Skip to Content

Monthly archive

CONCURSAMOS NA TELE

 

   
   
 

   

 

 

 

 

CARTEL 1 EURO POR KM

1 EURO POR KM S.O.S

CUERNO DE AFRICA

PROXECTO 1 EURO POR KM PRETENDE DAR A VOLTA A ESPAÑA CORRENDO POR RELEVOS RECADANDO FONDOS PARA AXUDAR Á LOITA  CONTRA A FAME E DENUNCIAR O ABANDONO E NEGLIXENCIA DOS GOBIERNOS ANTE A MAGNITUDE DA TRAXEDIA.

A GUARDA-LALÍN-OURENSE-VERIN

1ª ETAPA. 15,9 KM, A GUARDA-TOMIÑO (N-552)

DOMINGO 16 DE OUTUBRO. SAÍDA 11h DENDE A ALAMEDA

2ª ETAPA. 15,2 KM TOMIÑO-TUI (N-552)

LUNS 17. SAÍDA A LAS 11h PRAZA DO CONCELLO DE TOMIÑO

3ªETAPA. 15,3 KM TUI-PORRIÑO (N-552)

MÉRCORES 19. SAÍDA 11h PRAZA DO CONCELLO DE TUI

4ª ETAPA. 15,4 KM PORRIÑO-REDONDELA (N-552)

XOVES 20. SAÍDA 11h  PLAZA DO CONCELLO DE PORRIÑO

5ª ETAPA. 19,3 KM REDONDELA-PONTEVEDRA (N-550)

SABADO 22. SADA 11h PRAZA DO CONCELLO DE REDONDELA

6ªETAPA 21,4 KM PONTEVEDRA- CALDAS DE REIS (N-550)

DOMINGO 23. SAÍDA 11h

7ª ETAPA 18,9 KM CALDAS DE REIS-A ESTRADA (N-640)

MARTES 25.  SAÍDA 11 h  PRAZA DO CONCELLO CALDAS DE REIS

8ª ETAPA 23,9 KM A ESTRADA-SILLEDA (N-640)

MÉRCORES 26. SALIDA 11h  PRAZA DO CONCELLO DA ESTRADA

9ª ETAPA 13,5 KM SILLEDA-LALIN (N-525)

VERNES 28 DE OCTUBRE. SAÍDA 11h PRAZA DO CONCELLO DE SILLEDA

CHEGADA SOBRE AS 12:30 AL STAND INSTALADO NO CENTRO COMERCIAL PONTIÑAS DE LALIN ONDE SE FARÁ ENTREGA DO TESTIGO A CORREDORES LALINENSES E DARASE A SAÍDA Á PRÓXIMA ETAPA

10ª ETAPA  127,9 KM LALÍN-OURENSE-VERIN

VERNES 28- SABADO 29 DE OUTUBRO. SAÍDA DENDE O CENTRO COMERCIAL PONTIÑAS

INSCRIPCIONS: armandoverde9@yahoo.es y danibodano@hotmail.com tlf 626593237

Mochilas viaxeiras

 

 

Estas mochilas permiten levar a casa libros para toda a familia. Polo tanto hai contido para cada un dos membros da familia para que lean xuntos. 

Neste proxecto están 11 cursos, dende 3º ata 6º de Primaria. Os de 2º ciclo teñen a mochila verde e os de 3º ciclo a mochila vermella.

A mochila permanece en cada familia 7 días, e o fin terá que devolvela para que poida pasar a familia seguinte.

VOLEI

O pasado 16 de novembro tivo lugar a competición de volei no que participaron os colexios Nº1, Nº2. Randufe, Maristas, Pedro Caselles Beltrán, Barrantes e Sobrada nas diferentes modalidades segundo a idade dos nen@s: benxamín, alevín e infantil. 


Do noso colexio participaron un equipo completo de alevín , dous nen@s de benxamín que se xuntou con outros dous doutro colexio e o mesmo pasou coa única participante de infantil para dita competición.


A xornada foi moi positiva e aínda que uns gañasen e outros perdesen o importante é que participaron e gozaron con este deporte.

 

Preme aquí para ver máis fotos

HORARIO PORTAIS

                                                                                                                                  

Con  motivo da posta en funcionamento dos portais mecanizados informamos dos horarios de apertura dos mesmos nos días lectivos:

PORTAS PEATONAIS

POLA MAÑÁ.- de 8:00 a 9:25 h

POLA TARTE.-  de 13:55 a 18:15 h.

