Skip to Content

Monthly archive

Duatlón

           O sábado 6 de Marzo no recinto de Cross do Porriño celebrouse o III Duatlón de Porriño. O noso centro acude á proba cun gran número de participantes dispostos a pasalo moi ben.

 

   
 Aquí estamos preparando as bicis e os cascos para pasar o control.  Xa en plena carreira coa bici

 

 

   
 Despois hai que dixala bici...  ...para facer unha carreira a pé.

 

 

   
 Xa se fixera de noite pero, tiñamos que esperar pois.... ... había que recoller premios e todos e todas queriamos subir.

O nadal

 

Como todos os anos o nadal é unha festa que no Centro se celebra dunha maneira moi especial.

O Centro engalanouse con moitísimos regalos chegados de todas as casas, pero ademáis tivemos un montón de actividades.

 

   
 O Noso Belén que este ano está ambientado no fondo do mar.

 O noso tradicional concurso de postais no que os mellores foron premiados.

   
 Unha obra de teatro que representaron os nenos e nenas de 4º e que ademáis de representar no centro, tamén lla mostramos na Residencia de anciáns de Tui.  O grupo de pandereteiras do  centro acompañaron a diversas panxoliñas o día do Festival no Centro.
   
 Os nenos e nenas de 3º están entonando unha panxoliña.  E aquí os de 2º atrévense con outra.
   
 O día do festival ata tivemos un desfile de moda dos nenos e nenas de 6º  ....e no que non faltou o traxe de noiva.
   
 Pero mentras estabamos de vacacións participamos no concurso de Panxoliñas que organiza a Catedral de Tui.  Co diñeiro do premio fixemos unha gran chocolatada para todos e todas.

 

 

Campaña Mundial pola Educación

 

              Como nos últimos cursos, este ano colaboramos coa ONG  Educación sen Fronteiras na súa Campaña Mundial pola Educación.

Este ano, con motivo do Mundial de fútbol que se celebrará no verán en Sudáfrica, o  lema na Campaña foi:

UN GOL POLA EDUCACIÓN

Aproveitando esta conmemoración propuxémoslle a Escola de Primaria de Valença, coa que tiñamaos moitas ganas de contactar e traballar, participar nunha actividade común.

Dende o primeiro momento, a escola de Valença mostrouse encantada de poder facer esta actividade. Despois de varias xuntanzas entre escolas, concello de Tui e Cámara de Valença, todo estba preparado para que o día 16 de Abril se celebrase este

                                                  I Encontro entre Tui-Valença.

Eles chegaron cedo, e ata a hora do recreo estivamos xogando a xogos tradicionais dos dous países.

 

   
 Por exemplo aquí estamos nós ensinándolles a rá....  .... e eles ensinannos un xogo de Portugal que se chama

 

 

            As 12, e para darlle continuidade ao lema da campaña UN GOL POLA EDUCACIÓN, xogamos un partido no que o importante nunca foi gañar.

 

   
 Pancarata da campaña  Camiseta que pagaron os concellos escrita en galego e portugués.

 

 

   
 A 1ª Parte do partido: Valença de verde e Tui de laranxa.  Na 2ª Parte: os nenos mesturados equipo branco contra equipo negro.
   
 O fin do partido medallas para todos e todas.  Representantes dos dous concellos e da ONG.
   
 Aquí os de Infantil animando aos 2 colexios.  Os maiores tamén animaron.

 

Este é un gran balón feito polos nenos e nenas de 5º nas que se pegaron cousas que favorecen e entorpecen a Educación no mundo.

Esperamos seguir en contacto cos nosos novos colegas de Valença.

Seguro que así será!!!

 

Días máis tarde chegou o momento no que os nenos e nenas de 5º acudimos a Vigo para celebrar o acto da Campaña deste ano.

Ao ser este ano o do GOL POLA EDUCACIÖN tivemos que ir  con outros centros de Vigo, ata a Madroa, onde estaban entrenando os xogadores do Celta.

   
 David de 5º A meteulle un gol ao mesmo Yoel, porteiro do Celta  Aquí estamos todos, nenos/as, xogadores e ONGs co dedo en alto.

 

 

A nosa mascota

 

 

 Como toda biblioteca escolar que se precie debemos de ter unha mascota.

 No noso caso tivemos o privilexio de que unha ilustradora do prestixio de Ánxeles Ferrer viñese ao noso centro e que fose ela a que nos debuxase a nosa mascota.

 

mascota3ciclo

 Eleccións para o nome da mascota

Na biblioteca estivemos de eleccións. Tiñamos que elixir nome para a nosa mascota.

Primeiro houbo en cada clase unhas "primarias" nas que saíu elexido un candidato de cada aula.

