Skip to Content

Monthly archive

Hábitos de vida saudable e deporte en familia. Rutas con encanto: Os Muíños do Río Furnia Pexegueiro Tui.

Hábitos de vida saudable e deporte en familia.

Rutas con encanto: Os Muíños do Río Furnia Pexegueiro Tui. 

O pasado domingo 22 de outubro, Sara Penedo de 3ºB visitou coa súa familia os Muíños do Río Furnia na parroquia de Pexegueiro en Tui. Un lugar con moi bonito e que moitos descoñecemos. O Río Furnia xa nos ten deixado imaxes do seu paso pola parroquia de Malvas, pero agora Sara invítanos a descubrir este tramo en Pexeguero. Anímannos a visítalo coa nosa familia.

 

 

Moitas grazas a Yago e a súa familia.

Campo a Través Provincial 19-20.

Campo a Través Provincial 19-20.

Azucareira  de Portas

Mércores 12 febreiro 2020

O Vindeiro, mércores día 12 febreiro de 2020, en horario de mañá, vai ter lugar a proba de Campo a Través Provincial da presente Campaña Deportiva,  nas Instalacións da Azucareira de Portas. Dita xornada está destinada os/as nenos/as de 3ºA do noso colexio que se clasificaron na proba que tivo lugar en Tomiño.  Todo o alumnado asistirá á proba en autobús, cos seus titores e profesorado de apoio á mesma. @s nen@s asistirán a escola como calquera día, saíndo do centro en autobús ás 9:30h e regresando ao mesmo ás 13:00h. Tod@s @s participantes terán que traer  una mochila con: calzado de reposto, equipación do colexio se  tiveran, chandal do mesmo, roupa de cambio e a merenda. Se algunha familia quixera asistir a proba, poderá facelo polos seus medios. Poden atopar máis información da proba na Web de Deporte no2: 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar e para calquera dúbida poden chamar ao teléfono 650602161.

 

Froita saudable.

Semana da Froita.

Alimentación saudable.

Dende o xoves 5 de marzo de 2020 ata o 18 de marzo de 2020 estaba previsto levar a cabo reparto diario de froita coa axuda do FOGGA dentro do Programa do Plan Proxecta Aliméntate ben.

As froitas que se distribuiron foron: plátano, melón, uva, clementina, piña, mazá e amorodo. 

Grazas a todas as familias que coa súa axuda facilitaron o lavado e preparación da mesma para distribuir entre o alumnado.

 

Fruit week. Healthy diet.

From march 5th to march 18th there was a plan to give students different fruits every day. Soe of the fruits that students can taste were: banana, melón, grapes, tangerine, pineapple, Apple and strawberries.

BANCOS DE RECURSOS EDUCATIVOS

 

 

     
   

MINDFULNESS

 

GUÍA DE PRÁCTICA DE MINDFULNESS PARA MOMENTOS DE ESTRÉS

Introdución e orientacións para iniciarse na práctica do mindfulness como ferramenta útil para o contexto estresante xerado pola emerxencia sanitaria do COVID-19. Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

 

 

 

GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS NAS SAÍDAS DA POBOACIÓN INFANTIL

 

Decálogo para fomentar o apego na casa

Proposta elaborada por Psicoveritas, Centro de Psicoloxía e Adopción da Comunidade de Madrid.

 

Alimentación Sa e Saudable. As nosas Hortas Ecolóxicas na casa.

Alimentación Sa e Saudable.

As nosas Hortas Ecolóxicas na casa.

Este ano foi un ano moi especial. Especial porque a horta do noso colexio foi collendo cor, e coas nosas cores fomos quen, de pintala e preparala ao grande. Coas ilusións e grandes ideas da profe Montse, preparamos a nosa  horta creativa e comezaramos a plantar as nosas sementes, que medraban cos nosos coidados diarios, para preparar unha alimentación sa e saudable.

Especial porque coa chegada de Covid-19, alguén decía "Horta en Pausa..?" Non o podíamos permitir, así que puxemos todo a nosa creatividade en funcionamento, sabendo que é moi importante comer sa e saudable. Para iso coa axuda das nosas familias, dos nosos avós...a horta do noso colexio, chegou a moitas das nosas casas. Aquí ímosvos dar boa conta dos alimentos que cultivamos e na sección de alimentación sa e saudable, podedes ver os exquisitos pratos que preparamos para degustar. Auténticos Delicatessem Ecolóxicos.