PORTA DE VEHÍCULOS ( SÓ PARA TRANSPORTE ESCOLAR E PERSOAS AUTORIZADAS)

POLA MAÑÁ.- de 8:45 a 9:25 h

POLA TARDE.- de luns a venres de 13:55 a 14:45 h

                          Os martes, mércores, xoves e venres (bus escolar) de 15:50 a 16:10 e de 17:50 a 18:15 h

 

Unha vez pechadas as portas os alumnos/as non poderán acceder ao centro ata 5 minutos antes da seguinte sesión docente. Polo tanto, serán os familiares os responsables dos rapaces ata a hora da incorporación ao centro. Recordamos as horas dos cambios de sesión:

1ª sesión: de 9:15 a 10:05 h

2ª sesión: de 10:05 a 10:55 h

3ª sesión: de 10:55 a 11:45 h

4ª sesión: de 12:10 a 12:35 h

5ª sesión: de 12:35 a 13:25 h


6ª sesión: de 13:25 a 14:15 h

Se algunha persoa, sen permiso para acceder ao recinto escolar, entra co seu vehículo e queda encerrado, sentíndoo moito, non se abrirá  a porta. Terá que esperar ao horario de apertura e poderá ser sancionado pola infracción cometida.

 

Ademáis das portas de acceso a carretera, mecanizouse unha porta de acesso ao pavillón na parte traseira do patio.

O obxecto desta porta é poder acceder as mestras de Educación Física cos seus alumnos as dependencias dos pavillóns municipais no seu horario,

Esta porta terá un horario de apertura que pode facilitar nun momento dado o acceso ás familias nos momentos de entradas e saídas. Este horario será:

POLA MAÑÁ.- de 8:45 a 9:25 h

                         de 13:50 a 14:25 h

POLA TARDE.- de 15:50 a 18:10 h

Se esta porta está pechada, o acceso ao colexio é pola porta da Avenida da Concordia

Esperamos a colaboración de todos/as para o mellor funcionamento do centro educativo e a seguridade dos alumnos/as.

ACTIVIDADE - APERTAS

  • APERTAS NA CORREDEIRA

Actividade feita o 31 de xaneiro e proposta dende Normalización, despois de gozar da sesión de maxia(organizada pola AMPA), fomos cunha pancarta que iniciaba o desfile  e que amosaba que REGALABAMOS APERTAS. Tamén, fomos cos nosos colares co lema de DAME UNHA APERTA e dirxímonos á corredeira onde soltamos globos, vimos soltar a pomba branca, símbolo da paz, e regalamos apertas.

As apertas foron de varios tipos: grupais, de osos, de bocadillo, de meixelas, de ás, de costado, de lombo, etc.

Podedes ver máis fotos destas apertas premendo en APERTAS e en GALERIAS

        

BIBLIOTECA ESCOLAR

A biblioteca escolar

do “CEIP Nº 2 de TUI”

 

 

 

A nosa biblioteca é un lugar “ moi especial ” do colexio.

Considerámola como un centro de recursos, dinámico e activo, que…

 

Dota de contido académico e cultural a todas as actividades transversais que celebramos.

Serve de apoio ao desenvolvemento do currículo facilitando o acceso a información en distintos soportes.

E fomenta a lectura.

 

 

 

É para todos nós (profesores/as e alumnos/as) un lugar de encontro, de sosego e tranquilidade que nos permite gozar da aprendizaxe que nos brindan os seus fondos e no que podemos realizar tarefas escolares, gozar da lectura, obter información, compartir un xogo de mesa cos nosos amigos ou amigas...

 

 

Queremos que a nosa biblioteca cumpra un papel esencial no proceso de ensino e aprendizaxe, proporcionando estratexias aos seus usuarios/as para a propia formación e a creación de hábitos lectores.

 

A contInuación, amósase cada un dos apartados de interese da BIBLIOTECA. Só terás qe facer clic para acceder a súa información:

 

 

EQUIPO DE BIBLIOTECA

 

 

NORMAS

 

HORARIO

 

DISTRIBUCIÓN DE ESPAZOS

 

 

ACTIVIDADES

 

USUARIOS

 

ORGANIZACIÓN DOS FONDOS

 

 

BIBLIOTECA DE AULA

 

NÚMEROS DE BIBLIODOUS

---------------------------------------->

 

Nº 1 Nº 2 Nº 3

LIBROS AVENTUREIROS

Esta actividade  dará comezo o vindeiro 20 de maio no que os nen@s de Tui saíran cos seus correspondentes mestr@s polas rúas de Tui e deixaremos un libro por curso en cafeterías, bancos, Corredoira, ó pé dunha árbore, etc.

 

O libro vai nun cartafol de plástico cunha folla explicativa dentro no que se especifica en que consiste a actividade e quen o atope convidarémolo a realizar un traballo sobre o conto: de plástica, bibliográfico, de debuxo, redacción, poesía....

 

Unha vez lido e traballado debe deixalo libre noutro recuncho que outr@ nen@ poida coller, ben sexa en Tui ou nos arredores, xa que a finalidade é que pase de man en man , fomentando o uso da lingua. 

 

Poden entregar os traballos na Biblioteca de Tui ou no noso CEIP co seu NOME, IDADE, NÚMERO DE TELÉFONO.

 

NON HAI QUE SER DE TUI PARA PODER PARTICIPAR!!! ANIMÁDEVOS!!!!



by Dr. Radut