E despois cada neno e nena tiña que  marcar na papeleta o seu preferido e ir a votar:

   

 

 

 O número de votos acadados por cada un dos candidatos foi o seguinte:

 

 PITIFLAUTICOS 51
 BROLI BROLIÑO  19
 BIBLOSÍN 17 
LIBRERÍN  20 
 MISTER CHIQUILIBRITO 41 
 BRUS 19 
 GILBERTO  15
LÚA  76 
PITIPLÚ 
MANGA  14 
PICA 
GASTÓN  36 
CANTOR 
ESTRELA  36 
PACO  10 
PIPO 
FLORA  26 
UXÍO  2
COCO 
BRANCITO 
LULÚ  17 
LOIS 18  

 

Polo tanto, a nosa mascota xa ten nome, chámase Lúa.

Tenis de mesa

Este ano temos unha actividade deportiva nova nas extraescolares. Trátase do Tenis de Mesa.

Así que cando comeza a competición con outros coles, somos imbatibles. 

 

 

 

 Assia en plena competición.  Tanto xogamos como facemos de xuíces. Mirade a Pablo.

Coñecemos o material deportivo

          Aproveitando que saímos a Vigo, oa nenos e nenas de 5º poidemos visitar un área comercial na que tratan con material deportivo moi variado.

A profe Bea, quixo que coñecéramos moitos deportes que non coñecíamos, e o material de outros que coñecemos.

Primeiro pasamos por toda a tenda para ver o que había mentras os/as profes nos explicaban. Pero despois, un montón de monitores/as  propuxéronnos un montón de xogos.

Algúns deles:

 

   
 Fixemos carreiras con aletas de buceo.  Aquí en plena carreira de obstáculos coas bicis.
   
 Pobamos o golf que non se nos daba moi mal.  E ata pescamos grandes peixes nun simulador.

 

 

O Día da PAZ

 

 

       Con motivo da celebración do "Día da Paz "  no centro tivemos

máis dunha actividade relacionada co mesmo. O centro quedou decorado por todos os corredores con debuxos e desexos de paz de cada un de nós.                                                                                                                                                                            

 

   
 A nosa grande árbore de desexos de paz  Canción de " Non a Violencia" coa que decoramos os corredores.
   
 Asistimos ao Area Panorámica todo o Centro.  Alí a ANPA  convidounos a ver unha obra de teatro moi divertida.
   
 Tamén a ANPA entregou os premios do Concurso de Debuxo.  E por último, cantamos a canción de Rosario en contra da Violencia.
   
   

 

Aloiada

 

ALOIADA 2009/10 

 

         Este é o grupo de nenos/as e profes dos coles Nº 2 e Nº 1 que acudimos á ALOIADA para dar remate a nosa etapa de Primaria.

 

   
 A profe Bea explicando o que imos facer.  Divididos en grupos uns dedicámonos a facer nudos.
   
 Outros escalamos o Monte Galiñeiro.  Pero ensináronnos uns grandes profesionais  como son os montañeiros do "Niño do Corvo". Nesta foto está Picho que lideraba esta  actividade tan fantástica.
   
 Tivemos que andar bastante por lugares fantásticas....  ...para ir do monte Galiñeiro ata o monte Aloia.
   
 Cando chegamos ao monte Aloia tivemos que montar as tendas para dormir.  Mentras os profes facían a comida, unha gran churrascada.
   
 O churrasco estaba boísimo, mirade como comemos.  E pola noite tivemos un festival nocturno. Ata a profe se "desmelenou".

 

 

   
 Pola mañá seguinte baixamos dende o monte Aloia polos muiños do Tripes  Cando chegamos a Tui, baixamos ata o río e coa colaboración do Clube  Kayak de Tui poidemos probar as piraguas no Miño.

 

Esta Aloiada foi unha grande experiencia, agora marchamos para o Instituto pero seguro que  non nos esqueceremos  en toda a nosa vida do ben que o pasamos.

Un mar de Entroido

 

  Se hai unha festa que nos gusta no noso Centro esa é a do Entroido.

Este ano escollemos o tema do MAR para elaborar os disfraces e facer as demáis actividades que realizamos           

                                                                                           

 

   
 O "Meco" ao longo da semana ordea cousas coma que levemos uns manguitos ou  flotador.   O Xoves fixemos a Cuchipanda de  Entroido. Comemos de todo, orellas, flores, filloas...

 Pero cando chegou o venres..... Esa sí que foi unha festa mariña.

   
 Os de 3 anos eran uns peixes moi simpáticos  E os de 4 anos, o peixe máis coñecido, Nemos.
   
 Os de 5 anos eran pescadores dispostos a mollarse no mar.  Os de 1º ern redes cargadas de peixes, estrelas, cangrexos...
   
 Polo fondo do mar os de 2º podían viaxar pois eran expertos submarinistas.  Nunca se viron polbos máis fermosos que estos de 3º.
   
 No mar de 4º tamén había medusas.  Que lindos cabaliños eran estes de 5º

Os maiores de 6º eran eses feros piratas dispostos a surcar os mares na procura de tesouros.

 

   
 Para surcar o mar con garantías o mellor e contar con un equipo de vixianxia como este.  Con estes profesionais podemos estar seguros todos e todas.

   
 Despois, como sempre, entramos no Anubis..  ... para bailar e desfilar.

 

Para o ano que ven máis!!!!  

 

Temos moitas fotos na galería, preme aquí



by Dr. Radut