Na horta de Andrea de 5ºA e Mauro de 2ºB medraron riquísimas leitugas, tomates, pementos, melóns, xudías e moitas cousas máis.

 

Na horta de César de 4ºB e da súa avoa medraron tomates, pementos,brócoli, cenorias, pepinos, alcachofa, patacas, sandía, leituga, repolo, cebolas, remolacha, espinacas e cogombro. 

 

A familia Docampo, Dani de 5ºB e Javier de 1ºA están a cultivar na súa horta ecolóxica: fresas, pementos, xudías e cabazas.

Iago de 6ºA coida con moito esmero da súa horta, rega cada día para que as súas fresas, as xudías, os pementos de padróns,... medren para preparar pratos exquisitos.

Nico de 6ºA, tamén ten unha gran horta con moitas leitugas, xudías, espinacas, cebolas, repolos, cenorias, pementos, tomates,...

O pai de Uxía de 6ºA, ten unha horta fantástica, con arbores froiteiras: limoeiros, kiwis, colleita leitugas, remolacha, melóns, tomates, framboesas, cebolas... e ten unhas galiñas que poñen uns ovos estupendos.

Sara de 3ºA e a súa familia tamén teñen unha gran horta con moitas leitugas, pementos,...

Aarón de 6ºC e a súa familia, están a cultivar na súa horta ecolóxica: Tomates, pementos, repolos,...

Arantxa de 6ºC  tamén  unha gran horta con moitas leitugas, pementos, tomates, melóns...

Kevin de 6ºB e a súa familia, están a cultivar: Tomates, pementos, repolos, leitugas...

 

Xenxo de 4ºA e a súa familia, están a cultivar na súa horta ecolóxica: Tomates, pementos, fresas...

Angel de 5ºB e a súa familia, están a cultivar na súa horta ecolóxica: leitugas, calabacíns...

 

Paula de 6ºA e a súa familia, están a cultivar na súa horta ecolóxica: leitugas, calabacíns...

 

O teu navegador non soporta este vídeo.

Shaila de 5ºB e a súa familia, están a cultivar na súa horta ecolóxica: leitugas, calabacíns...

 

 

 

Never give up having a happy and healthy lifestyle!

During the quarantine and this awkward summer, our wonderfull students didn´t stop with their healthy lifestyle. With their families, they practiced lots of free air activities, walked miles and miles along some worderfull parks, went riding, skating, ... and they sent us some evedences of that. Some places are: A guarda, O rosoal, Redondela, Salceda, Tomiño or Tui surroundings.

Besides, they grew some marvelous plants in their gardens and they create lots of delicious recepies that they shared with us.

We are so proud of them!

In the following pictures you can see some of the great things that they did or the places that they have visited.

Aula de 4ºB de EP en corentena

 

Informamos que, seguindo as instruccións de Sanidade, e conforme ao Plan de Adaptación ao Covid-19 e ao Plan de Continxencia do Centro, queda en corentena a aula de 4º B de EP.

A día de hoxe hai dous casos positivos confirmados por PCR nas aulas de 4º EP, pero soamente se confina a aula de 4º B.

 

A corentena será ata o 17 de novembro, puidendo asistir ao centro o día 18 sempre que non haxa síntomas.

 

En setembro xa tivemos que vivir unha situación semellante co peche dunha das aulas de 3 anos, que por sorte so quedou nun caso positivo. 

 

 Insistir novamente no cumprimento de medidas de hixiene, seguridade e distancia, as cales son necesarias na loita contra o virus.

Transmitimos tranquilidade ante unha circunstancia deste tipo conforme aos tempos que nos toca vivir.

Moito ánimo

 

Nota informativa familias

 

Recordade que no apartado COVID-19 desta páxina web podedes consultar tódolos documentos relacionados coa mesma, tanto do centro como os publicados pola Xunta. 

Biblioboletín 1º Trimestre curso 20/21.

Biblioboletín 1º Trimestre curso 20/21.

Aquí vos deixamos o biblioboletín onde damos conta trimestralmente as familias e Comunidade Educativa das novas do centro e do proxecto Erasmus+.



by Dr. Radut