Skip to Content

Monthly archive

XESTIÓN DAS EMOCIÓNS

Claves para a xestión das emocións

Irene queda na casa, practicando actividade física.

Irene queda na casa,

practicando actividade física.

Irene de 5ºB, achéganos algunhas fotos  fantásticas, facendo actividade física, co seu patinete e na súa casa.. Moitas, moitas grazas a Irene e a súa familia.

A educación emocional a través do Mindfulness

 A educación emocional a través do Mindfulness

Este curso dentro do Proxecto Erasmus+, levamos a cabo un curso de formación para mestres e levamos á aula o Mindfulnes. Unha experiencia fantástica para traballar a educación emocional e a relaxación.

 Nas sesións coa poñente tivemos clases teóricas e prácticas. Nas teóricas tratamos as bases do mindfulness, todos os datos necesarios para entender en que consiste, o seu proceso ou os beneficios que pode aportar, entre outros. Na parte práctica elaboramos cousas como apoio ás clases teóricas e traballamos co noso propio corpo.

As sesións do profesorado:

 Traballamos prácticas onde experimentamos sensacións o noso corpo e co dos compañeiros.

Elaboración de cerebros para entender os procesos polos que pasamos e o seu posterior traballo sobre eles, separamos as súas partes e indagamos sobre elas.

 

 Coñecemos os noso sistema nervioso e os órganos, a relación de todo isto na práctica do mindfulness e os seus principios.

Recomendacións de libros por parte da persoa encargada da nosa formación.

Prácticas de respiración con molinillo e globo.

As sesións co alumnado:

O alumnado de educación infantil tivo momentos de relaxación e de sentir o corpo.

Taller de mindfulness para o alumnado de educación primaria no ximnasio do centro.

Iniciación o Mindfulness do alumnado de 6º, respiración profunda. Usando unha corda como elemento para interiorizar o movemento do abdome.  

 O alumnado realizando a práctica de respiración procurando ser conscientes da respiración abdominal e da torácica. Por outra parte, tamén se fixo a práctica de respiración tapando unha fosa nasal e logo a outra.

Alumnado de primaria na iniciación ó Mindfulness, tomar consciencia do estado de calma, quietude, silencio e gozar da respiración pensando en algo agradable e que nos cause unha boa sensación.

 O alumnado de infantil experimenta coas texturas e as sensacións que lles transmiten algúns obxectos descoñecidos.

Unha experiencia moi importante para a vida, coa que esperamos continuar no vindeiro curso.

 

 Mindfulness

We worked Mindfulness in our school in order to improve our way of relax and our emotions.

We had several lessons were we learned how to practice Mindfulness and how to show it to our students.

Teachers practice some exercices themselves or with the help of their mates, such as breathing with the help of a ballon. Besides we learned how our body and organs work.

On the other side, students practice those exercices at the gym, focusing on the breathing with some exercices as breathing with the help of a rope or blocking one nostril.

QUERES FRAMBOESAS??

E seguimos avanzando na horta de Lúa.....desta volta xa temos quen se animou a plantar framboeseiros.....

Ainda teñen que medrar e dar os seus froitos...pero xa temos a man a receita da marmelada para rechear unhas "muffins" saudables....Sorriso

 

 

 Would you like some raspberries?

Our garden is growing, so we decided to plant some raspeberries. The plants are still small so we have to wait a little but we are already thinking about the delicious and healthy recipes that we are going to prepare with them.

Cultivando a Paz

                                       

DÍA DE ROSALÍA 2020

A figura de Rosalía de Castro é unha das máis grandes da nosa historia literaria. Cada ano, o 24 de febreiro rendímoslle homenaxe ao noso xeito. Este ano os nenos e nenas traballaron na aula un dos seus poemas e decoraron un poster que quedou exposto no cole. É xusto dicir que os nosos nenos e nenas sempre nos sorprenden pola gran calidade das súas creacións. Grazas tamén aos titores e titoras que atoparon un oco para traballar a nosa proposta. 

 

 

Acordo de préstamo do ordenador

As familias do alumnado  de 5º e 6º de primaria poderán acudir ó centro, a partir do martes 28 de Abril, a recoller o ordenador Abalar, unha vez citados por cada titor/a.

Para a retirada do equipo deberán presentar o seguinte impreso:

Acordo de préstamo do ordenador do alumnado no proxecto de Educación Abalar

 

Merendas saudables na casa.

Merendas saudables na casa.

Por mor do Covid-19, dende o día 13 de marzo o alumnado do CEIP Nº2 de Tui quedamos na casa, pero seguimos merendando saudable. Aquí vos deixamos ideas de merendas saudables riquísimas.

 

Probade a facer a vosa e enviádenos as vosas fotos ou vídeos.

Delicatessem.

Irene queda na casa, practicando actividade física.

Irene queda na casa,

practicando actividade física.

O pasado luns día 25 de mairo, Irene de 5ºB, achegounos algunhas fotos  fantásticas, facendo actividade física, co seu patinete, coa súa bicicleta e facendo mindfulness  na súa casa. Moitas, moitas grazas a Irene e a súa familia.



by Dr. Radut