Skip to Content

Campaña Mundial pola Educación

 

              Como nos últimos cursos, este ano colaboramos coa ONG  Educación sen Fronteiras na súa Campaña Mundial pola Educación.

Este ano, con motivo do Mundial de fútbol que se celebrará no verán en Sudáfrica, o  lema na Campaña foi:

UN GOL POLA EDUCACIÓN

Aproveitando esta conmemoración propuxémoslle a Escola de Primaria de Valença, coa que tiñamaos moitas ganas de contactar e traballar, participar nunha actividade común.

Dende o primeiro momento, a escola de Valença mostrouse encantada de poder facer esta actividade. Despois de varias xuntanzas entre escolas, concello de Tui e Cámara de Valença, todo estba preparado para que o día 16 de Abril se celebrase este

                                                  I Encontro entre Tui-Valença.

Eles chegaron cedo, e ata a hora do recreo estivamos xogando a xogos tradicionais dos dous países.

 

   
 Por exemplo aquí estamos nós ensinándolles a rá....  .... e eles ensinannos un xogo de Portugal que se chama

 

 

            As 12, e para darlle continuidade ao lema da campaña UN GOL POLA EDUCACIÓN, xogamos un partido no que o importante nunca foi gañar.

 

   
 Pancarata da campaña  Camiseta que pagaron os concellos escrita en galego e portugués.

 

 

   
 A 1ª Parte do partido: Valença de verde e Tui de laranxa.  Na 2ª Parte: os nenos mesturados equipo branco contra equipo negro.
   
 O fin do partido medallas para todos e todas.  Representantes dos dous concellos e da ONG.
   
 Aquí os de Infantil animando aos 2 colexios.  Os maiores tamén animaron.

 

Este é un gran balón feito polos nenos e nenas de 5º nas que se pegaron cousas que favorecen e entorpecen a Educación no mundo.

Esperamos seguir en contacto cos nosos novos colegas de Valença.

Seguro que así será!!!

 

Días máis tarde chegou o momento no que os nenos e nenas de 5º acudimos a Vigo para celebrar o acto da Campaña deste ano.

Ao ser este ano o do GOL POLA EDUCACIÖN tivemos que ir  con outros centros de Vigo, ata a Madroa, onde estaban entrenando os xogadores do Celta.

   
 David de 5º A meteulle un gol ao mesmo Yoel, porteiro do Celta  Aquí estamos todos, nenos/as, xogadores e ONGs co dedo en alto.

 

 



page | by Dr. Radut