Skip to Content

LIBROS AVENTUREIROS

Esta actividade  dará comezo o vindeiro 20 de maio no que os nen@s de Tui saíran cos seus correspondentes mestr@s polas rúas de Tui e deixaremos un libro por curso en cafeterías, bancos, Corredoira, ó pé dunha árbore, etc.

 

O libro vai nun cartafol de plástico cunha folla explicativa dentro no que se especifica en que consiste a actividade e quen o atope convidarémolo a realizar un traballo sobre o conto: de plástica, bibliográfico, de debuxo, redacción, poesía....

 

Unha vez lido e traballado debe deixalo libre noutro recuncho que outr@ nen@ poida coller, ben sexa en Tui ou nos arredores, xa que a finalidade é que pase de man en man , fomentando o uso da lingua. 

 

Poden entregar os traballos na Biblioteca de Tui ou no noso CEIP co seu NOME, IDADE, NÚMERO DE TELÉFONO.

 

NON HAI QUE SER DE TUI PARA PODER PARTICIPAR!!! ANIMÁDEVOS!!!!



page | by Dr. Radut