Skip to Content

Monthly archive

1 EURO POR KM. SOS CUERNO DE ÁFRICA

O Ceip Nº2 de Tui participou o día 17 de outubro na xornada organizada polo Concello de Tui e xunto co Cra Clara Torres na  campaña:

 

1 EURO POR KM S.O.S

CUERNO DE AFRICA

  

Este proxecto 1 euro por km pretende dar a volta a España correndo por relevos recadando fondos para axudar na loita contra a fame e denunciar o abandono e neglixencia dos gobernos ante a magnitude desta traxedia.


 O cole indo cara á catedral

 

Participaron nesta xornada os Alumnos de 4º, 6ºA, 5ºC, 5ºB e 5ºA que recibiron e  acompañaron aos corredores dende o Centro Interfederado ata a Catedral.


Na rúa Sanz o alumnado de 1º e 2º recibiría aos corredores e aos seus compañeiros acompañándoos seguindo con eles ata a catedral tamén, donde tivo lugar o recibimento dos corredores polas autoridades locais, e onde soou o Waka Waka do mundial simbolizando a Africa.

 

 

Os nenos de 1º ciclo do cole

 Os corredores co alcalde  

 

O cole na catedral cos corredores

 


VER CARTEL 1 EURO POR KM.  Clic

Ver máis fotos. Preme Clic

NADAL

 Neste curso preparamos un BELÉN, coa colaboración das familias e na liña común de traballo dentro do proxecto ARCE, na que se representa a eurocidade Tui-ValenÇa. 

 O traballo e o esforzo de tod@s veu recompensado polo gran resultado. Non hai máis que ver como quedou:

 Preme AQUÍ para ver máis fotos


Con isto desexamos a todos un

 BO NADAL E FELIZ ANINOVO

2012!!!!!

 Ademais, dende o Departamento de Música e coa colaboración dos mestres-titores e os especialistas de Inglés, preparamos e cantamos as panxoliñas de NADAL. 

 

  • Infantil 3, 4 e 5 anos - BUSCANDO UNHA ESTRELA

 

  • 1º Primaria - EN NAVIDAD

 

  • 2º Primaria - O APALPADOR

 

  • 3º Primaria - MUÑECO DE NIEVE

 

  • 4º Primaria - RODOLFO, EL RENO

 

  • 5º Primaria - MI BURRITO SABANERO

 

  • 6º Primaria - JINGLE BELLS

 

  • Coro 3º a 6º Primaria - FELIZ AÑO NUEVO, FELIZ NAVIDAD (Só a canción, polo momento)

Despois de participar o 4 de xaneiro no concurso de panxoliñas de Nadal no que obtivemos o 2º premio, celebrámolo cunha gran chocolatada. Preme aquí para ver fotos.

Bibliodetectives

Os nos@s nen@s do cole convertéronse en detectives despois de que no corredoiro aparecera o seguinte cartel:

Despois de investigar tiñan que introducir a súa resposta  na caixiña que hai ao seu carón e todos descubriron que se trataba de Xosé Neira Vilas.

 

Logo, tiveron que seguir investigando que libro publicara hai 50 anos:

Despois de investigar de que libro se trataba, os nenos puxéronse a ler cos profes MEMORIAS DUN NENO LABREGO e realizaron diversos traballos para agasallar ao   autor que nos vai visitar a TUI.


Cursos

 


Neste presente curso 2011-2012, na Educación Primaria contamos con dezasete cursos ou unidades, tres por nivel (agás en 4º Primaria, que son dous):





 



  • Cursos 1º EP

Alumnado do curso de 1ºA:  22


(Titora - Margarita López Portela)


 


 


Alumnado do curso de 1ºB:  22


(Titora - Verónica Martín Alaña)



 


Alumnado do curso de 1ºC:  21


(Titora - Mª  Carmen Vilches Saco)




 



  • Cursos 2º EP

 


Alumnado do curso de 2ºA:  23


(Titora - Eva Alonso Bouzada)



 


Alumnado do curso de 2ºB:  23


(Titora - Dolores Suárez Dopazo)



 


Alumnado do curso de 2ºB:  22


(Titora - Mª  Carmen Morla Bóveda)






  • Cursos 3º EP

 


Alumnado do curso de 3ºA:  18


(Titor - Víctor M. Peña Álvarez)


 


 


Alumnado do curso de 3ºB:  17


(Titora - Hermelinda Lago Núñez)



 


Alumnado do curso de 3ºC:  18


(Titora - Mª  Luisa Jácome Jofre)


 





  • Cursos 4º EP

 


Alumnado do curso de 4ºA:  25


(Titores - Mª José Alonso Da Silva - Xurxo Fernández Otero )



 


Alumnado do curso de 4ºB:  24


(Titora - Mercedes Pérez Pérez)



 



  • Cursos 5º EP

 


