Skip to Content

Excursión a Ourense dos alumn@s de 5º de Primaria

SAÍDA  A  OURENSE

 A excursión de Ourense encantounos. Viaxamos no “tren pola beira do Miño” e cantamos a canción que aprendimos para recibir  aos profes do ARCE.

Visitamos a cidade e os lugares do refrán:

“Tres cousas hai en Ourense que non as hai en España:O santo Cristo, a Ponte e as Burgas fervendo auga”.

De remate, fomos  a bañarnos nas augas quentes e medicinais de Outariz.

Pasámolo moi, moi ben.

 


page | by Dr. Radut