directamente tedes que estar alí ás 16:15h.

Se tedes algunha dúbida podedes chamar ao teléfono: 650602161.

 

 

 

 

 

 

 

Competición Escolar de Tenis de Mesa

      Este Mércores 26 de Marzo de 2014, comeza a Competición Escolar de Tenis de Mesa. Será no pavillón de Sobrada de 16:30h a 19:30h para o alumnado de 3º,4º,5º,6º.

     Animádevos a participar.

     Vos deixamos aquí a folla de inscripción e o horario.

 

 

TENIS DE MESA


PROPOSTA DE ACTIVIDADE DEPORTIVA EXTRAESCOLAR DIRIXIDA A TODOS OS ALUMNOS DE PRIMARIA DO CONCELLO DE TUI

ENTIDADE ORGANIZADORA: AGRUPACIÓN DEPORTIVA BAIXO MIÑO EN COLABORACIÓN CO CLUBE VINCIOS DE TENIS DE MESA.
DIAS DAS ACTIVIDADES: VENRES.
HORARIO: 16:15h-17:45h

LUGAR:XIMNASIO DO CEIP Nº2 DE TUI

RESPONSABLE TÉCNICO: MONITORES DE TENIS DE MESA DO CLUBE TENIS DE MESA DE VINCIOS: SAMUEL É XOGADOR DO CLUBE DE CATEGORÍA SENIOR MASCULINO COMPETINDO A NIVEL NACIONAL

CUOTA: TERÁ UN CUSTE  MENSUAL 10 EUROS. E O PAGO EFECTUARASE TRIMESTRALMENTE
COMEZO ACTIVIDADE: OUTUBRO

QUEREMOS PEDIR A VOSA COLABORACIÓN NA DIFUSIÓN DESTA INFORMACIÓN ENTRE O ALUMNADO POR SE ACASO HOUBERA ALGÚN INTERESADO EN INSCRIBIRSE NESTA ACTIVIDADE.
AGRADECEMOS A VOSA COLABORACIÓN.GRACIÑAS

INSCRIPCIÓN

Elaborando o primeiro Programa de Radio

Temos de novo en funcionamento a radio do cole " O dous na Onda", levamos unhas semanas cociñando  o primerio programa de radio, esperamos que sexa do voso agrado.

Temos algunhas novas, o último venres de casa mes imos facer un programa especial de dedicatorias, podedes escribir as vosas e metelas nos buzón da radio que está na porta de secretaría. Poñedes o voso nome, o nome da persoa a quen lle queredes adicar a canción e o que lle queredes dicir.

Aquí vos deixamos unha pequena gravación.


1:05 minutes (1019.23 KB)

CAMPEONATO DE XIMNASIA CONCELLO DE PORRIÑO

CAMPEONATO DE XIMNASIA CONCELLO DE PORRIÑO

A alumna de 5º do Ceip Nº2 de Tui, e membro do Club Ximnasia Porriño, María Rosada, ven de participar no Campeonato de Ximnasia Concello de Porriño, que se celebrou o pasado fin de semana 29 de Septembro no Porriño con motivo das Festas do Cristo. Esta ximnasta vinculada ao clube porriñés ao igual que a exalumna María Pita  teñen por diante un gran futuro deportiva. María os nosos parabens para ti e para o teu clube.

 


by Dr. Radut