Alumnado do curso de 5ºA: 21


(Titora - Mª Carmen Álvarez Mosquera)


 


 


Alumnado do curso de 5ºB:  20


(Titora - Purificación Fernández González)



 


 


Alumnado do curso de 5ºC: 22


(Titora - Rogelia Vilar Meirás)


 





  • Cursos 6º EP

Alumnado do curso de 6ºA:  22 


(Titores - Luis H. Ruiz Santos - Berta Castro Valiño)



 


Alumnado do curso de 6ºB: 18


(Titor - Ángel Martínez Rodríguez)



 


Alumnado do curso de 6ºC: 22


(Titora - Mª Adoración Blanco Nogueira)


 



O OUTONO en Infantil

Os nen@s de Infantil traballaron dende o inicio de curso O OUTONO, na que estiveron lembrando e aprendendo todo o relacionado con el. Os nen@s trouxeron e foron vendo que froitos teñen lugar nesta época do ano, o que sucede nesta estación, que postres típicos se poden facer cos produtos típicos de outono, cancións, refráns, manualidades e outras actividades desta estación recollidas nos seus cartafois de traballo de clase.

 


           

 

                                         Os nen@s facendo "barcos" con froitos de outono

 

     

Exposición e degustación dos froitos típicos de Outono

 

NOTA: Grazas ás familias pola vosa colaboración neste proxecto

Fotos en GALERÍA: CLIC

CONCURSAMOS NA TELE

 

   
   
 

   

 

 

 

 

CARTEL 1 EURO POR KM

1 EURO POR KM S.O.S

CUERNO DE AFRICA

PROXECTO 1 EURO POR KM PRETENDE DAR A VOLTA A ESPAÑA CORRENDO POR RELEVOS RECADANDO FONDOS PARA AXUDAR Á LOITA  CONTRA A FAME E DENUNCIAR O ABANDONO E NEGLIXENCIA DOS GOBIERNOS ANTE A MAGNITUDE DA TRAXEDIA.

A GUARDA-LALÍN-OURENSE-VERIN

1ª ETAPA. 15,9 KM, A GUARDA-TOMIÑO (N-552)

DOMINGO 16 DE OUTUBRO. SAÍDA 11h DENDE A ALAMEDA

2ª ETAPA. 15,2 KM TOMIÑO-TUI (N-552)

LUNS 17. SAÍDA A LAS 11h PRAZA DO CONCELLO DE TOMIÑO

3ªETAPA. 15,3 KM TUI-PORRIÑO (N-552)

MÉRCORES 19. SAÍDA 11h PRAZA DO CONCELLO DE TUI

4ª ETAPA. 15,4 KM PORRIÑO-REDONDELA (N-552)

XOVES 20. SAÍDA 11h  PLAZA DO CONCELLO DE PORRIÑO

5ª ETAPA. 19,3 KM REDONDELA-PONTEVEDRA (N-550)

SABADO 22. SADA 11h PRAZA DO CONCELLO DE REDONDELA

6ªETAPA 21,4 KM PONTEVEDRA- CALDAS DE REIS (N-550)

DOMINGO 23. SAÍDA 11h

7ª ETAPA 18,9 KM CALDAS DE REIS-A ESTRADA (N-640)

MARTES 25.  SAÍDA 11 h  PRAZA DO CONCELLO CALDAS DE REIS

8ª ETAPA 23,9 KM A ESTRADA-SILLEDA (N-640)

MÉRCORES 26. SALIDA 11h  PRAZA DO CONCELLO DA ESTRADA

9ª ETAPA 13,5 KM SILLEDA-LALIN (N-525)

VERNES 28 DE OCTUBRE. SAÍDA 11h PRAZA DO CONCELLO DE SILLEDA

CHEGADA SOBRE AS 12:30 AL STAND INSTALADO NO CENTRO COMERCIAL PONTIÑAS DE LALIN ONDE SE FARÁ ENTREGA DO TESTIGO A CORREDORES LALINENSES E DARASE A SAÍDA Á PRÓXIMA ETAPA

10ª ETAPA  127,9 KM LALÍN-OURENSE-VERIN

VERNES 28- SABADO 29 DE OUTUBRO. SAÍDA DENDE O CENTRO COMERCIAL PONTIÑAS

INSCRIPCIONS: armandoverde9@yahoo.es y danibodano@hotmail.com tlf 626593237

Mochilas viaxeiras

 

 

Estas mochilas permiten levar a casa libros para toda a familia. Polo tanto hai contido para cada un dos membros da familia para que lean xuntos. 

Neste proxecto están 11 cursos, dende 3º ata 6º de Primaria. Os de 2º ciclo teñen a mochila verde e os de 3º ciclo a mochila vermella.

A mochila permanece en cada familia 7 días, e o fin terá que devolvela para que poida pasar a familia seguinte.



by Dr. Radut